xaponés

Para termos de orixe xaponesa a pronunciación e escritura danse entre parénteses, por exemplo:

    Tokio (東京都 Tōkyō-to?)

Toquio é a escritura galega, 東京都 é a escritura xaponesa e Tōkyō-to é unha guía para a pronunciación xaponesa ou romanización.

Ortografía xaponesa

O texto en xaponés é unha mestura de ideogramas kanji e dous silabarios kana. Moitos kanji teñen a súa orixe na China e representan xeralmente ideas. 東京都 (Tōkyō-to) literalmente significa leste (東) + capital (京) + metrópole (都), gran capital do leste. Os kana (chamados hiragana e katakana) son derivados de trazos simples de kanji e empregados para denotar sons. する (suru, lit. facer) = す (su) + る (ru). O hiragana úsase para palabras de orixe xaponesa e chinesa, mentres que o katakana úsase para palabras estranxeiras a modo de préstamos lingüísticos (o 11% dos termos en xaponés son de orixe estranxeira).

Pronunciación do xaponés

Na Galipedia emprégase a versión revisada da romanización Hepburn para representar os sons do xaponés en letras romanas.

Vogais

  • As vogais a, e, i e o pronuncianse xeralmente da mesma forma ca no castelán. É preciso ter en conta que en galego as vogais e e o teñen dúas pronuncias, mentres que só existe unha por vocal no xaponés.
  • A vogal u é semellante ao galego, pero sen redondear os beizos.
  • As vogais xaponesas poden ser tanto longas como curtas. As vogais longas duran o dobre ca unha vogal curta e son romanizadas en Hepburn empregando un macrón ( ¯ ).
    • Os sons de o e u longos escribense normalmente con macróns como ō e ū, tanto en térmos escritos en hiragana e kanji (vogais longas お e う) e katakana (chōon ー). Exemplos:
  1. ゆき, yuki (neve); ゆき, yūki (valor)
  2. とる, toru (tomar); とる, tōru (pasar)
  3. ここ, koko (acó); こ, kōkō (bacharelato)
  4. ト, nōto (caderno)
  5. パー, sū (supermercado)
    • Os sons de e e i longos escribense normalmente como ee, ei e ii (en termos escritos en hiragana e kanji) ou coma ē e ī (en termos escritos en katakana). No caso de ei, é un son de e longo. Exemplos:
  1. え, e (debuxo); え, ee (si)
  2. へや, heya (habitación); へや, heiya (chaira)
  3. おじさん, ojisan (tío); おじさん, ojiisan (avó)
  4. プ, tēpu (cinta)
  5. タクシ, takushī (taxi)
    • O son do a longa escríbese normalmente coma aa (en termos escritos en hiragana e kanji) ou coma ā (en termos en katakana).

Exemplos:

  1. おばさん, obasan (tía); おばさん, obaasan (avoa)
  2. ド, kādo (tarxeta)

Mora n

  • Unha n (ん) antes dunha consoante considérase unha mora. Exemplo: えぴつ, enpitsu (lapis).
  • Unha mora n seguida por unha vogal ou y escríbese coma n' para evitar confundila cunha n de comezo de sílaba; a ' indica unha breve pausa na pronunciación. Exemplo:
  1. い, tan'i (unidade); たに, tani (val)
  2. よみ, kun'yomi
  • A mora n ten varias formas fonéticas:
    • Unha mora n antes de k ou g pronúnciase [ŋ], exactamente coma ocorre co son da n antes de /g/ no galego (tango).
    • Unha mora n antes de m, b ou p pronúnciase coma [m]. Escríbese coma m na versión orixinal de Hepburn, pero escríbese n no Hepburn modificado. Exemplo: せんぱい, sempai (Hepburn orixinal); senpai (Hepburn modificado).
    • Noutros casos pronúnciase coma [n].

Consoantes

  • As pronunciacións das consoantes b, ch, d, k, m, n (agás cando é mora), p, s (agás sh), e t son semellantes ao galego.
  • O y pronúnciase coma o i en palabras do galego antigo que teñen un i diante de vogal, coma en ialma.
  • O f pronúnciase máis suave, en especial coa sílaba fu (ふ) que se asemella a unha h aspirada.
  • O g pronúnciase coma en gañar ou algodón.
  • O h pronúnciase como as palabras con gheada, como en ghato, aínda que un chisco máis suave.
  • O j pronúnciase coma a palabra inglesa jar, parecido a unha ll.
  • O r pronúnciase coma unha mestura de r suave ou l, lixeiramente semellante á r de pero ou arado, mais nunca á rata.
  • O sh pronúnciase coma o x en galego en palabras patronímicas coma xeo.
  • O z pronúnciase coma a palabra inglesa zero.
  • O fonema tsu (つ) débese pronunciar de manera continua, sen facer pausa entre o t e o s.

Uso e edición do modelo

Nota: Podes personaliza-lo teu CSS en /monobook.css que contén o código CSS que queres empregar.

O modelo Nihongo define as seguintes clases para o CSS:

  • t_nihongo_kanji
  • t_nihongo_comma
  • t_nihongo_romaji
  • t_nihongo_norom
  • t_nihongo_help
  • t_nihongo_icon

Exemplos

Efecto desexado CSS
Empregar fonte "SimSun" para o kanji

.t_nihongo_kanji { font-family: SimSun; }

Ocultar kanji:

.t_nihongo_kanji { display: none; }

Amosar unha coma entre o kanji e o romaji:

.t_nihongo_comma { display: inline!important; }

Cambiar a cor do romaji:

.t_nihongo_romaji { color: blue; }

Sempre ocultar el romaji:

.t_nihongo_romaji { display: none; }

Esconder a ligazón a esta páxina:

.t_nihongo_help { display: none; }

Sempre amosar romaji:

.t_nihongo_norom { display: inline!important; }

Uso en artigos

Sintaxe: {{nihongo|Escritura en galego|Escritura en xaponés|Romanización|Comentarios}} Tódolos argumentos son obrigatorios, porén os últimos dous argumentos poden estar baleiros. Se a romanización é idéntica á escritura en galego non se amosará a romanización por defecto.

Se se quere usar este modelo ao comezo do artigo coma o título do mesmo, debe poñerse en letra grosa (''') o primeiro parámetro: {{nihongo|'''Manga'''|漫画|}} é... Amosarase coma:

    Manga (漫画?) é...

xaponés  Volver á páxina de axuda.

Tags:

xaponés Ortografía xaponesaxaponés Pronunciación do xaponés Uso e edición do modeloxaponésLingua xaponesa

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Zakat al-FitrNee BarrosRelación sexual humanaLibrary of Congress Control NumberDonostiaPatricia Argerey VilarTranvía de ZaragozaIgnacio Rivera QuintanaLogroñoHeraldo de Galicia (A Habana)IrúnElvira Fernández BalboaPablo PicassoPenélope CruzBatalla de CacheirasJuan MagánMaría Victoria MorenoCarl Theodor DreyerPPortugalTotó GarcíaAlberto FortesRebeliom do InframundoXabi AlonsoUAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoPaula CarballeiraSupremme de LuxeJuan CorralCatherine Zeta-JonesJulio Alén MontesCándido Conde-Pumpido VarelaLista de presidentes da República PortuguesaMontse DopicoChe GuevaraManuel González LópezRiro KāingaRicardo Varela SánchezFrancisco FrancoSobreiraCarles PuigdemontGrândola, Vila MorenaErnesto ChaoVilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de ArousaMariano RajoyMúsica dos países islámicosDe NinghuresIria MorgadeJavier Arias FouzAgustín Fernández PazGrupo de teatro O FachoNacionalismo galegoRamadánMarta DoviroPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024Silvia SuperstarEsther EstévezSemeClint EastwoodXaxún no islamDavid PerdomoEl laberinto del faunoVimianzoVladimir PutinGalería de imaxes de arañas de GaliciaGrupo NósListenbourgCirco de los MuchachosUniversidade de Santiago de CompostelaFuga de cerebrosColocación do pronome átono en galegoChristopher Walken🡆 More