Represión Franquista En Galicia

Durante o franquismo aplicáronse en Galicia, de maneira variable segundo o período histórico, varias formas de represión.

A fase máis dura foi a que coincidiu coa Guerra civil española e o momento da inmediata posguerra.

Represión Franquista En Galicia
Monumento a Alexandre Bóveda no lugar onde foi fusilado o 17 de agosto de 1936

Mortes

O número exacto de mortes causado pola represión franquista en Galicia é descoñecido debido a problemas para identificar as vítimas, en especial debido á política de ocultamento e silencio que levou a cabo o réxime. A maioría de mortes foron de carácter extraxudicial, o cal permitía camuflalas nos rexistros oficiais.

O estudo máis completo que existe até o día de hoxe é o do proxecto interuniversitario "Nomes e Voces", que estudou a represión durante a época da guerra civil (1936-1939). Este proxecto tivo que rematar en 2013 por falta de apoio institucional. O último informe, con resultados provisionais, emitido polo equipo do proxecto concluíu que durante a guerra foron executadas en Galicia cando menos 4.699 persoas e outras 3.566 condenadas a penas de prisión en consello de guerra por delitos relacionados co conflito. Dos 4.699 mortos, 4.619 foron homes e 80 mulleres.

O informe clasifica os falecidos en dous bloques, segundo as circunstancias da morte:

circunstancias Mortes
Extraxudicial (paseados, execucións sen formación de causa, morte na cadea, mortes en tiroteos) 3.233
Execucións 1.466

Existen outros estudos que dan cifras aproximadas do alcance da represión mortal en Galicia, incluíndo polo xeral tamén ás execucións posteriores á guerra.

Ámbito territorial Represión franquista
A Coruña 1.165
1.579
Lugo 625
Pontevedra 1.200-2.000
2.500
Ourense 626-742
Toda Galicia 3.616
4.265
4.699
5.446
5.800
4.500-7.000
7.000-8.000

Tamén existen estimacións de carácter local ou comarcal.

Cifras a nivel local e comarcal

Igualmente moitos dos datos máis fiábeis son os de ámbito local ou comarcal.

Concello ou comarca Período Mortos
A Coruña (comarca) 1936-1939 595
Ferrolterra 1936-1976 984
Pontevedra 1936-1939 200
O Baixo Miño 1936-1941 552
O Condado-A Paradanta 1936-1939 71
O Porriño 1936-1940 74
Salceda de Caselas 1936-1939 39
O Grove 1936-1948 25
Cerdedo 1936-1941 18
Sober 1936-1940 18

Prisión e campos de concentración

Artigo principal: Campo de concentración#En Galicia durante a Guerra civil

A inxente cantidade de presos xerada polo golpe de estado non podía ser absorbida polas prisións que xa existían previamente. Isto fixo que os golpistas habilitasen numerosos edificios como novas prisións e creasen varios campos de concentración ao longo do territorio galego. Máis tarde, en especial coa caída da Fronte do Norte da Guerra civil española en 1937 moitos destes campos foron usados para recluír aos presos de guerra republicanos dos novos territorios conquistados. As condicións nos campos de concentración eran paupérrimas.

As epidemias, tortura, execucións e fame causaron a morte de moitos presos. Destacan exemplos como o da Illa de San Simón, onde dun total de 2.176 presos morreron 666 a causa da fame e as privacións, É dicir, un 30,6% do total. A estes hai que engadirlles os case 300 presos do mesmo campo de concentración que foron asasinados. No Campo de concentración de Camposancos foron fusilados sobre uns 250 presos entre 1938 e 1941.

Algúns campos de concentración e prisións franquistas que existiron en Galicia foron:

Exilio galego

Artigo principal: Exilio galego de 1936

Miles de galegos tiveron que abandonar o país como consecuencia directa do triunfo do golpe de 1936. Os destinos foron diversos, destacando Francia, México, o Uruguai ou a Arxentina. Os exiliados continuaron desenvolvendo unha importante actividade política, creando institucións coma o Consello de Galiza en 1944.

Represión antiguerrilleira

Despois da guerra algúns opositores ao réxime, en particular os fuxidos que vivían nas montañas, formaron un movemento armado de resistencia ao franquismo coñecido como "Guerrilla antifranquista" ou "Maquis". A represión contra este movemento tamén afecto a aquelas persoas, ou familias enteiras, percibidas como colaboradoras da guerrilla. Numerosos guerrilleiros capturados foron fusilados.

Represión lingüística e cultural

Na guerra e primeiros anos de posguerra, o réxime perseguiu de forma sistemática a lingua e a cultura galega, sobre todo na administración, nos medios de comunicación, na escola, na universidade, na sinalización pública e en xeral en toda manifestación pública. Os nomes propios non casteláns foron ilegais até 1976, os funcionarios tiñan prohibido falar outro idioma que non fose ao castelán, e a prohibición de películas que non estivesen nesta lingua. Os principais axentes represivos no caso galego a nivel lingüístico eran, porén, a Igrexa Católica e a escola. Esta última ridiculizaba á lingua e aplicaba duros castigos contra os nenos que a falaban en clase. Prohibíronse publicacións en lingua galega e multouse a xornais (entre eles La Voz de Galicia) por dar premios a poemas en galego.

Represión tardofranquista

No tardofranquismo (finais dos 60-1977) produciuse unha repunta da represión, tras a relativa calma dos anos anteriores. A causa destas novas vagas represivas foi o aumento da oposición e das protestas populares, así como a reorganización da disidencia (por exemplo, a aparición nos 60 de novos partidos como a Unión do Povo Galego ou o Partido Socialista Galego ou sindicatos clandestinos como Comisións Obreiras). Esta represión implicou un aumento da cantidade de presos políticos, un novo fenómeno de exilio e varias mortes.

As primeiras grandes mobilizacións ocorreron na primeira década dos 60. En 1963 os labregos de Mazaricos protestaron contra a intención de facer repoboacións forestais en varios montes tradicionalmente aproveitados para o pasto do gando. Tras ameazar coas súas fouces aos enxeñeiros que facían a demarcación para a repoboación forestal, interveu a Garda Civil co resultado dun campesiño morto e varios feridos. En 1966 produciuse o conflito de Castrelo de Miño, onde os veciños loitaron contra as expropiacións e a construción dun salto hidroeléctrico que anegaría o seu val, sendo varios veciños acusados de sedición e xulgados no Tribunal de Orde Pública (TOP).

En 1968 producíronse unhas fortes protestas estudantís en Compostela. A represión causou ducias de feridos, varios alumnos foron expulsados e oito ingresaron no cárcera da Coruña. En 1972 a policía disparou contra unha manifestación obreira en Ferrol, matando a dúas persoas: Amador Rey e Daniel Niebla (ambos militantes de Comisións Obreiras). Ademais dos dous mortos houbo 16 feridos de bala e ducias por outras lesións, 160 despedidos, 101 detidos, 60 encarcerados e 54 multados con entre 50.000 e 250.000 pesetas. En setembro dese mesmo ano produciuse unha folga xeral en Vigo que durou dúas semanas e sumou a miles de traballadores. 6.000 foron despedidos, número que finalmente quedou en 400. Houbo numerosas detencións e casos de tortura. En setembro de 1975 foron fusilados dous militantes do FRAP: Xosé Humberto Baena Alonso e Xosé Luís Sánchez Bravo, xunto con dous vascos e un aragonés. Un mes antes, o 12 de agosto, foi morto pola policía armada o dirixente da UPG Moncho Reboiras. O 1 de maio do mesmo ano un traballador de ENDESA, Manuel Montenegro Simón, foi asasinado por un policía durante unha manifestación convocada pola Liga Comunista Revolucionaria e o PCE (m-l) en Vigo.

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Represión Franquista En Galicia MortesRepresión Franquista En Galicia Prisión e campos de concentraciónRepresión Franquista En Galicia Exilio galegoRepresión Franquista En Galicia Represión antiguerrilleiraRepresión Franquista En Galicia Represión lingüística e culturalRepresión Franquista En Galicia Represión tardofranquistaRepresión Franquista En Galicia NotasRepresión Franquista En Galicia Véxase taménRepresión Franquista En GaliciaFranquismoGuerra civil española

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PanxermanismoLiteratura galegaPoesíaVangardasXosé Ramón GayosoTonhito de PoiJéssica BouzasEditorial GalaxiaSupermanEleccións municipais en SadaEsther EstévezXabier FortesOTANAC-101Provincias de EspañaCinema pornográficoRepública Democrática do Congo2015María Xosé QueizánXunta Suprema do Reino de GaliciaFabiola GarcíaPosición do misioneiroO PorriñoBandeira de GaliciaAC-141Antonio López FerreiroHard GZGrândola, Vila MorenaNightmare Alley (filme de 2021)Televisión de GaliciaRoberto Vidal BolañoCarlos SoberaXosé Neira VilasFelaciónGonzalo Pérez JácomePRaquel Castro MartínezJosé María Barreiro GómezRibadeoC++Carrizo (paxaro)Georgia O'KeeffeParadigmas dos verbos irregulares galegosEstadio Municipal de RiazorCayetana Álvarez de ToledoLuís CíliaEmilio González AfonsoPornografíaXabier Deive1915InglaterraVilalba, Vilalba, VilalbaYolanda DíazEstatua de Che Guevara en OleirosQuenllaCarballedo, Cerdedo-CotobadeVento feridoShōgunMarçal MolinéXavi HernándezXinzo de LimiaJennifer LopezCTito VilanovaEcce HomoMaría JamardoVictoria Núñez LópezMarcelo Rebelo de SousaUniversidade de Santiago de CompostelaAs dúas MaríasPrestigeRetorno a Tagen AtaLista de deuses celtasMoulin RougeAlberte Pagán🡆 More