Reacción Exotérmica

Denomínase reacción exotérmica a calquera reacción química na que ten lugar un desprendemento de calor.

A reacción contraria denomínase endotérmica.

Cando o desprendemento de calor e moi elevado, os produtos da reacción poden chegar a temperaturas moi altas e acadar a incandescencia formándose chamas (lume).

Un exemplo de reacción exotérmica é a combustión.

Dende o punto de vista termodinámico, unha reacción exotérmica é aquela que transcorre con diminución de entalpía, aquela na que ΔH<0; é dicir, aquela reacción na que debido ao desprendemento de enerxía o contido enerxético dos produtos é menor que o dos reactivos.

onde Hprodutos menor que Hreactivos

A ecuación termoquímica do exemplo que segue indícanos que cando un mol de carbono (sólido, 12 gramos), reaccionan cun mol de osíxeno (22,4 Litros de gas, medidos en condicións normais de presión e temperatura), formándose un mol de dióxido de carbono (22,4 L de gas medidos en condicións normais) despréndese unha calor de 393500 J. O feito de ser calor desprendida indícase co signo menos; ΔH<0

C (s) + O2 (g) → CO2 (g) ; ΔH= -393,5 kJ/mol

Tags:

CalorEndotérmicaReacción química

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xaxún no islamDiego Rivas RegoProvincia da CoruñaGuillermo VicenteAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoLagarto arnalTelevisión de GaliciaErros e TánatosXornalistaTeixoManu ChaoAccidente de ChernóbilCidade Vella da CoruñaCSSCangasLingua asturianaSabugueiroOllos de augaEva MejutoNúmero piLeninismoEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Xurxo AyánValentín Lamas CarvajalRocco SiffrediEli RíosPorto do Souto, A Canda, PiñorRúa Xeneral Gutiérrez Mellado (Pontevedra)Ourense Club de FútbolÓpera de SydneySindicatoMasturbaciónGúgolXunta de GaliciaCastelanismoPartido Comunista dos Traballadores de EspañaCianuro de hidróxenoEscherichia coliXosé Luís Méndez FerrínSantiago RomayManuel TurizoEstadio Municipal da MalataXogos Olímpicos de Inverno de 1988CicutaDe factoArnaud Courlet de VregilleEmblema de AfganistánNiñodaguia, Niñodaguia, BaltarC (linguaxe de programación)Guerra civil españolaPrimeira cruzadaMatemática aplicadaFonte dos CabalosUnión EuropeaCarlos III de EspañaParadigmas dos verbos irregulares galegosRimaMProxyDohaO Vintecatro, Oeste, CatoiraXosé Neira VilasCarballo comúnRastroSunnismoPascual VeigaXardaMarie CurieSimón BolívarCinema de GaliciaSuso DíazAdolfo SuárezBatalla de LepantoAdware🡆 More