Quinorrincos: Filo do reino animal

Os quinorrincos ou cinorrincos (Kinorhyncha, do grego κίνηω kīneō mover e ῥυγχος rhynchos fociño) son un filo de animais pseudocelomados mariños de pequeno tamaño (1 mm o menos), que viven nos sedimentos, a profondidades que poden alcanzar os 6 000 m.

Quinorrincos
Cinorrincos
Quinorrincos: Características, Bioloxía, Clasificación
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Bilateria
Superfilo: Protostomia
Filo: Kinorhyncha
Reinhard, 1887
Ordes
  • Cyclorhagida
  • Homalorhagida

Xunto cos loricíferos (Loricifera) e os priapúlidos (Priapulidae) constitúen o clado dos Scalidophora ou Cephalorhyncha Segundo os autores.

Téñense descrito unhas 150 especies.

Características

Os quinorrincos son animais segmentados, e teñen un corpo dividido en cabeza, colo e un tronco de 11 segmentos.

Non posúen cilios externos senón unhas espículas, que serían parte da cutícula segregada pola epiderme, que se distribúen ao longo do corpo e se amorean na boca e en círculos ao redor da cabeza, que é retráctil, formando unha estrutura para o movemento.

Bioloxía

O sistema digestivo está dividido en tres zonas (anterior, media e posterior), estrando a primeira e a última revestidas por cutícula, e forman, respectivamente, un estomodeo e un proctodeo. A boca, rodeada de estiletes no cono bucal, comunícase coa cavidade bucal. De aí pasa o alimento por unha farinxe musculosa cara a un esófago curto que, en determinadas especies, pode presentar glándulas esofáxicas. O intestino ocupa a maior parte do tronco, e desemboca ao exterior a través do recto e o ano situados no último segmento. Os quinorrincos nútrense de diatomeas e outros organismos do lodo mariño.

A súa reprodución é sexual, e teñen os sexos separados (son dioicos). Un par de gónadas, localizadas na rexión media do tronco, ábrense ao exterior mediante poros no segmento final. Na maioría das especies, o conduto espermático inclúe dúas ou tres estruturas espiñosas que presumibelmente axudan na cópula, aínda que os detalles son descoñecidos. A larvas son de vida libre, pero pouco se sabe do seu proceso reprodutivo.

Clasificación

Filo Kinorhyncha

  • Orde Cyclorhagida
    • Suborde Cyclorhagae
      • Familia Echinoderidae
      • Familia Zelinkaderidae
      • Familia Centroderidae
      • Familia Dracoderidae
    • Suborde Conchorhagae
      • Familia Semnoderidae
    • Suborde Cryptorhagae
      • Familia Cateriidae
  • Orde Homalorhagida
    • Suborde Homalorhagae
      • Familia Pycnophyidae
      • Familia Neocentrophyidae

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
  • Frings, H. e Frings, M. (1975): Conceptos de Zoología. Madrid: Editorial Alhambra. ISBN 84-205-0505-6.
  • Grassé, P.-P., E. A. Poisson e O. Tuzet (1976): Invertebrados. (En Grassé, P.-P., Zoología, vol. 1). Barcelona: Toray-Masson. ISBN 84-311-0200-4.
  • Hickman, C. P., W. C. Ober e C. W. Garrison (2006): Principios integrales de zoología, 13ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 84-481-4528-3.
  • Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados, 2ª ed. Madrid: Ed. Pirámide. ISBN 84-368-0316-7.
  • Remane, A., Storch, V. e Welsch, U. (1980): Zoología sistemática. Clasificación del reino animal. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0608-2.
  • Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole. ISBN 0-03-025982-7.

Ligazóns externas

Tags:

Quinorrincos CaracterísticasQuinorrincos BioloxíaQuinorrincos ClasificaciónQuinorrincos NotasQuinorrincos Véxase taménQuinorrincosAnimaisFiloLingua gregaMarPseudocelomado

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Eva MejutoO Vintecatro, Oeste, CatoiraPadrónMiguel Primo de RiveraA crueldade de abrilHard GZOrbital atómicoVirxe MaríaXabier LópezPosición do canComarca de ValdeorrasLuis Ángel Lago LageMilla náuticaEuropaJason StathamLugares do SaviñaoColocación do pronome átono en galegoSica RomeroJesús Vázquez AlmuíñaCastaneaCastelo da PicoñaSonia MéndezJorge PeteiroPortadaFeixónPaulo CarrilMona LisaInés ReyMartin Luther KingDiocese católica latina de Mondoñedo-FerrolFactorial descendente e ascendenteFátima IglesiasRegulamento xeral de protección de datosEnciclopediaRoman de RouPosición do misioneiro invertidaEva Iglesias MiguénsMarraxoAccidente de ChernóbilPeter FondaSidraDía das Letras GalegasClaudio MonteverdiLeonardo da VinciAna María Fernández MartínezZakat al-FitrHanan PachaTorre EiffelMediaWikiBillardaAna Belén FortesXogos Olímpicos de Inverno de 1988Club Deportivo OurenseTalavera de la ReinaTamara CanosaAmazonDaniel de la TorreRianxoGabriel García MárquezBambú ProduccionesNoite de san XoánSara Vila AlonsoTorquemada, PalenciaCicutaPontevedraMariano RajoyArnaud Courlet de VregilleRamón CamposRenda básica universalRoberto Carlos (cantante)Real Academia GalegaMaría JamardoJosé Luis GilLuís Pérez BarralRamón María del Valle-InclánFragas do EumeTailandiaJohn Lennon🡆 More