Loricíferos

Os loricíferos (Loricifera, do latín lorica, coiraza, cota de malla, e ferre, levar, literalmente os que levan cota) son un pequeno filo de animais pseudocelomados, composto tan só por vinte e dúas especies de tamaño microscópico (oscila entre as 100 µm e 1 mm), que habitan nos intersticios dos sedimentos mariños, unidos ás partículas de grava ou area, e que se caracterizan por estaren protexidos por unha caixa ou loriga, á que deben o seu nome.

Loricíferos
(Loricifera)
Loricíferos
Pliciloricus enigmatus
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Metazoa
(sen clasif.) Pseudocoelomata
Filo: Loricifera
Kristensen, 1983
Clase: Nanaloricea
Anderson, 1992
Orde: Nanaloricida
Kristensen, 1983
familias e Xéneros
  • Véxase o texto

Á parte destas pouco máis de vinte especies descritas, hai aproximadamente 100 máis que foron recollidos pero que aínda non se describiron. Os loricíferos encóntranse a todas as profundidades, en sedimentos de diferentes tipos, e en todas as latitudes.),

O primeiro espécime foi recollido nos anos 1970, e descrito en 1983, cando o zoólogo danés Reinhardt Kristensen fudou o filo, polo que se encontran entre os grupos de metazoos máis recentemente descubertos.

Características

Estes animais teñen unha cabeza, na que se sitúa a boca, onde comeza o aparello dixestivo; a cavidade corporal comprende un pseudoceloma que remata no ano.

Todo o corpo está envolto por unha armadura denominada loriga, especie de casca externa protectora. Non teñen sistema circulatorio nin sistema endócrino. A súa reprodución é sexual, con sexos separados, e probabelmente son ovíparos. Moitas das larvas son acelomadas, e a maioría dos adultos son pseudocelomados, aínda que algunhas especies son acelomadas.

O desenvolvemento é xeralmente directo, aínda que se coñecen larvas, denominadas larvas de Higgins, que difiren dos adultos en varios aspectos. Os seus ciclos vitais son moi complexos, e comprenden etapas pedoxenéticas con diferentes formas de reprodución partenoxenética.

Loricíferos 
Imaxe ao microscopio óptico da especie Spinoloricus, aínda non descrita, coloreada con rosa Bengala.

No existen rexistros fósiles.

Afinidades taxonómicas

Estudos morfolóxicos situáronos no clado Vinctiplicata, dos Scalidophora, que reuniría aos loricíferos cos priapúlidos e sería clado irmán dos quinorroincos. Os tres filos teñen catro caracteres en común: cutícula quitinosa, aneis escamosos, flósculos e dos aneis que se poden retraer cara ao interior do corpo.

Pero a monofilia deste clado está apoiada só por razóns morfolóxicas, e estudos moleculares recentes indican que os loricíferos poden estar máis estreitamente relacionados cos nematomorfos.

Historia evolutiva

Pénsase que os loricíferos son descendentes en miniatura dun organismo máis grande, talvez similar aos Sirilorica, fósiles do cámbrico. Porén, o rexistro fósil dun grupo de organismos microscópiocs non mineralizados é quizais (como era de esperar) escaso, polo que é difícil rastrexar a historia evolutiva do filo.

Clasificación

O filo dos loricíferos comprende unha soa clase, cunha única orde que comprende dúas familias con tres xéneros cada unha.

  • Clase Nanaloricea Anderson, 1992
    • Orde Nanaloricida Kristensen, 1983
      • Familia Pliciloricidae Higgins e Kristensen, 1986
        • Xénero Pliciloricus
        • Xénero Rugiloricus
        • Xénero Titaniloricus
      • Familia Nanaloricidae Kristensen, 1983
        • Xénero Nanaloricus
        • Xénero Armorloricus
        • Xénero Phoeniciloricus

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Brusca, R. C. & G. J. Brusca (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España. ISBN 978-84-486-0246-8.
  • Ruppert, Edward E.; R. Fox e R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology. A Functional Evolutionary Approach. Pacific Grove (California): Brooks Cole. ISBN 0-03-025982-7.

Outros artigos

Ligazóns externas

Para o filo Loricifera

Para a clase Nanaloricidae

Tags:

Loricíferos CaracterísticasLoricíferos Afinidades taxonómicasLoricíferos Historia evolutivaLoricíferos ClasificaciónLoricíferos NotasLoricíferos Véxase taménLoricíferosAnimaisEspecieFiloLingua latinaMarPseudocelomados

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

World Wide WebMecánica clásicaLuís Espada RecareyAmieiroChantadaTom HanksGran Premio de Mónaco de 2014Sulfato de cobre (II)Gerardo Pardo de VeraÁlvaro MorataVicente RiscoO Mesón do Vento, Ardemil, OrdesPobo triquiMicciónSelección de fútbol do CamerúnCarqueixaStephen Hawking2024Grupo EroskiHenrique VIII de InglaterraO PorriñoGuerra civil españolaSalviaEivisaLucía VeigaMitocondriaPedro RieloBenito VicettoXosé Ramón Fernández-Oxea28 de marzoFinados en 2024Partido Comunista pola República GalegaRexións de FranciaPropagandaCatedral de Santiago de CompostelaDinastía MingBenidormUlpiano VillanuevaContactorLiberalismoRonaldinhoA EstradaArvo PärtRusiaAJacques-Louis DavidCristiano RonaldoNordés (vento)Callitriche stagnalisRosa LuxemburgTarazonaVilariño de ConsoMichael JacksonMaría VázquezMandiocaFilipe II de EspañaRío UllaDallas MavericksDominio públicoHeptosaCongresoExaculaciónDMC DeLoreanCronoloxía da segunda guerra mundialAdolf HitlerStellantisUS AirwaysCasa BaillyNicomedes Pastor DíazJosé Sueiro LópezJean Shinoda BolenXúpiterCarballoOcéano ÍndicoVilanova dos Infantes, CelanovaAgustín Reguera Ocampo🡆 More