Pato Rubio

O pato rubio, Netta rufina, é unha especie de ave anseriforme da familia Anatidae propia de Eurasia e o norte de África.

Non se recoñecen subespecies.

Pato rubio
Netta rufina
Pato Rubio
Macho.

Femia.
Femia.

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Anatinae
Xénero: Netta
Especie: N. rufina
Nome binomial
Netta rufina
(Pallas, 1773)
Distribución de Netta rufina      Área de cría.      Área de ocupación permanente.      Área de invernada.
Distribución de Netta rufina
     Área de cría.      Área de ocupación permanente.      Área de invernada.

Distribución de Netta rufina
     Área de cría.      Área de ocupación permanente.      Área de invernada.

Descrición

Pato Rubio 
Femia.
Pato Rubio 
Macho en plumaxe reprodutiva.

É unha das aves anátidas máis rechamantemente coloreadas de Europa. Salienta pola súa gran cabeza redonda. Mide entre 45 e 54 cm de longo e entre 85 e 92 cm de envergadura, e adoita pesar entre 800 e 1500 g. O macho é inconfundible coa súa prominente cabeza de cor castaña alaranxada e o seu bico vermello. O pescozo e a maior parte do seu corpo son negros, exceptuando unha gran mancha branca que ocupa a parte central do seu flanco, e o dorso que é pardo cincento como as coberteiras das súas ás. Presenta unha gran banda branca que abrangue todas as plumas de voo das ás, mentres que a beira anterior e a parte inferior das ás, ademais da punta da cola, tamén son brancos. O iris dos ollos téñenos de cor vermella. A femia é de tons pardos claros, algo máis escuros nas partes superiores. As súas meixelas abrancazadas contrastan co píleo pardo. O bico da femia é anegrado coa punta alaranxada e os ollos castaños. O macho en plumaxe de eclipse é similar á femia aínda que máis escuro, e segue tendo o bico avermellado.

O único pato que ten un padrón de plumaxe parecido ao do macho na súa área de distribución é o pato chupón, pero este ten as ás e dorso abrancazados na súa totalidade, e o seu ventre é branco, non só o flanco. Ademais, aínda que ten a cabeza e os ollos dunha cor similar, a cabeza do pato chupón é de forma triangular e o seu bico é negro e gris, non rubio.

Taxonomía e etimoloxía

O pato rubio describiuno cientificamente o zoólogo alemán Peter Simon Pallas en 1773, co nome de Anas rufina, que en latín significa 'pato de pelo rubio', en referencia á cor vermella (rubia) da cabeza do macho. Posteriormente foi trasladado ao xénero Netta, creado por Johann Jakob Kaup en 1829. É unha especie monotípica, é dicir, non se recoñecen subespecies diferenciadas.

A etimoloxía do nome do seu xénero é simple, Netta é a palabra do grego antigo que significa 'pato'. O seu nome específico rufina procede do termo latino rufus, que significa 'rubio' (de pelo vermello), co engadido da terminación feminizadora -ina (posto que tanto anas coma netta son femininas).

Pato Rubio 
Macho mudando cara á plumaxe de eclipse.

Distribución e hábitat

Cría en lagos e lagoas de latitudes temperadas de Europa e Asia occidental e central. A maioría das súas poboacións son migratorias. Pasa o inverno no sur de Europa e Asia e o norte de África. En Galicia é un invernante escaso. Durante a migración e o seu período de invernante tamén se pode encontrar en estuarios, deltas, marismas e outros hábitats costeiros.

Comportamento

Pato Rubio 
Femia alimentándose xunto coas súas crías.
Pato Rubio 
Ovos de Netta rufina, no Museo de Historia Natural de Tolosa MHNT.

Aliméntase principalmente de plantas acuáticas, incluídas as súas raíces e sementes, aínda que complementa a súa dieta con invertebrados como moluscos e pequenos anfibios e peixes.

A época de cría ten lugar entre abril e agosto. Constrúe o seu niño no chan xunto á beira da auga ou sobre balsas de vexetación flotante. Incuba durante uns 26 a 28 días unha posta de entre 6 e 12 ovos de cor verde clara. Mentres a femia incuba e coida das crías os machos mudan por completo a plumaxe perdendo a capacidade de voar durante un mes, un período que pasan agochados entre a vexetación palustre a maior parte dol tempo. As femias realizan a muda un mes despois, cando as súas crías están emplumando.

Notas

Véxase tamén

Tags:

Pato Rubio DescriciónPato Rubio Taxonomía e etimoloxíaPato Rubio Distribución e hábitatPato Rubio ComportamentoPato Rubio NotasPato Rubio Véxase taménPato RubioAnatidaeAnseriformesAvesEspecieEurasiaFamilia (bioloxía)Norte de ÁfricaSubespecie

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Miguel de CervantesDani PedrosaRoberto SalgueiroAbegondoXabarín ClubHermisendeHLA-DMDodecágonoMasculino e feminino en galegoDavid MellaMar MediterráneoComarcas de GaliciaTeresa García-SabellMontañésMaría JamardoIosif StalinCharles MansonWikipediaSoledad PenaltaMareas vivasIsmael RamosTeoAsunta Basterra PortoRiba-roja de TúriaJosé Galera MorenoJosé Antonio Vázquez TaínManuel LourenzoVillarmentero de CamposLie ZiO Amenedo, Grixalba, SobradoElena CandiaPachi VázquezTransexualidadeLupus eritematoso sistémicoRede privada virtualAna RomaníVilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de ArousaIria Carreira PazosHeraldo de Galicia (A Habana)Harry StylesRío MiñoRakel WinchesterXHamsterDiego González RivasXosé Antonio TouriñánFauna de GaliciaPedro MadrugaPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024Ana BotellaHelia GonzálezCLedicia CostasÁngel CarracedoXestaNoruegaRefraneiro galego sobre o viñoFiorella FaltoyanoMiley CyrusMaría del MonteCarballoCatherine Zeta-JonesFragas do EumeJosé Antonio Primo de RiveraContactorFernando AlonsoAlfabeto galegoOctavio AugustoTarragonaSara Vila AlonsoCMSPeer-to-peerIrúnDía do LibroAliança Catalana🡆 More