Passengers é un filme estadounidense do xénero ciencia ficción e romance, dirixido por Morten Tyldum e escrito por Jon Spaihts.
O filme é protagonizado por Chris Pratt e Jennifer Lawrence, con Michael Sheen e Laurence Fishburne nos papeis secundarios. Conta a historia de dúas persoas que espertan noventa anos antes dunha hibernación inducida nunha nave espacial que os transporta, xunto con outros milleiros de pasaxeiros, cara a un arredado planeta colonial.
Passengers | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Passengers |
Director | Morten Tyldum |
Produtor |
|
Guión | Jon Spaihts |
Intérpretes | |
Música | Thomas Newman |
Fotografía | Rodrigo Prieto |
Montaxe | Maryann Brandon |
Estudio |
|
Distribuidora | Columbia Pictures |
Estrea | Teatro Regency Village: 14 de decembro de 2016 21 de decembro de 2016 |
Duración | 116 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ciencia ficción, romance |
Orzamento | 100 - 150 000 000 $ |
Recadación | 303 100 000 $ |
Na rede | |
http://www.passengersmovie.com e https://www.sonypictures.com/movies/passengers | |
|
A Avalon, unha nave espacial xigante que viaxa a Homestead II, un planeta-colonia afastado, e transporta 5.000 persoas e 258 tripulantes no seu interior en hibernación, entra nun campo de asteroides. O seu escudo frea a meirande parte dos impactos, mais un asteroide de grandes dimensións impacta co seu escudo. Ao iniciar as reparacións, o computador de a bordo esperta accidentalmente a Jim Preston (Chris Pratt), un enxeñeiro pasaxeiro do Avalon, 90 anos antes de chegar (a viaxe duraría uns 120 anos). Ao prinicipio non se decata de que poida ser un erro, porén conforme pasan as horas e nota que está só, decide tentar acceder á ponte de mando, que está pechada e que só pode abrir o persoal de control (nese intre en hibernación). Mentres percorre a nave a procurar axuda, atopa a Arthur (Michael Sheen) un barman robótico o cal se sorprende por velo esperto.
Tras un ano de illamento coa única compaña de Arthur, Jim tenta suicidarse para acabar coa súa soidade. Antes de se arrebolar ao espazo, atopa a cricabina de Aurora Lane (Jennifer Lawrence). Ao ollar o seu perfil na lista de pasaxeiros, dáse de conta de que é escritora e loita contra a moralidade de a espertar para que lle faga compaña. Desesperado por morrer e envellecer só, Jim acorda manualmente a Aurora. Inicialmente méntelle dicíndolle que acordara por un erro na súa criocabina. Aurora, desesperada pola idea de envellecer e morrer na nave, tenta volver meterse en hibernación (tal e como o tentara Jim nun principio) sen éxito. Ao final acepta a súa situación e comeza a escribir un libro sobre as súas experiencias. Jim e Aurora teñen unha cita e rematan namorando.
A historia continúa co intento de reparación da nave, e a loita por sobreviviren.
O guión orixinal de Passengers escrito por Jon Spaihts estivo flotando ao redor de Hollywood durante anos. Brian Kirk foi orixinalmente programado para facer o seu debut como director coa película con Keanu Reeves no personaxe principal, e o financiamento de Wayfare Entertainment e a produción da película. O 5 de decembro de 2014, anunciouse que a Sony Pictures Entertainment gañara a poxa para adquirir os dereitos do filme. O 27 de xaneiro de 2015, anunciouse que a Sony estaba en conversacións iniciais co director de The Imitation Game Morten Tyldum para dirixir a película. O 6 de febreiro, Variety informou que Jennifer Lawrence estivo en conversacións para unirse á película, e máis tarde o mesmo día, The Wrap tamén informou de que Chris Pratt estaba en conversacións tamén, para protagonizar a película.
O 17 de xullo de 2015, Michael Sheen uniuse ao elenco da película para interpretar o robot que viaxa xunto a Pratt e Lawrence. O 5 de agosto de 2015, Laurence Fishburne estaba en conversacións para unirse á película. Os produtores da película serían Company Films de Stephen Hamel, Start Media de Michael Maher e Orixinal Filme de Ori Marmur e Neal H. Moritz.
A rodaxe da película comezou en setembro de 2015 en Atlanta, Xeorxia.
En agosto de 2015, Sony Pictures Entertainment establece á película para estrearse o 21 de decembro do ano 2016.
Passengers ten unha cualificación de 30% por parte da crítica no sitio web Rotten Tomatoes, o que daría unha cualificación negativa. Por parte do público ten un 69%, quedaría cunha nota positiva .
Passengers debutou no posto 3 da clasificación de venda de entradas, só por baixo de Rogue One e Sing. Até agora recadou 45.300.201 dos 120.000.000 que custou.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Passengers (filme de 2016), which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.