Palacio De Topkapi: Palacio de Estambul

O Palacio de Topkapi (Topkapı Sarayı en turco, literalmente o 'Palacio da Porta dos Canóns' — por estar situado preto dunha porta con ese nome), situado en Istambul, foi o centro administrativo do Imperio Otomán dende 1465 até 1853.

A construción do palacio foi ordenada polo sultán Mehmed II en 1459, e foi completada en 1465. O palacio está situado entre o Corno de Ouro e o Mar de Mármara, e dende el tense unha espléndida vista do Bósforo. Está formado por moitos pequenos edificios construídos xuntos e arrodeados por catro patios.

Palacio de Topkapi
Palacio De Topkapi: Salas, Notas, Véxase tamén
O Palacio de Topkapi visto dende a Torre Gálata
Coordenadas41°00′47″N 28°59′02″L / 41.013, 28.98428°59′02″L / 41.013, 28.984
editar datos en Wikidata ]

O palacio está construído seguindo as normas da arquitectura segrar turca, sendo o seu máximo exemplo. É un entramado complexo de edificios, unidos por patios ou xardíns sendo a superficie total do complexo de 700.000 m², arrodeados por unha muralla bizantina.

En 1853, o sultán Abdulmecid decidiu trasladar a súa residencia ao recentemente construído e moderno Palacio de Dolmabahçe. Na actualidad, o Topkapi é un museo da época imperial, sendo unha das maiores atraccións turísticas de Istambul.

Salas

Palacio De Topkapi: Salas, Notas, Véxase tamén 
A Porta da Acollida (Bâb-üs Selâm).
Palacio De Topkapi: Salas, Notas, Véxase tamén 
Atalaia da Cámara do Consello Imperial.
Palacio De Topkapi: Salas, Notas, Véxase tamén 
Un dos espazos interiores.
Palacio De Topkapi: Salas, Notas, Véxase tamén 
Unha das billas do palacio.
Palacio De Topkapi: Salas, Notas, Véxase tamén 
Hünkâr Sofası. O serrallo.

Entrada:

  1. Porta imperial (Bab-Ι Hümayun)

O primeiro patio:

  1. Porta da Acollida (Bab-üs-Selâm)
  2. Casa da Moeda de Istambul (Darphane-i Âmire) construída en 1727.

O segundo patio:

  1. Patio de cerimonias
  2. Cortes reais (Has Ahirlar)
  3. Consello privado (Kubbealti)
  4. Colección de armas
  5. Mesquita de persoal da cociña
  6. Patio das cociñas
  7. Cociñas reais
  8. Colección porcelana europea e ourivaría en prata
  9. Porta dos eunucos brancos (Bab-üs-Saadet)
  10. Cuartos dos eunucos brancos

O terceiro patio:

  1. Salón da audiencia (Arz Odasi)
  2. Biblioteca de Ahmed III
  3. Mesquita dos Aghas Brancos
  4. Colexio dos paxes exploradores
  5. Tesouro
  6. Residencia director museo
  7. Colección caligrafía, miniaturas e retratos
  8. Colección reloxos
  9. Reliquias sagradas

O cuarto patio:

  1. Mesquita «Sofa»
  2. Pavillón ornamentado (Mecidiye Köşkü)
  3. Residencia do médico (Hekimbaşi Odasi)
  4. Pavillón do portal (Sofa Köşkü)
  5. Pavillón de Revan (Revan Köşkü)
  6. Pavillón de Bagdad (Bagdad Köşkü)
  7. Pavillón da circuncisión
  8. O pórtico de Iftar

O serrallo ou harén.

Edificios situados na muralla do palacio:

  1. Pavillón da ribeira (Yali Köşkü)
  2. Pavillón de vime(Sepetçiler Köşkü)
  3. Palacio marítimo de Topkapı (Topkapı Sahil Sarayı)
  4. Pavillón de perlas (Incili Köşk)
  5. Porta de Tokapi
  6. Porta de Balikhane

Porta Imperial

A Porta Imperial (Bab-i Hümayun) é hoxe en día a entrada principal ao palacio. Foi construída baixo o mandato de Mehmet II e Abdülaziz.

Porta da Acollida

Esta porta (Bâb-üs Selâm) está trala porta imperial e o gran patio onde está situada a igrexa de Santa Irene.

A porta construída durante o reinado de Mehmet II ten dúas torres acaroadas octogonais construídas durante o reinado de Süleyman I.

Patio de cerimonias

O patio de cerimonias ou segundo patio era o lugar escollido polos sultáns para efectuar os actos protocolarios máis importantes do imperio. Efectuábanse neste espazo todo tipo de cerimonias: entronizamentos, festas de carácter relixioso ou repartimento de doces.

Cortes reais

Os estábulos reais foron construídos durante o reinado de Mehmet II, dividíndose en dúas dependencias. As dúas salas forman as cortes actuais e o grande estábulo maior.

Consello privado

A sala do consello privado era no lugar no que se reunían todos os martes trala oración matinal os oficiais de alto grao do exército cos seus uniformes de gala.

Este recinto confórmano tres salas, a sala do consello, a oficina de rexistro e maila oficina do gran visir do imperio.

Colección de armas

Este edificio era ocupado nos seus comezos polo tesouro. No ano 1928, iníciase a exposición de armas dos sultáns, as cales abarcan unhas 400 pezas que van dende o século VII até o século XIX. Dentro desta colección, pódense salientar diferentes armas ornamentadas provenientes de agasallos doutros monarcas estranxeiros como sinal de respecto cara aos sultáns. Destacan diferentes dagas, puñais, escudos, machadas, etc.

Cociñas reais

As antigas cociñas reais estaban formadas realmente por tres cociñas e foron construídas polo grande arquitecto otomán Sinan. As tres cociñas eran:

  • A gran cociña cuxa función era a de arranxar a comida para os invitados do sultán. Podía dar de comer até a catro mil persoas.
  • A Helvahane, era a cociña para o arranxo das delicias turcas, sobremesas e doces.
  • A Kuşhane era a cociña privada do sultán e a que arranxaba o seu xantar e o dos seus familiares.

Hoxe en día a cociña acolle unha das exposicións de porcelana e cristal máis importantes do mundo sendo considerada a terceira en importancia trala do palacio imperial de Pequín e a de Dresde. A escolma componse dunhas dez mil setecentas pezas de extremado valor.

Salientas as coleccións de porcelana chinesa, a serie Celadón, a serie azul e branca, a serie multicor, a porcelana xaponesa, a porcelana e cristalaría turca.

Tesouro

O tesouro é un dos máis espectaculares do mundo. As pezas proveñen de diferentes camiños, como agasallos por mandatarios estranxeiros, alfaias dos diferentes sultáns, botíns de guerra ou herdanzas. O tesouro atópase exposto ao longo de catro salas:

  • A sala das perlas: Nesta sala atópase a figura do escravo negro e a do xeque sentado no seu trono.
  • Segunda sala: Nesta sala cómpre destacar o trono de Ahmed I e a nave de xade. Nesta sala atópase o famoso puñal topkapi. É o puñal máis caro do mundo e está elaborado con ouro, diamantes, esmeraldas e pedras preciosas.
  • Terceira sala: Nesta sala atópase o diamante do cullereiro, o terceiro diamante máis grande do mundo.
  • Cuarta sala: Nesta sala o máis relevante é trono indio-turco do século XVIII.

Notas

Véxase tamén

Tags:

Palacio De Topkapi SalasPalacio De Topkapi NotasPalacio De Topkapi Véxase taménPalacio De Topkapi145914651853BósforoImperio OtománIstambulLingua turcaMar de MármaraMehmed IISultán

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Jesús Vázquez AlmuíñaCágadoMofa e BefaAmieiroRede neural artificialSarriaReino de GaliciaMarta DarribaÁreas sanitarias de GaliciaOs ÁnxelesDiane LanePilar BahamondeRoko (actriz)Xabier DíazAsexualidadeIván Puentes RiveraPartido Comunista dos Traballadores de EspañaCampionato de España de segunda categoríaPimpín comúnZoe SaldanaCeutaNoelia Rodríguez TraviesoCompromiso por GaliciaNatalia Puente PradoPriyanka ChopraRicardo Sánchez VarelaBeatriz DouradoOrosoCogomeloMarta Fernández-TapiasLev Tolstoi6Partido Galeguista (histórico)Pepa a LobaBorja VereaBatalla de CacheirasCaldas de ReisCuruxa comúnSan Paio de Abeleda, Castro CaldelasCitania de SanfinsCarmen Martín GaiteSubstantivoDavid PerdomoPontevedraNava CastroMelónO CarrabouxoLista das aves de GaliciaPremio Antón Losada DiéguezPenínsula do BarbanzaVacaNosce te ipsumOleirosXabier GonzálezÁlvaro MuñizFerreiriñoVila de CrucesO Alto do Castiñeiro, Narón, NarónCharlie SheenPrado, Morgadáns, GondomarAlmorzoLondresChulaSantiago de CompostelaRubén Fernández GarcíaÁngel García SeoaneOrtigueiraA Pedreira, Leiro, RianxoXosé Luís BaltarLucía VeigaEsther EstévezSilva bravaKarim BenzemaAdrián CastiñeirasGalipediaFrancia🡆 More