País Insular

Un país insular é un estado limitado totalmente a unha illa ou a un grupo de illas, e que non ten ningún territorio sobre o continente.

No mundo existen corenta e oito países insulares, incluíndo os máis pequenos.

País Insular
Estados soberanos e estados insulares con recoñecemento limitado (Australia é considerado un continente): os que teñen fronteiras terrestres sombreados de verde e os que non teñen sombreados de azul escuro.

Características

Os países insulares poden ser clasificados en dous grupos. Un grupo comprende aqueles que son grandes, relativamente populosos, e polo xeral preto dun continente. Estes inclúen o Xapón, Sri Lanka, Filipinas, Cuba, o Reino Unido, Islandia e Madagascar. O membro máis grande deste grupo, e o país insular máis grande, é Indonesia. Estes países, tipicamente, comparten semellanzas culturais e políticas cos seus veciños continentais. O seu estado insular era unha vantaxe importante que os illou de invasións, e fíxoos importantes no comercio rexional debido á súa localización e ás capacidades marítimas da poboación. Australia forma parte desta categoría, con todo, varios estudos considérana como sector continental de Oceanía.

O outro grupo comprende países máis pequenos como Malta, Chipre, as Comores, Bahamas, Tonga e as Maldivas. Estes países tenden a ser moi diferentes dos países continentais. O seu pequeno tamaño, polo xeral, quere dicir que contan con pouca terra agrícola e escasos recursos naturais. Con todo, na actualidade, estes pequenos países insulares convertéronse en centros turísticos, facéndose en moitos o turismo, a industria dominante.

Algúns países insulares son centrados a unha ou dúas illas principais, como o Reino Unido. Outros espállanse ao longo de centos ou miles de pequenas illas, como Indonesia ou as Maldivas. Algúns países comparten as súas illas con outros países; estes inclúen a República de Irlanda, Haití e República Dominicana que comparten a illa de Santo Domingo ou A Española, e Papúa Nova Guinea.

Listaxe de países insulares

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

País Insular CaracterísticasPaís Insular Listaxe de países insularesPaís Insular Véxase taménPaís InsularContinenteEstadoIllaPaís

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Ricardo Varela SánchezLugares de ArteixoHLA-DOMaría Jesús MonteroAnxo QuintanaCopia por contactoLista das aves de GaliciaLista de palabras galegas de orixe celtaAllarizWUniversidade de Santiago de CompostelaJorge LorenzoFalange EspañolaVicente RiscoXabier DeiveCGrupo EroskiPartido Comunista dos Traballadores de EspañaManuel LourenzoVilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de ArousaPlay-offs da Naisten Liiga 2023-2024Nacionalismo galegoChipionaPoloniaCarballo comúnRaquel AtanesFrancisco AsoreyA ira dos mansosCatedral de la Seu d'UrgellÁlex AnguloTruman CapoteFesta dos maiosMaría JamardoMartina Aneiros BarrosGheadaLa Voz de GaliciaRefraneiro galego sobre o viñoRevolución galega de 1846Ángel CarracedoHarry StylesHydrangeaLedicia CostasToni KroosSelena GomezXosé Neira VilasXavier BlancoRosario FloresCidade da Cultura de GaliciaOvidio RodeiroUnión Europea de RadiodifusiónRamón Otero PedrayoBalurosBubelaO comparativo galegoLingua casteláCoordenadas xeográficasEva GonzálezFingeringBipartito galegoRúa das Rodas (Santiago de Compostela)Símbolos de GaliciaLibrary of Congress Control NumberXurxo GonzálezSéculos EscurosFentoCrime de honraCaixa Rural GalegaMéxicoMuralla de LugoPío BarojaChe GuevaraA EstradaSevillaCayetana Guillén CuervoColiseum da Coruña🡆 More