Funafuti

Funafuti é un atol no que se atopa a capital e principal centro económico do país insular de Tuvalu.

Ten unha poboación de 6.025 persoas, polo que é o atol máis poboado do país, co 56,6 por cento da poboación de Tuvalu.

Modelo:Xeografía políticaFunafuti
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 8°30′17″S 179°07′02″L / -8.50478, 179.11736179°07′02″L / -8.50478, 179.11736
País insularTuvalu Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación6.025 (2012) Editar o valor em Wikidata (2.510,42 hab./km²)
Xeografía
Superficie2,4 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+12 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2TV-FUN Editar o valor em Wikidata
IUGS Geological Heritage Site (en) Traducir
Dataoutubro de 2022
IdentificadorSITE 006

Ás veces, a capital de Tuvalu é referida como Fongafale ou Vaiaku. Con todo, todo o atol de Funafuti é oficialmente a capital.

Funafuti está situada no atol máis grande do pequeno país. Desde o atol, expórtase copra e outros moitos froitos tropicais. O atol carece de recursos naturais, polo que os habitantes da zona confían na agricultura de subsistencia e na pesca.

O único hotel de Tuvalu está situado moi preto de Funafuti, na localidade de Fongafale.

O atol de Funafuti tamén conta con aeroporto.

Xeografía

O atol é un anel formado por unha estreita franxa de terra, de entre 20 e 400 metros de largo, que rodea unha gran lagoa central (Te Namo) de 18 km de longo e 14 km de largo. A profundidade media da lagoa Funafuti é de aproximadamente 36,5 metros. Cunha superficie de 275 km², é de lonxe a lagoa máis grande de Tuvalu.

Ten 33 illotes e a superficie total terrestre suman 2,4 km², menos do un por cento da superficie total do atol. Os buques de carga poden ingresar á lagoa de Funafuti e atracar nas instalacións portuarias de Fongafale.

Illas de Funafuti

Estímanse 33 illas no atol. A maior delas é Fongafale, seguida de Funafala. Polo menos hai tres illas que están habitadas, as cales son Fongafale, a principal illa ao leste, Funafala, no sur, e Amatuku, ao norte.

  • Amatuku
  • Avalau
  • Falaoigo
  • Fale Fatu (ou Falefatu)
  • Fatato
  • Fongafale
  • Fuafatu
  • Fuagea
  • Fualefeke (ou Fualifeke)
  • Fualopa
  • Funafala
  • Funamanu
  • Luamotu
  • Mateika
  • Motugie
  • Motuloa
  • Mulitefala
  • Nukusavalevale
  • Papa Elise (ou Funangongo)
  • Pukasavilivili
  • Te Afuafou
  • Te Afualiku
  • Tefala
  • Telele
  • Tengako (península da illa de Fongafale)
  • Tengasu
  • Tepuka
  • Tepuka Vili Vili
  • Tutanga
  • Vasafua
  • e polo menos outras cinco illas.
Atol Funafuti
Funafuti 
Datos
País Funafuti  Tuvalu
Illa principal Fongafale
Linguas Tuvalés e inglés
Poboación (2012) 6.025 hab.
Superficie 2,8 km²
Superficie lagoa 275 km²
Nº de illas 33
Coordenadas 8°31′S 179°13′L / -8.517, -179.217
Maior Altura
Localización

Canles en Funafuti

O atol ten varios canles cara a lagoa, con cadanseu grao de navegabilidade. A listaxe deles, comezando polo illote Fongafale ao sur, e seguindo as agullas do reloxo, son:

  • Te Ava Pa Pua
  • Te Ava Fuagea
  • Te Ava Papa
  • Te Ava Kum Kum
  • Te Ava Tepuka Vili
  • Te Ava Tepuka
  • Te Avua Sari
  • Te Ava i te Lape

Lagoa

A lagoa (Te Namo en tuvalés) do atol ten unha lonxitude de norte-sur de 24,5 km, e de leste-oeste de 17,5 km, facendo unha superficie total de 275 km² e a lagoa máis grande de Tuvalu. A súa profundidade chega acadar os 54,72 metros, mais ten algúns escollos e arrecifes de moi pouca profundidade.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Funafuti XeografíaFunafuti Illas de Funafuti Canles en Funafuti LagoaFunafuti NotasFunafuti Véxase taménFunafutiAtolCapitalPaís insularTuvalu

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Aníbal MalvarSoberaníaContactor9 de abrilConcellos de GaliciaHeptosaNew DealToledoFrancisco Llanos MasGod Save the KingNarónÁngel RodalFascismoClase (bioloxía)HargeisaOcéano ÍndicoNetflixCinema pornográficoHTML5Segunda República EspañolaGuimarãesRosendo SalvadoFrancisco, papaVigoi0tj9BDSMElizabeth TaylorAnthony GiddensCebadaJosé Manuel LageGina RodriguezGran Premio de Mónaco de 2014RusiaLista de paísesProciónidosPanteón de RomaLuís Pérez BarralA CoruñaBrahim DíazDodecágonoKarim BenzemaAutoritarismoAllarizSexoManu ChaoChorimaXosé Ramón Fernández-OxeaSulfato de cobre (II)Portela da CandaGrupo EroskiCarrizo (paxaro)Foro do bo burgo de Castro CaldelasAzorDemocraciaManuel AntonioMéxicoAWStatsLustroPalas de ReiCastro de Punta do BicoMario Vargas LlosaGran Premio do Canadá de 2014Michelle ObamaCallitriche hamulataAno (astronomía)Misa (música)Julián MuñozQandeel BalochLibertarioJackie ChanO Salvador🡆 More