Nós Televisión: Canle de televisión galega

Nós Televisión, antigamente Canal Deza e DEZTV, é unha canle de televisión galega impulsada por Isidro Barco e Diego Frey.

Nós Televisión
Nós Televisión: Traxectoria, Programas, Notas
Inicio das emisións 2013
Fundado por Isidro Barco, Diego Frey
Propiedade de Nós Televisión S.L.
Formato da imaxe HDTV 16:9
Slogan Unha televisión aberta á cidadanía
País Galicia Galicia
Lingua Galego
Área de emisión Galicia
Sede central O Milladoiro (Ames)
Nome(s) anterior(es) Canal Deza, DEZTV
Dispoñibilidade
Cable
R Dial 119

Na rede
Nós Televisión
Facebook: NosTelevision Twitter: NosTelevision Youtube: UC7E39RyOqx_UkouqoZYJ8Rw Editar o valor em Wikidata
Nós Televisión: Traxectoria, Programas, Notas
Redacción de Nós Televisión no Milladoiro.

Traxectoria

Comezou a emitir a través da Televisión dixital terrestre nas comarcas de Tabeirós - Terra de Montes, Deza, Arzúa, Terra de Melide, Ordes e Santiago pasando o día 14 de marzo de 2019 a facelo exclusivamente a través da canle 119 da plataforma de televisión de pagamento de R.

Esta mudanza está dentro do seu proceso de expansión a toda Galicia, pasando de ser unha canle local para cubrir todo o territorio galego e inaugurando unha nova etapa con programas realizados en colaboración coas editoriais Kalandraka e Galaxia ou coa Real Academia Galega, así como co informativo diario Espazo Aberto.

O 28 de xuño de 2016 emitiu en directo o debate especial Rabela de carballo, con entrevistas a escritoras, xornalistas, comerciantes, artistas e docentes e alumnado de distintos centros de ensino galegos para tentar facer unha radiografía da lingua galega.

O 22 de decembro de 2016 produciu o debate arredor do feminismo "A nación das mulleres. Do teito de cristal ao cantil de cristal", organizado xunto á revista Luzes no complexo cultural Matadoiro Compostela e que reuniu catro mulleres políticas do momento: Alexandra Fernández, Ana Pontón, Carmela Silva e Marta Lois.

Alén de emisora, tamén é produtora de documentais. Algúns deles son Véndese litoral. A Coruña deféndese (2018) e Redes contra a política do espolio (2019), ambos dirixidos por Xosé Bocixa, Un país de cinzas (2018), de Galiza Contrainfo, e San Finx 1960 (2019), de Irene Pin.

Programas

Nós Televisión: Traxectoria, Programas, Notas 
Imaxe corporativa
  • Espazo Aberto: programa informativo diario
  • A cámara branca: programa de entrevistas
  • KalandrakaTv: novidades editoriais e crítica literaria
  • Universo Galaxia: novidades editoriais e crítica literaria
  • Rede galega de videoblogues: vídeos curtos de opinión

Notas

Véxase tamén

Tags:

Nós Televisión TraxectoriaNós Televisión ProgramasNós Televisión NotasNós Televisión Véxase taménNós TelevisiónCanle de televisión

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Nomes de fumeNancho NovoVicente RiscoXoán Manuel Ramos RodríguezMaría Jesús MonteroBispoAndorraFesta dos maiosLalínJorge Cuña CasasbellasXavi HernándezBDolores del Río Sánchez-GranadosMecanismo de AnticiteraAsalto do bou EvaCopia por contactoTeresa RiberaOs vixilantes do CamiñoAlexandre BóvedaDía do LibroLeninSalgueiro MaiaVox populiDiego Rivas RegoGalego-portuguésCoordenadas xeográficasPoesíaToledoJulio CambaVisigodosAguacateNigel Williams-GossPaulino PereiroPontedeumeAldous HuxleyMemorias dun neno labregoAlicia BorrásTerraO sabor das margaridasIndonesiaMan-in-the-middle attackRoisYolanda DíazEva CárdenasGarcilaso de la VegaAlmibreOlga NovoIllas BalearesRefraneiro galego sobre o mes de maioFala de EstremaduraParalelismoMSantiago de CompostelaFachada do ObradoiroSetaMarie CuriePablo Iglesias TurriónAna BelénA PontenovaLingua portuguesaMaría JamardoLince (zooloxía)Racing Club de FerrolGatipedroAciñeiraArceJude BellinghamÑRicardo Carballo CaleroAEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Dios ke te crewJorge BermelloDiego VillaresLa Voz de Galicia🡆 More