Zimnie Zametki O Letnikh Vpechlatleniyakh

Notas de inverno sobre impresións de verán (en ruso Зимние заметки о летних впечатлениях, Zimnie zametki o letnikh vpechlatleniyakh) é un ensaio de Fiodor Dostoievski que recolle as sensacións experimentadas polo seu autor durante a viaxe que realizou durante dous meses e medio no verán de 1862 por varias cidades da Europa central e occidental: Berlín, París, Londres, Xenebra, Florencia, Milán e Viena, entre outras.

Zimnie zametki o letnikh vpechlatleniyakh
Zimnie Zametki O Letnikh Vpechlatleniyakh
Autor/aFiódor Dostoievski
Lingualingua rusa
Data de pub.1863
editar datos en Wikidata ]

Historia e características

A recompilación de lembranzas, que consta de oito capítulos, foi publicada no número correspondente a febreiro de 1863 da revista Tempo (Vremya), editada en San Petersburgo polo propio Fiodor e o seu irmán Mijail.

A viaxe obedecía, segundo Dostoievski, ao desexo de consultar con médicos especialistas os seus problemas de epilepsia; pero tamén o impulsaba a súa obsesión por probar sorte nas ruletas dos casinos alemáns e o seu afán por coñecer de primeira man as principais capitais europeas pois nunca saíra do seu país.

Nunca saín ao estranxeiro. Desexei ir case desde a miña primeira infancia, desde o tempo no que pasaba as longas tardes de inverno, antes de saber ler, escoitando coa boca aberta, paralizado polo éxtase e o terror, como os meus pais me lían as novelas de Radcliffe á hora de deitarse; como logo deliraba sobre elas nos meus soños. Finalmente, aos meus corenta anos, soltei amarras e marchei ao estranxeiro. Non fai falla dicir que quería ver non só o posible senón todo, absolutamente todo, a pesar do tempo limitado. Mais aínda non estaba en condicións de elixir con calma os lugares que visitar. Deus, esperaba tanto desta viaxe!

Trátase dun relato máis sobre as xentes e as formas de vida que sobre os lugares, polos que o autor apenas amosa interese. París e Londres son as cidades que máis chaman a atención do novelista e ás que lles dedica máis páxinas no libro. A súa visión da capital británica é especialmente crítica e pesimista, ataca o arraigado materialismo que alí atopa ademais da pobreza e miseria dos nenos que ve polas rúas, en flagrante contraste co elegantísimo Palacio de Cristal que se erguera un ano antes para a Exposición Internacional.

Notas de inverno sobre impresións de verán ten unha grande importancia no panorama xeral da obra de Dostoievski pois adianta algúns dos temas e ideas das súas futuras grandes novelas e amosa tamén o grande efecto que o contacto coa sociedade occidental causou na súa mentalidade, un contacto que veu a reforzar o seu rexeitamento cara calquera fórmula racionalista que quixera deixar de lado a parte espiritual e relixiosa do ser humano.

Tags:

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lista de nomes femininos en galegoOvidio RodeiroAsunta Basterra PortoNieves NeiraJoe BidenCidade da Cultura de GaliciaJavier GutiérrezLista de programas de Televisión EspañolaGrupo NósMontse DopicoCarlos III de EspañaEduardo Blanco AmorLeymaGrândola, Vila MorenaMasturbaciónBandeira de GaliciaBipartito galegoLisboaSociedad Civil y DemocraciaTráfico de influenciasNapoleón I de FranciaSoledad PenaltaDonicelaArredor de siAgustín Fernández PazSexo analTito AsoreyAlexia PutellasBenito KamelasZeca AfonsoBoyanka Kostova (grupo musical)O porco de péAlbert EinsteinRede privada virtualHorteláPilar AlegríaSuraTotó GarcíaÁlex AnguloLiga Feminina de BaloncestoTeixeiro, Curtis, CurtisGatoBimba y LolaAbegondoAlemañaMarta DahlgrenCándido Conde-Pumpido VarelaCarlos Blanco VilaEsther F. CarrodeguasAna RomaníGuernica (cadro)Lista de WikipediasIker MuniainPazo BaiónLista de cidades de IsraelXHamsterA viaxe de ChihiroLista de nomes masculinos en galegoEduardo PondalRefraneiro galego sobre o mes de maioRafael NadalXurxo ChirroNoruegaBambú ProduccionesSteve JobsAldaoladoTina TurnerPonte das PíasAntónio de Oliveira SalazarA HabanaLie ZiZendayaPachi VázquezEduardo Valencia Fernández🡆 More