Naisten Liiga 2022-2023: 40ª edición da Naisten Liiga

A tempada 2022-2023 da Naisten Liiga foi a 40ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia.

A liga estará integrada por 10 equipos, que serán os mesmos que na tempada precedente coa excepción do descendido Vaasan Sport, ocupando o seu lugar Rauman Lukko. Pola súa banda Kiekko-Espoo defendeu o título conquistado nas dúas tempadas anteriores.

Naisten Liiga 2022-2023
Liga Naisten Liiga
Deporte Hóckey sobre xeo
Duración de setembro a marzo
Liga regular
Anotador República Checa Michaela Pejzlova (HIFK)
Play-offs
Campión Naisten Liiga 2022-2023: Movementos na liga, Competición, Equipos participantes HIFK
Subcampión Naisten Liiga 2022-2023: Movementos na liga, Competición, Equipos participantes K-Espoo
Semifinais Naisten Liiga 2022-2023: Movementos na liga, Competición, Equipos participantes KalPaa
MVP dos play-offs Finlandia Sanni Vanhanen (HIFK)
Naisten Liiga
← 2021–22 2023–24 →

A liga regular comezou cunha dobre xornada disputada en Hämeenlinna, tanto no Pohjantähti Areena como no Metritiski-areena, durante os días 10 e 11 de setembro.

Ao final da tempada o HIFK proclamouse campión logo de derrotar nas series finais ao K-Espoo (3-0), mentres que o KalPa fíxose coa medalla de bronce logo de derrotar no partido polo bronce ao HPK (3-1).

Movementos na liga

Mudanzas na dirección da liga

O 9 de setembro a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo fixo público a través do seu sitio web que Aija Saha, quen xa fora directora de márketing da SM-liiga, pasaría a presidir a Naisten Liiga a partir do 1 de outubro dese mesmo ano substituíndo a Eeva Perttula, que fora a presidenta durante as catro tempadas anteriores e que decidiu abandonar a xestión da liga. Ao mesmo tempo sinalaba que o antigo director executivo de HIFK, Jukka Valtanen, sería o vicepresidente. A mudanza na xestión, encabezada agora por un dúo cunha ampla experiencia en márketing e coñecedora do deporte, foi ben recibida na Liiga, a liga profesional masculina do país nórdico, o seu presidente Harri Nummela sinalaba:

Queremos que a Naisten Liiga dea unha serie de pasos cara adiante tanto dentro como fóra da pista. No futuro teremos aínda máis recursos para implementar medidas para mudar o rumbo.

Mudanzas nos corpos técnicos

Equipo 2021–22 2022–23 Detalles
Pretempada
HPK Harri Nummela Jari Risku Elixido en abril de 2022, Risku é o quinto adestrador xefe de HPK noutras tantas tempadas e sucede no cargo a Nummela, quen levou o equipo aos play-offs dende a división inferior na tempada precedente. O cargo máis recente de Risku foi o de adestrador xefe da selección austríaca no for the Campionato do mundo feminino de hóckey sobre xeo de primeira división 2022 grupo A, e anteriormente tamén do KMH Budapest na European Women's Hockey League (EWHL). Foi o primeiro adestrador de Team Kuortane dende a súa creación en 2010 ata 2018, e adestrou a selección finlandesa sub-18 entre 2014 e 2018.
Ilves Linda Leppänen Marjo Voutilainen A principios de abril Linda Leppänen anunciou que que deixaba o cargo de adestradora xefa logo de dúas tempadas no cargo, para pasar máis tempo coa súa familia. A principios de maio, Ilves anunciou que Voutilainen fora seleccionada como a súa suucesora. Voutilainen adestrara previamente a KalPa Naiset durante seis tempadas, entre 2016 e 2022, e o equipo gañou a súa primeira medalla de prata do campionato finlandés e chegou en dúas ocasións ás finais da Aurora Borealis Malja baixo a súa dirección. Antes da súa carreira como adestradora, fora dianteira coa selección finlandesa, coa que foi medallista olímpica e mundial.
KalPa Marjo Voutilainen Mika Väärälä Logo dunha difícil tempada na que KalPa conseguiu por pouco a derradeira praza para os play-offs logo de ter conseguido a prata no campionato finlandés un ano antes, o equipo decidiu non renovar a Voutilainen como adestradora xefa e, n cambio, seguir unha nova dirección coa contratación de Väärälä. Väärälä uniuse a KalPa logo de exercer como adestrador xefe do KMH Budapest durante tres tempadas, nas que o equipo húngaro gañou a EWHL Championship tres veces, e EWHL Super Cup dúas. Tamén foi adestrador asistente do combinado nacional húngaro dende 2016.
Kärpät Samuli Hassi Sanna Lankosaari Hassi deixou vacante o posto de adestrador xefe de Kärpät logo de aceptar un cargo de director de adestramento co equipo sub-18 de Vaasan Sport na U18 SM-sarja. Lankosaari ascendeu ao posto de adestradora xefa dende o cargo de adestradora asistente, cargo que ocupaba dende 2018. Antes da súa carreira como adestradora, Lankosaari fora dianteira coa selección finlandesa e egañara unha medalla de bronce no torneo olímpico inaugural feminino nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998. Tamén foi tres veces medallista de bronce no Campionato do Mundo e a máxima anotadora de Finlandia no Campionato de Europa feminino de 1996. Xogou sete tempadas con Kärpät Naiset na Naisten SM-sarja, entre 1994 e 2001.

Competición

Estrutura de competición

O 28 de abril de 2022 a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo anunción que a 40ª edición da Naisten Liiga mudaría o modelo respecto da tempada precedente, e que esta estrutura se mantería na tempada 2023-24. Deste xeito as divisións superior e inferior desapareceron e competición dividiuse nunha liga regular e os play-offs polo título ou liguiña pola permanencia:

  • Na liga regular os dez equipos xogan unha cuádrupla volta entre eles, de xeito que cada equipo disputa un total de 36 partidos. Ao finalizar a liga regular os oito mellores clasificados xogan os play-offs pola Aurora Borealis Malja, mentres que os dous equipos restantes deben xogar pola permanencia fronte aos dous mellores equipos da Naisten Mestis.
  • Os play-offs polo título dispútanse en eliminatorias ao mellor de cinco encontros, coa excepción da medalla de bronce, que se decide a partido único. Pola súa banda, os dous peores equipos da liga regular xogan fronte aos dous mellores equipos da Naisten Mestis unha liguiña a dobre volta, na que os dous mellores clasificados disputarán a Naisten Liiga 2023-2024.

A liga regular comezou o 10 de setembro de 2022 coa disputa en Hämeenlinna das dúas primeiras xornadas, e finalizará o 19 de febreiro de 2023.

Equipos participantes

Na tempada 2022-23 da Naisten Liiga tomaron parte na competición un total de dez equipos, que foron os mesmos protagonistas que na tempada precedente, coa excepción do Sport de Vaasa, que descendeu á Naisten Mestis e foi substituído polo Lukko, que ascendeu dende a segunda categoría. Por rexións, a única que contou con máis dun representante foi a rexión de Uusimaa, con dous (HIKF e K-Espoo), o resto de equipos eran das rexións de Finlandia Propia, Laponia, Ostrobotnia do Sur, Ostrobotnia do Norte, Satakunta, Savonia do Norte, Tavastia Propia e Pirkanmaa.

Agás o Team Kuortane, un equipo feminino fundado en 2010 pola Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo e cuxas xogadoras viven e estudan no Kuortaneen urheilulukio, todos os equipos da liga comparten os seus nomes con equipos profesionais masculinos da Liiga (HIFK, HPK, Ilves, KalPa, Kärpät, Lukko e TPS) ou a Mestis (K-Espoo e RoKi).

Nome Cidade Estadio Capacidade Adestrador/a Capitá
Stadin Gimmat
HIFK Naiset
Naisten Liiga 2022-2023: Movementos na liga, Competición, Equipos participantes  Helsinqui Malmin jäähalli 500 Saara Niemi Karoliina Rantamäki
HPK Naisten Liiga 2022-2023: Movementos na liga, Competición, Equipos participantes  Hämeenlinna Metritiski Areena 700 Jari Risku Heta Seikkula
Ilves Naisten Liiga 2022-2023: Movementos na liga, Competición, Equipos participantes  Tampere Tesoman jäähalli 1 500 Marjo Voutilainen Jenna Lehtiniemi
KalPa Naisten Liiga 2022-2023: Movementos na liga, Competición, Equipos participantes  Kuopio Olvi Areena 5 224 Mika Väärälä Johanna Juutilainen
K-Espoo Naisten Liiga 2022-2023: Movementos na liga, Competición, Equipos participantes  Espoo Tapiolan harjoitusareena 750 Sami Haapanen Emmi Rakkolainen
Kärpät Naisten Liiga 2022-2023: Movementos na liga, Competición, Equipos participantes  Oulu Oulun Energia Areena 6 614 Sanna Lankosaari Aino Kaijankoski
Lukko Naisten Liiga 2022-2023: Movementos na liga, Competición, Equipos participantes  Rauma Westinghouse Areena Sami Piilikangas Maija Koski
RoKi Naisten Liiga 2022-2023: Movementos na liga, Competición, Equipos participantes  Rovaniemi Lappi Areena 3 500 Tuomas Liitola Eveliina Ollila
Team Kuortane Naisten Liiga 2022-2023: Movementos na liga, Competición, Equipos participantes  Kuortane Kuortaneen jäähalli 350 Mira Kuisma
TPS Naisten Liiga 2022-2023: Movementos na liga, Competición, Equipos participantes  Turku Marli Areena 2 875 Terhi Mertanen Elina Heikkinen

Liga regular

A liga regular comezou cunha dobre xornada disputada en Hämeenlinna, tanto no Pohjantähti Areena como no Metritiski-areena, durante os días 10 e 11 de setembro. Os emparellamentos foron os seguintes:

Hora Estadio Local Visitante
Sábado 10 de setembro
11:00 Metritiski-areena TPS HIFK
12:00 Pohjantähti Areena Ilves Kuortane
14:00 Metritiski-areena K-Espoo KalPa
15:00 Pohjantähti Areena HPK Kärpät
17:00 Metritiski-areena Lukko RoKi
Domingo 11 de setembro
10:00 Pohjantähti Areena Kärpät K-Espoo
11:00 Metritiski-areena HPK RoKi
13:00 Pohjantähti Areena KalPa Lukko
14:00 Metritiski-areena Kuortane TPS
16:00 Pohjantähti Areena HIFK Ilves
    Clasificación

Fonte: Leijonat.fi

Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts
1 HIFK 36 29 3 0 4 197 57 +140 93
2 KalPa 36 29 2 2 3 197 65 +132 93
3 K-Espoo 36 23 2 1 10 142 70 +72 74
4 HPK 36 20 3 1 12 116 78 +38 67
5 Ilves 36 16 4 3 13 105 98 +7 59
6 Team Kuortane 36 15 3 4 14 91 89 +2 55
7 TPS 36 14 2 3 17 124 140 -16 49
8 Kärpät 36 7 1 5 23 92 150 -58 28
9 Lukko 36 1 4 1 30 59 227 168 12
10 RoKi 36 2 0 4 30 44 193 -149 10
    Resultados

Estatísticas das xogadoras

    Líderes de anotación
Naisten Liiga 2022-2023: Movementos na liga, Competición, Equipos participantes 
Michaela Pejzlova foi a máxima pontuadora e asistente da liga regular.

As seguintes dez xogadoras lideraron a liga regular en puntos.

Xogadora Equipo PX G A Pts PIM
1 Michaela Pejzlová HIFK 31 32 50 82 2
2 Elisa Holopainen KalPa 28 41 34 75 4
3 Julia Liikala HIFK 30 28 38 66 10
4 Jenna Kaila KalPa 36 28 31 59 14
5 Emilia Vesa HIFK 28 22 31 53 18
6 Jenna Hietala KalPa 35 29 21 50 6
5 Johanna Juutilainen KalPa 36 14 36 50 8
8 Clara Rozier HIFK 34 24 25 49 22
9 Júlia Matejková HPK 34 15 28 43 20
10 Annii-Elina Montonen K-Espoo 34 21 21 42 6
    Porteiras
Naisten Liiga 2022-2023: Movementos na liga, Competición, Equipos participantes 
Tiina Ranne (KalPa) liderou as estatísticas das porteiras.

As seguintes porteiras lideraron a liga en porcentaxe de paradas.

Xogadora Team PX TOI V D S GC SO S-% GAA
1 Tiina Ranne KalPa 20 1186:55 16 2 501 33 3 93,8 1,67
2 Kiia Lahtinen HIFK 18 1080:31 17 1 349 24 4 93,6 1,33
3 Salla Sivula HPK 26 1482:59 15 8 611 49 2 92,6 1,98
4 Emilia Kyrkkö Kuortane 24 1430:18 9 12 692 56 3 92,5 2,35
5 Tiia Pajarinen K-Espoo 21 1229:49 13 6 389 34 5 92,1 1,66
6 Juuli Kivimäki Ilves 15 837:31 7 5 384 33 3 92,1 2,36
7 Melisa Mörönen Ilves 19 947:58 10 9 415 44 3 90,4 2,78
8 Kati Asikainen Kärpät 29 1740:11 6 21 892 106 0 89,4 3,65
9 Suvi Saarinen TPS 13 778:32 4 7 374 46 0 89,0 3,55
10 Janika Järvikari RoKi 21 1121:41 1 18 740 95 0 88,6 5,08

Play-offs

 
Cuartos de finalSemifinaisFinal
 
          
 
 
 
 
1. HIFK 3
 
 
 
8. Kärpät 0
 
1. HIFK 3
 
 
 
4. HPK 0
 
4. HPK 3
 
 
 
5. Ilves 1
 
1. HIFK 3
 
 
 
3. K-Espoo 0
 
2. KalPa 3
 
 
 
7. TPS 0
 
2. KalPa 1
 
 
 
3. K-Espoo 3 Terceiro posto
 
3. K-Espoo 3
 
 
 
6. Kuortane 1
 
4. HPK 0
 
 
2. KalPa 1
 

Cuartos de final

HIFK (1) vs Kärpät (8)

25 de febreiro de 2023
14:30
HIFK 12 - 0
(3–0, 5–0, 4–0)
Kärpät Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 164

26 de febreiro de 2023
15:00
HIFK 8 - 0
(2–0, 4–0, 2–0)
Kärpät Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 116

1 de marzo de 2023
18:15
Kärpät 0 - 6
(0–1, 0–3, 0–2)
HIFK Raksila (Oulu)
Asistencia: 185
HIFK gaña a serie 3 - 0.

KalPa (2) vs TPS (7)

25 de febreiro de 2023
12:30
KalPa 4 - 1
(0–0, 2–1, 2–0)
TPS Niirala (Kuopio)
Asistencia: 89

26 de febreiro de 2023
14:30
TPS 4 - 5
(1–4, 2–0, 1–1)
KalPa Rajupaja Areena (Turku)
Asistencia: 60

1 de marzo de 2023
18:30
KalPa 4 - 3
(1–0, 2–1, 1–2)
TPS Niirala (Kuopio)
Asistencia: 122
KalPa gaña a serie 3 - 0.

K-Espoo (3) vs Kuortane (6)

25 de febreiro de 2023
13:00
K-Espoo 3 - 4
(1–0, 2–3, 0–1)
Team Kuortane Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 89

26 de febreiro de 2023
15:00
Team Kuortane 1 - 2 (OT)
(0–1, 1–0, 0–0)
(OT: 0–1)
K-Espoo Kuortaneen jäähalli (Kuortane)
Asistencia: 80

1 de marzo de 2023
19:10
K-Espoo 4 - 3 (OT)
(1–0, 0–1, 2–2)
(OT: 1–0)
Team Kuortane Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 152

4 de marzo de 2023
15:00
Team Kuortane 0 - 3
(0–1, 0–2, 0–0)
K-Espoo Kuortaneen jäähalli (Kuortane)
Asistencia: 80
K-Espoo gaña a serie 3 - 1.

HPK (4) vs Ilves (5)

25 de febreiro de 2023
14:00
HPK 5 - 0
(1–0, 2–0, 2–0)
Ilves Metritiski Areena (Hämeenlinna)
Asistencia: 160

26 de febreiro de 2023
14:45
Ilves 5 - 1
(2–0, 3–0, 0–1)
HPK Tesoman jäähalli (Tampere)
Asistencia: 125

1 de marzo de 2023
18:45
HPK 5 - 3
(2–0, 2–1, 1–2)
Ilves Metritiski Areena (Hämeenlinna)
Asistencia: 90

4 de marzo de 2023
12:00
Ilves 2 - 4
(1–0, 0–0, 1–4)
HPK Tesoman jäähalli (Tampere)
Asistencia: 100
HPK gaña a serie 3 - 1.

Semifinais

HIFK (1) vs HPK (4)

7 de marzo de 2023
19:00
HIFK 2 - 0
(0–0, 1–0, 1–0)
HPK Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 179

9 de marzo de 2023
18:45
HPK 1 - 6
(1–0, 0–0, 1–4)
HIFK Metritiski Areena (Hämeenlinna)
Asistencia: 150

11 de marzo de 2023
15:00
HIFK 6 - 2
(2–0, 2–1, 2–1)
HPK Tööllö 2 (Helsinqui)
Asistencia: 182
HIFK gaña a serie 3 - 0.

KalPa (2) vs K-Espoo (3)

8 de marzo de 2023
18:00
KalPa 2 - 3 (OT)
(1–2, 0–0, 1–0)
(OT: 0–1)
K-Espoo Niirala (Kuopio)
Asistencia: 161

9 de marzo de 2023
18:45
K-Espoo 2 - 3 (OT)
(1–1, 1–1, 0–0)
(OT: 0–1)
KalPa Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 86

11 de marzo de 2023
12:30
KalPa 1 - 2 (OT)
(1–1, 0–0, 0–0)
(OT: 0–1)
K-Espoo Niirala (Kuopio)
Asistencia: 158

12 de marzo de 2023
16:15
K-Espoo 2 - 0
(1–0, 1–0, 0–0)
KalPa Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 146
HPK gaña a serie 1 - 3.

Partido polo bronce

18 de marzo de 2023
12:00
KalPa 3 - 1
(1–1, 1–0, 1–0)
HPK Niirala (Kuopio)
Asistencia: 236

Finais

18 de marzo de 2023
16:30
HIFK 9 - 2
(2–1, 3–0, 4–1)
K-Espoo Pirkkola (Helsinqui)
Asistencia: 274

19 de marzo de 2023
16:15
K-Espoo 0 - 4
(0–1, 0–2, 0–1)
HIFK Tapiola 2 (Espoo)
Asistencia: 269

21 de marzo de 2023
18:00
HIFK 3 - 2
(1–1, 1–0, 1–1)
K-Espoo Tööllö (Helsinqui)
Asistencia: 1 311

Estatísticas das series

    Xogadoras
  • Fonte: Leijonat.fi
Xogadora Equipo PX G A Pts
1 Michaela Pejzlova HIFK 9 11 13 24
2 Sanni Vanhanen HIFK 9 12 8 20
3 Emilia Vesa HIFK 9 7 12 19
    Porteiras

Fonte: Leijonat.fi

Xogadora Equipo PX TOI V D S GC SO S-% GAA
1 Kiia Lahtinen HIFK 8 480:00 8 0 153 7 4 95,6 0,88
2 Emilia Kyrkkö Team Kuortane 4 248:00 1 3 177 12 0 93,7 2,90
3 Noora Räty HPK 7 414:34 3 4 219 18 1 92,4 2,61

Equipo campión

O equipo das HIFK que conquistou o campionato finlandés feminino na tempada 2022-23 estivo integrado polas seguintes xogadoras:

Campión feminino de Finlandia
HIFK

Porteiras: Kiia Lahtinen, Lumi Jääskeläinen, Miia Vainio, Iina Kuusela, Sofia Haverinen

Patinadoras: Michaela Pejzlova, Julia Liikala, Emilia Vesa, Clara Rozier, Siiri Yrjölä, Sanni Vanhanen, Johanna Kemppainen, Athena Locatelli, Eveliina Kitula, Mikaela Saukkonen, Anni Pere, Nenna Mehtonen, Erica Korhonen, Sara Suhonen, Olivia Kylliäinen, Karoliina Rantamäki, Veera Huotari, Nellie Karlberg, Ilona Palin, Satu-Maaria Vihervuori, Nelly Andersson, Sara Kuuluvainen, Heidi Holmberg, Nathalie Karlberg, Emilia Malinen, Lotta Hintikka, Emma Andersson

Serie de clasificación

Os dous equipos peor clasificados da liga regular da Naisten Liiga (RoKi e Lukko) disputaron unha serie de clasificación cos dous mellores equipos da Naisten Mestis (os equipos da academia de HIFK e K-Espoo), unha liga a dobre volta de catro equipos, co cal cada equipo disputou seis encontros ao longo de tres fins de semana.

As primeiras dúas xornadas disputáronse o 17 e o 18 de marzo. No primeiro partido as xogadoras de Rauma impuxéronse con claridade ás da academia de Espoo (9-0), mentres que as de Laponia derrotaron con máis apuros ás xogadoras do HIFK (3-2). Na segunda xornada o duelo entre os dous equipos que comezaron a tempada na Naisten Liiga decantouse do lado do RoKi (4-2), mentres que as xogadoras de Espoo impuxéronse ás capitalinas por 0-3.

Na segunda fin de semana de competición as xogadoras do HIFK desquitáronse da derrota fronte ás súas veciñas na xornada anterior e impuxéronse 0-6 á academia de K-Espoo, e o día seguinte derrotaron tamén ás xogadoras do Lukko (4-5), o que estreitou as distancias entre ambos equipos por unha praza na máxima categoría. Pola súa banda RoKi continuou a súa imbatibilidade ao impoñerse na súa visita a Espoo, mais no seu regreso a Rovaniemi o día seguinte caeu na súa visita ao Lukko (3-2).

RoKi chegou á última fin de semana de competición nunha posición privilexiada logo de conseguir nove puntos nos tres primeiros encontros e xa no penúltimo partido da tempada asegurou a súa permanencia logo de caer na prórroga fronte a K-Espoo Akatemia na casa (3-4). Aínda así o equipo finalizou a tempada cunha vitoria na capital (3-1), que lle deu posibilidades de permanencia a Lukko. As xogadoras de Rauma complicáronse a permanencia na xornada do sábado logo de caer nos shootouts fronte ás xogadoras do HIFK Akatemia (1-2), polo que as da capital conseguían situarse na segunda posición da táboa. No seu partido do domingo, a pesar de que as xogadoras de Espoo adiantáronse no marcador, e logo de igualar a contenda, dous goles de Aliisa Toivonen déronlle a vitoria e a permanencia ao equipo de Rauma.

Clasificación

Fonte: Leijonat.fi

Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts
1 RoKi 6 4 0 1 1 18 12 6 13
2 Lukko 6 3 0 1 2 22 14 8 10
3 HIFK Ak 6 2 1 0 3 16 14 2 8
4 K-Espoo Ak 6 1 1 0 4 8 24 -16 5

Estatísticas da cualificación

    Xogadoras
  • Fonte: Leijonat.fi
Xogadora Equipo PX G A Pts
1 Aliisa Toivonen Lukko 6 8 2 10
2 Anna Kalová RoKi 6 3 7 10
3 Magdalena Felcmanova RoKi 6 3 5 8
    Porteiras

Fonte: Leijonat.fi

Xogadora Equipo PX TOI V D S GC SO S-% GAA
1 Alexandra Väyrynen K-Espoo Ak. 3 140:08 2 0 80 4 1 95,2 1,71
2 Miia Vainio HIFK Ak. 6 361:48 2 3 166 13 1 92,7 2,16
3 Janika Järvikari RoKi 6 360:08 4 2 151 12 1 92,6 2,00

Premios

Naisten Liiga 2022-2023: Movementos na liga, Competición, Equipos participantes 
A xogadora do KalPa Elisa Holopainen recibiu os premios á mellor xogadora por parte da Federación Finlandesa e por votación das xogadoras, así como o premio á mellor atacante e á máxima goleadora da liga regular. Holopainen foi elixida ademais xogadora do mes de novembro.

Xogadoras do mes

Notas

    Fichas dos partidos
    Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Naisten Liiga 2022-2023 Movementos na ligaNaisten Liiga 2022-2023 CompeticiónNaisten Liiga 2022-2023 Equipos participantesNaisten Liiga 2022-2023 Liga regularNaisten Liiga 2022-2023 Play-offsNaisten Liiga 2022-2023 Equipo campiónNaisten Liiga 2022-2023 Serie de clasificaciónNaisten Liiga 2022-2023 PremiosNaisten Liiga 2022-2023 NotasNaisten Liiga 2022-2023 Véxase taménNaisten Liiga 2022-2023FinlandiaHóckey sobre xeoKiekko-Espoo NaisetLukko NaisetNaisten LiigaNaisten Liiga 2021-2022Vaasan Sport Naiset

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

NoruegaEvaristo CalvoLenda das SereasRomaLista de nomes femininos en galegoHéctor CajaravilleRibadeoManuel CabezasSan Paio de Abeleda, Castro CaldelasPoutaMariola (xogo)Antonio Muñoz MolinaPablo VioqueREC (filme)AlbaniaPartido GalegoLista de nomes masculinos en galegoEleccións municipais en San Cibrao das ViñasLondresHeterosexualidadeTribadismoRicardo Sánchez VarelaOs pronomes persoais galegosMiguel Ángel Zabalza BerazaPartido Galeguista (histórico)Hidrografía de GaliciaXosé Luís BernalSardiñaEsther EstévezMera, OleirosBuxoGalería de imaxes de GaliciaAlejandra SilvaClaudio Garrido MartínezCeutaMatrimonio entre persoas do mesmo sexoSaneamentoPremios da Cultura GalegaJesús Peleteiro SuárezEls DottermansCristovo ColónEspazo ComúnGerardo Pardo de VeraMártires de CarralGonzalo DuránCaralloDaniel AsoreyMáquina comecartosVíctor DupláMadridXosé Luís BaltarIraqGalería de imaxes de arañas de GaliciaJosé Manuel Pérez PenasManuel López PoyDavid PerdomoQueen e SlimFolgoso, Castro CaldelasAsa ga KuruOrtigueiraPepo SuevosJuan Carlos Rodríguez Cebrián1 de abrilSegunda guerra mundialHorteláPili PampínEva Iglesias MiguénsEleccións municipais en RibeiraO reino medieval de Galicia na historiografíaLabios (xenitais)A Pobra de TrivesCon pólvora e magnoliasPepe CarballudePremio Antón Losada DiéguezSaga da Fundación🡆 More