Na Noite Estrelecida: Obra poética de Ramón Cabanillas

Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926.

Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, que ten como tema principal a materia de Bretaña.

Na noite estrelecida
Autor/aRamón Cabanillas
OrixeGaliza
LinguaGalego
Tema(s)Ciclo artúrico
Xénero(s)Poesía
Data de pub.1926
editar datos en Wikidata ]
Na Noite Estrelecida: Estudo da obra, Notas, Véxase tamén
A espada Escalibor é o título da primeira saga.

Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación. Posteriormente, os poemas foron incluídos dentro das edicións da Obra Completa de Ramón Cabanillas (1959 e 1979), de xeito individualizado. Na noite estrelecida foi publicada de novo en 1976 (ed. de Ricardo Carballo Calero) e en 1988 (Xosé Ramón Pena, a única edición anotada e comentada até a data).

Estudo da obra

Na noite estrelecida estrutúrase en tres poemas, chamados sagas polo autor: A espada Escalibor, O cabaleiro do Sant Grial e O soño do Rei Artur. É un dos textos que mellor responden ao que se ten cualificado como as "necesidades estéticas" ou o "programa estético" do nacionalismo galego das Irmandades da Fala; singularmente, na liña do pensamento de Vicente Risco, daquela o principal ideólogo da organización irmandiña. Deste xeito estabelece varios paralelismos: o cáliz identifícase co escudo que representa a identidade de Galiza, os cabaleiros da Táboa Redonda coas Irmandades da Fala, e a procura do Graal, coa arela de redención e liberdade da Nosa Terra.

Na Noite Estrelecida: Estudo da obra, Notas, Véxase tamén 
Amada dos vellos deuses,
mortos e esquecidos xa,
que Sálvora lle chamaron,
afeitos nela a atopar
repouso doce e tranquilo
de celestiais afáns
.

A través dunha reasunción libre dos míticos artúricos, Cabanillas levou adiante na súa obra unha verdadeira exaltación mítico-patriótica de Galiza. Para tal labor, botou man, canto aos elementos narrativos, das tradicións artúricas que non puido coñecer desde o legado medieval galego-portugués por seren descoñecidos os textos que as conteñen naquelas datas. Ao mesmo tempo, Cabanillas reactualizou tamén os mitos célticos e asemade incorporou elementos xeográficos, literarios, históricos... procedentes dos espazos escoceses, galeses ou irlandeses. Porén, todo ese conglomerado de elementos artúricos, célticos, atlánticos... aparece nitidamente galeguizado nos versos de Na noite estrelecida. Deste xeito, Galiza aparece como a verdadeira "Terra Prometida", o lugar patrucial dos Cabaleiros da Táboa Redonda e o territorio onde se han de cumprir, actualizadas, as vellas profecías que auguran para a "raza" celta un porvir glorioso.

Espazo

Sobresaen dous espazos galegos: a illa de Sálvora, onde aparece a espada mítica Excalibur, e as montañas do Cebreiro, onde se sitúa o mítico vaso do Santo Graal. Na noite estrelecida, lonxe de constituír unha pura aproximación arqueoloxizante e/ou preciosista, aparece configurada como unha obra de clara intención cívica en directa conexión con aquilo que xa procurara levar adiante Pondal nos seus versos. En realidade, os cabaleiros da mesa redonda aparecen como un verdadeiro precedente desoutros novos das Irmandades da Fala; os uns e os outros na procura do Santo Graal, isto é na procura dun ideal no que o triunfo da fe cristiá aparece unido á vitoria dos "bos e xenerosos", aos ideais de xustiza e liberdade e, desde logo, á redención do país galego.

Porén, ese aspecto cívico-patriótico non anula, senón que potencia e se ve potenciado, pola enorme preocupación estética. Cabanillas leva adiante nesta obra, xa que logo, un exercicio maxistral da linguaxe. Para tal proceder botou man, fundamentalmente, de elementos de carácter modernista que, unha vez máis, "galeguiza" no seu proceso. Mais as evidentes referencias rubenianas entran en perfecta simbiose con esoutras que aluden aos decorados de Wagner ou mesmo a Tennyson. Segundo X. R. Pena, "Na noite estrelecida está situada no ronsel do Modernismo, pero precisamente naquela dirección na que o gusto por un espazo hierático, pola melancolía e o rito (...) se achegan cara á pintura e a literatura prerrafaelistas".

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Tags:

Na Noite Estrelecida Estudo da obraNa Noite Estrelecida NotasNa Noite Estrelecida Véxase taménNa Noite Estrelecida

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

CastiñeiroJacobo BucetaBubelaCirrio comúnMiguel Ángel Zabalza BerazaMario CaneiroMártires de CarralReal Academia GalegaShōgunMoscovaCeroOlga NovoQFosfatidilcolinaUnión EuropeaPonte Maior de OurenseKarl MarxCota lácteaMaceiraPavillón Multiúsos Fontes do SarDores TembrásMaruxa MalloChinche das camasPere AragonèsComarcas de GaliciaMarcos MaceiraLoeweManuel Mayer von FurtwänglerSancho GraciaLlama M-82Marta DacostaFoliadaAciñeiraAmieiroJosé Manuel Rodríguez PuenteFauna de GaliciaIraqRaquel AtanesGala Murguía de CastroTeodorico II, rei visigodoVertoGinger RogersFernando AlonsoMiki NadalPúrpuraYolanda CastañoCharles Darwin20 de setembroMaría Antonieta de AustriaJosé López CamposOceanografíaAfonso X o SabioLa Voz de GaliciaDolores del Río Sánchez-GranadosÁlex FidalgoPablo Iglesias TurriónBenito VicettoShin ChanGres, Vila de CrucesStanley KubrickDaniel Castro GarcíaCataluñaAna Belén FortesA rendición de BredaAC-960VienaDámaso I, papaNino BravoTomiño (planta)DodroMiss Vaca (certame)SalamancaViveiro🡆 More