Mozzarella: Queixo italiano

Mozzarella (do verbo italiano: mozzare, cortar) é un produto orixinario da cociña italiana, elaborado con leite de búfala, na súa orixe, pero que agora se fai tamén con leite fresco de vaca ou de ovella.

Existe unha variante deste queixo en Dinamarca, pero a tradición italiana é máis antiga, a cidade de orixe deste queixo foi Aversa (Caserta), na Arxentina prepárase a muzarela principalmente con leite de ovella. A denominación de orixe con protección europea é a Mozzarella dei Bufala Campá, ao non solicitar Italia a protección do nome «mozzarella». O queixo DOP prodúcese nas provincias de Caserta e Salerno e nalgúns municipios das provincias de Nápoles, Benevento, Latina e Foggia.

Mozzarella: Usos, Fabricación tradicional, Fabricación industrial
Mozzarella.
Mozzarella
Valor nutricional por 100 g
Enerxía300 kcal (1 300 kJ)
2.2 g
Azucres1 g
22.4 g
Saturadas13.2 g
Monoinsaturadas6.6 g
22.2 g
MineraisCantidade
%DV
Calcio
51%
505 mg
Fósforo
51%
354 mg
Sodio
42%
627 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga50 g
As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient

Usos

Este queixo fibroso é moi empregado para a fabricación de pizzas, cando esta case seco e en ensaladas , cando é fresco.

Fabricación tradicional

Como a case todos os queixos, ao leite fresco extráeselle o soro por medio do callo e as bacterias acedo-lácticas, quedando só o que se denomina como callada: os sólidos do leite; a callada, acidificada previamente e cortada en cubiños, colócase nunha grande pota con auga a máis de 60 °C, de tal xeito que todos os cubos separados da callada vólvense unir por efecto da temperatura e a acidez axeitada. A aparencia desta masa quente é a dunha xigantesca goma de mascar brillante, capaz de estirarse un par de metros cando está listo. Entón fórmanse as famosas bólas de queixo mozzarella, estirando a masa e fiándoa ata formar un ovillo do tamaño conveniente que adoita ser do tamaño dun puño e de forma semellante ao dunha pera. Artesanalmente é un traballo moi fatigoso debido á alta temperatura de traballo coas mans. Finalmente as bólas de queixo son mergulladas nunha salmoira fría que por unha banda evitará que o queixo perda soro pola calor, póndolle fin á acidificación por bacterias ao arrefrialo, e por outra terminará de agregarlle o tenor de sal ideal do queixo mozzarella.

Fabricación industrial

Ao preparado do leite engádeselle un cultivo de bacterias purificado que cumpre diversas funcións estruturais e organolépticas. Na fabricación artesanal interveñen as bacterias do ambiente que se cultivan no leite durante o proceso. A engádega dos cultivos bacterianos purificados logra un queixo de sabor estándar. Na fabricación industrial interveñen máquinas que se encargan de fiar a masa da mozzarella, aliviando as mans dos mestres queixeiros.

Variantes

  • Provolone, Mozzarella secada ao aire
  • Scamorza, Mozzarella secada ao aire e afumada con fume de palla

Receitas onde se pode empregar

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Mozzarella UsosMozzarella Fabricación tradicionalMozzarella Fabricación industrialMozzarella VariantesMozzarella Receitas onde se pode empregarMozzarella NotasMozzarella Véxase taménMozzarellaArxentinaAversaBubalus bubalisCasertaDenominación de orixeDinamarcaFoggiaGastronomía de ItaliaItaliaLingua italianaProvinciaProvincia de BeneventoProvincia de NápolesSalernoUnión Europea

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

DonicelaVíctor DupláLista de nomes masculinos en galegoIrene GonzálezGalería de imaxes de Galicia1 de maioSandra GonzálezPili PampínEleccións municipais en CercedaLingua inglesaEl Progreso (xornal)Festa dos maiosDeportivo da CoruñaBipartito galegoRede neural artificialO reino medieval de Galicia na historiografíaCastros da provincia da CoruñaPauletaETonhito de PoiIndiaPontevedraAmeixa (froito)Ricardo Sánchez VarelaDolores O'RiordanXoniaKarim BenzemaXosé Manuel PiñeiroCalendario hebreoFontao, A TeixeiraTerra Chá (poemario)AvefríaXogo da chaveDavid Regades27AWStatsCastroverdeGheadaBakúMarta Fernández-TapiasEscherichia coliCágadoChatGPTPriyanka ChopraEvaristo CalvoKFerrolEscáncerCangasLev TolstoiBracara AugustaJuan Fernández GarcíaXosé Antonio Ventoso MariñoOrixe das avesEduardo PondalXabier Deive2HadriánClaudio Garrido MartínezXosé Luís Bernal19Camba, Castro CaldelasLondresNocelloCandorcaCadela de fradeMonte Porreiro, Mourente, PontevedraLuis ZaheraPorqueiraFolgoso, Castro CaldelasPosición do canSilva bravaBAturuxo (folclore)🡆 More