Monrovia

Monrovia é a capital e a cidade principal de Liberia.

Situada na costa do Atlántico, no ano 2003 tiña 572.000 habitantes. A cidade foi denominada así en homaxe ao presidente nortamericano James Monroe, que gobernaba cando os libertos negros foron asentados no litoral africano occidental.

Modelo:Xeografía políticaMonrovia
Monrovia
Imaxe

Nomeado en referencia aJames Monroe Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 6°18′38″N 10°48′17″O / 6.3106, -10.804710°48′17″O / 6.3106, -10.8047
EstadoLiberia
Condados da Libéria (pt) TraducirMontserrado (pt) Traducir
Distrito da Libéria (pt) TraducirGreater Monrovia District (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.021.762 (2008) Editar o valor em Wikidata (5.260,04 hab./km²)
Xeografía
Superficie194,25 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMesurado River (en) Traducir e Océano Atlántico Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación25 de abril de 1822 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
14 de agosto de 2003Siege of Monrovia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Newark
Dayton (pt) Traducir
Taipei (1998–) Editar o valor em Wikidata

Historia

Monrovia 
Gravado do enclave colonial de Cabo Mesurado, orixe da actual Monrovia

A área de Monrovia xa estaba habitada cando os portugueses a chamaron Cabo Mesurado, en 1560, mais a cidade no se fundou até o mes de abril do ano 1822, cando a illa de Providence (actualmente unida ao centro urbano por unha ponte) foi ocupada pola Sociedade Americana de Colonización (American Colonization Society), como refuxio para escravos liberados nos Estados Unidos e mais nas Indias Occidentais británicas, imitando o que xa fixeran os ingleses en Freetown a finais do século anterior. Inicialmente foi denominada Christopolis, mais en 1824 pasou a ser designada Monrovia na honra do entón presidente dos Estados Unidos, James Monroe.

A cidade ficou severamente danada durante a Guerra Civil liberiana. As batallas importantes libráronse entre as forzas gobernamentais de Samuel Doe e as dos rebeldes de Prince Johnson no ano 1990 e mais durante o asalto do Parlamento no 1992. A consecuencia da guerra, hai en Monrovia unha gran cantidade de rapaces e mozos abandonados.

A cidade

Monrovia está situada nunha península entre o océano Atlántico e o río Mesurado; ao norte desemboca o río Saint Paul. É a urbe máis grande de Liberia, da que é o centro administrativo, económico, comercial e financeiro. A economía urbana gravita arredor do seu porto, que durante a segunda guerra mundial foi ampliado substancialmente polas forzas dos Estados Unidos.

A través do porto expórtase mineral de ferro e látex producidos no país; as súas instalacións comprenden tamén estaleiros. As industrias principais da cidade son cementeiras, refinamento de petróleo, alimentarias, materiais de construción (ladrillos, azulexos), mobiliario e produtos químicos.

Lugares de interese

Os principais sitios de interese son o Museo Nacional de Liberia, o Templo Masónico (actualmente en ruínas), o mercado de Waterside, o Centro Cultural e un bo número de praias. A cidade ten tamén un zoolóxico e un dos estadios deportivos máis grandes de África, con capacidade para acoller 40.000 persoas. É a sede da Universidade de Liberia e do Cuttington College and Divinity School.

Monrovia 
Rúa de Monrovia, co hotel Old Ducor ao fondo

Comunicación

Monrovia está conectada por mar con Greenville e Harper, cidades liberianas. O aeroporto máis achegado, o Aeroporto Internacional Roberts, está situado a 60 km da cidade, en Robertsfield.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Monrovia HistoriaMonrovia A cidadeMonrovia NotasMonrovia Véxase taménMonrovia2003AtlánticoCapitalJames MonroeLiberia

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Marcos Maceira2004Nintendo DSSuso de ToroNeolíticoRamiro CarregalTerra de MirandaTomiño (planta)Jude BellinghamTereixa NavazaNacionalidade históricaEsvásticaVox populiWikipedia en kusaalMarcelo CaetanoManuel Lugrís FreireMoscovaAsturiasGisela LladóElena RivoAnne HecheOcéano ÍndicoMorañaJosé Manuel Rodríguez PuenteOs ResentidosXestaO sol do veránFran AlonsoMar MediterráneoJulia OteroJuan Ramón JiménezEva MejutoBetanzosThe Times of IndiaGalipediaAires da miña terraWikipedia en betawiCórdoba, EspañaAliança CatalanaPili PampínMoucho comúnMarcos PereiroXornalismoVicente RiscoElena CandiaLista das aves de GaliciaConcha BuikaXabier DeiveCangasO lobo da xenteCentro público integradoJoseba ApaolazaLista de emperadores romanosClub Deportivo ArenteiroRuta da pentosa fosfatoPedro SánchezAccidente de ChernóbilLingua portuguesaChantadaNúmero triangularLince (zooloxía)LugoLapa (molusco)Fermin MuguruzaLingua betawiLista de nomes masculinos en galegoXogo de apostaHistoria de EspañaSecretaría Xeral de Política LingüísticaEscáncer🡆 More