Milla: Unidade de lonxitude

A milla é unha unidade de lonxitude que non forma parte do sistema métrico decimal.

De orixe moi antiga, foi herdada da Antiga Roma e equivalía a mil pares de pasos camiñados por un home (en latín: mille passus, plural: milia passuum). Como os pasos eran dobres, a milla romana era aproximadamente igual a 1 467 m, e polo tanto un paso simple era duns 73 cm.

Antes de establecerse o Sistema métrico a milla foi unha das principais medidas de distancia en todo o mundo occidental, aínda que o seu valor variaba dun país a outro. Coa introdución do sistema métrico, os países latinos e outros moitos comezaron a usar o metro e os seus múltiplos para medir as distancias terrestres, e actualmente utilízase en todo o mundo, excepto nos países anglosaxóns e os do seu ámbito de influencia, onde aínda utilizan a milla.

Actualmente existen 2 tipos xerais de millas: Estatutaria (da que se empregan hoxe dous subtipos) e Náutica.

Milla estatutaria

Defínense dúas millas estatutarias de diferenzas case desprezables, a internacional e a de agrimensura.

Milla internacional

Chamada simplemente milla, séguese usando nos países anglosaxóns e equivale a 1 609,344 m. En inglés chámase statute mile. Nos países que utilizan o sistema métrico a milla aparece normalmente nos mapas a fin de que estes poidan ser estudados tamén polos anglosaxóns. Da mesma forma os países anglosaxóns van incorporando paulatinamente o quilómetro como dato adicional na súa cartografía.

Milla de agrimensura

Chamada survey mile en inglés. É usada a diario polo Servizo Público de Agrimensura de Terras dos Estados Unidos. É o equivalente 5.280 pés de agrimensura, aproximadamente 1 609 m.

Milla náutica

A milla náutica (NM, do inglés: Nautical Mile), tamén chamada milla marítima, introduciuse na náutica hai séculos, e foi adoptada, con moi lixeiras variacións, por todos os países occidentais. Aínda é utilizada por todos os navegantes do mundo, ata por aqueles que están afeitos ao sistema métrico. É igualmente usada para a navegación aérea. Equivale a 1 852 metros.

Tags:

Milla estatutariaMilla náuticaMillaImperio romanoLingua latinaMetroSistema métrico decimal

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Horatio NelsonAlejandro Fernández ÁlvarezMalariaLista de nomes femininos en galegoPasadena, CaliforniaHTML5Escultura barrocaPonte de RandeAlbert CamusLustroLucía VeigaDMC DeLoreanIria SobradoForrest GumpBélxicaHermann Heinrich GossenMarçal MolinéEsvásticaUnión do Povo GalegoNós (revista)Irene VillaBóraxMaribel VerdúPedro RieloRosalía (cantante)Xosefina de BeauharnaisMediaWikiRe-TROSCaralloFidel CastroHindemburg Melão Jr.Florentino PérezBrasilWiki CommonsGmailPalauXestaRocco SiffrediMatriz (matemáticas)FerrolSanta CompañaSalamancaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoEva CárdenasCapela SistinaLingua galegaFonte de Oliva, ValboaWikipediaMacedonia do NorteEdiciones AgoeiroLista de episodios de Sakura, cazadora de cartasAymeric LaporteCabana de BergantiñosRibadaviaSalzburgoO PorriñoTopónimos célticos en GaliciaPobo triquiBen AffleckAlpesXogoO Ézaro, DumbríaPrivacidadeNordés (vento)Casa de BonaparteA derradeira leición do mestreMicciónFestival de Bandas de música Meaño'92 (Fonoteca 92)1869Luís TosarGoogle Chrome🡆 More