Micro Audio Waves

Os Micro Audio Waves son un grupo musical portugués de música electrónica.

Micro Audio Waves
OrixePortugal
Período2000 - actualidade
Xénero(s)Electrónica
MembrosFlak
C. Morgado
Claudia Efe
Na rede
Sitio oficial
Musicbrainz: 7856b94c-1f8e-441f-959f-2fd29db83fe2 Songkick: 135741 Discogs: 363923 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Orixinalmente un dúo formado por Flak (guitarrista dos Radio Macau) e C. Morgado (instrumentos electrónicos) o grupo apareceu en 2000, e comezou por desenvolver composicións cunha orientación minimalista e experimental. Ese primeiro estilo pode ser ouvido no seu primeiro álbum Micro Audio Waves, lanzado en 2002.

3º Elemento

Coa entrada de Claudia Efe (voz) como membro efectivo do grupo, o proxecto asume unha nova dirección. A electrónica máis purista foi substituída por cancións electro-acústicas de estrutura máis clásica, sen traizoar a compoñente experimental. O álbum "No Waves", lanzado en 2004, foi considerado como un dos máis excitantes álbums do ano por John Peel da BBC Radio One, e gañou o Qwartz Electronic Music Awards en París (mellor álbum e mellor videoclip).

O logro principal foi a canción "Fully Connected", na cal as instrucións de montaxe dun aparello de estudo (lixeiramente alteradas, por exemplo "until the cable is fully connected" pasou a "until the body is fully connected") son cantadas dunha maneira moi sexy por Claudia Efe. O mesmo tipo de letra aparece na canción "sold out" (instrucións dun procesador de son).

Outro álbum, Odd Size Baggage foi posto á venda en abril de 2007. Dúas cancións, "down by flow" e "odd size baggage" xa foran presentadas. A canción "odd size baggage" mantén a tradición de letras baseadas en folletos de instrucións, neste caso as dun servizo de protección anti-roubo, StopTrack.

Zoetrope

En 2009, os Micro Audio Waves xúntanse ao coreógrafo Rui Horta para crearen "Zoetrope", un espectáculo multimedia so a forma de concerto encenado, híbrido entre a música, o vídeo, o movemento e a poesía. Tras estrea mundial en Moscova, "Zoetrope" ten percorrido varios escenarios nacionais e internacionais. Unha edición en DVD está prevista para outubro de 2009.

Discografía

Álbums

  • Micro Audio Waves (2002)
  • No Waves (2004)
  • Odd Size Baggage (2007)

DVD

  • Zoetrope (2009)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Micro Audio Waves TraxectoriaMicro Audio Waves DiscografíaMicro Audio Waves NotasMicro Audio Waves Véxase taménMicro Audio WavesBanda musicalPortugal

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

SeychellesJuan Miguel Diz GuedesChanfaina galegaXosé Luís Méndez FerrínArtur BordaloDereito de propiedadeXogos OlímpicosBaiuca (banda)AutismoTrasar de Carballo, Cartelos, CarballedoLe VilliCasa de AndradeLingua polacaMaría López SándezProxyCarbúnculo2005Sexo analBoiro NovoCelso ParadaCarrachaRafael Hernanz AnguloFacultade de Ciencias da CoruñaZMarina CastañoPneumáticaIntelixencia artificialCalorPepe CoiraAs crónicas do sochantreCastelo de MesíaPepe Domingo CastañoLingua inglesaTahuataEstados Unidos de AméricaIncursión portuguesa no Val de Monterrei (1801)Provincia de PontevedraOrchataXosé Manuel BeirasÁnxel CasalMar TirrenoXela AriasLoxosceles reclusaXeneLuísa MerelasCMarcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez LorigaSoajoLinguas románicasWayback MachineConverxencia Nacionalista GalegaCatión de amonio cuaternarioBenito KamelasSAlemañaFilipinasFrancisco Castro VelosoArtistaMartiño de DumioTrackbackLesmaCamiño de SantiagoRastroÁreas lingüísticas do galegoOhridLista de concellos de PontevedraDólar da Liberdade sentadaDécimas ao Apóstolo SantiagoCroaciaAsiaBulgariaElvis PresleyPedro Barrié de la Maza🡆 More