Melanitta Americana

Melanitta americana é unha especie de pato mergullador mariño da orde dos anseriformes, familia dos anátidos, e subfamilia dos merxinos, unha das seis integradas no xénero Melanitta.

Melanita americana
Melanitta Americana
Macho
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Merginae
Xénero: Melanitta
Subxénero: (Oidemia)
Especie: M. americana
Nome binomial
Melanitta americana
(Swainson, 1832)
En laranxa: Área de nidificación En amarelo: Ruta migratoria En azul: Área de invernada
En laranxa: Área de nidificación
En amarelo: Ruta migratoria
En azul: Área de invernada

En laranxa: Área de nidificación
En amarelo: Ruta migratoria
En azul: Área de invernada
Sinonimia
    Véxase o texto

Xunto con Melanitta nigra forma o subxénero Oidemia e, ás veces, son consideradas unha soa especie.

Taxonomía

Descrición

A especie foi descrita en 1832 polo naturalista e Wiki Galegoornitólogo inglés William John Swainson.

Sinónimo

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse como:

  • Melanitta nigra americana (Swainson, 1832)

Etimoloxías

Para a do xénero, ver Melanitta.

O epíteto específico, americana, alude á súa área de distribución (parcial).

Distribución

Melanitta americana reprodúcese no extremo norte de América do Norte, en Terra Nova e Labrador, ao sueste da baía de Hudson, en Alasca, e en Siberia, ao leste do estreito de Bering.

Pasa o inverno en zonas temperadas máis ao sur, nas costas do norte dos Estados Unidos e do Canadá, na costa do Pacífico até a rexión da baía de San Francisco, e no Atlántico até o golfo de México, e en Asia até o sur da China.​

Algunhas aves poden pasar o inverno nos Grandes Lagos. Tamén é un vagabundo moi raro no oeste de Europa.

Características

Melanitta Americana 
Femia

Este gran pato mariño caracterízase pola su forma voluminosa e o seu gran pico. O macho adulto ten toda a plumaxe negra e un pico moi bulboso que é maioritariamente amarelo. A femia ten a plumxe parda coas meixelas pálidas, moi similar á femia do pentumeiro (Melanitta nigra). A femia adulta ten un peso medio de ao redor de 980 g, e 45 cm de lonxitude, mentres que o macho adulto ten un peso medio de 1 100 g, e 49 cm de lonxitude.

Esta especie pódese distinguir doutros patos mariños, ademais do pentumeiro, pola falta de branco en calquera parte do corpo e as áreas pálidas máis extensas na femia.

Bioloxía

Esta especie mergúllanse en busca de crustáceos e moluscos mentres migran ou pasan o inverno nas costas mariñas. Mentres que cando aniñan, en auga doce, aliméntanse de insectos e das sús larvas, especialmente de tricópteros, ovos de peixes e, máis raramente, de vexetación, como algas mariñas mentres aniñan. Forman grandes bandadas en augas costeiras adecuadas nos cuarteis de inverno. Nestas bandadas están moi apertados e tenden a engalar xuntos; na temporada de reprodución son menos sociais. Suxeriuse que en augas costeiras esta especie prefire enseadas protexidas e posibelmente augas profundas.

Aniñan máis tarde que a maioría dos outros patos de América do Norte. As parellas fórmanse a finais do inverno ou na primavera. O niño, forrado con penuxe, constrúese no solo cerca do mar, de lagos o de ríos, en bosques ou na tundra. As femias poñen de 5 a 7 ovos. Cada ovo pesa de 60 a 74 g, un 8 % do peso corporal da femia. O período de incubación pode oscilar entre 27 e 31 días. As femias crían aos seus pitos durante unhas 3 semanas, despuois do cal as crías que aínda non poden voar deben valerse por si mesmas.

O macho realiza un movemento típico coa cabeza cara a abaixo cando estira as ás.

Ameazas

Debido a unha variedade de efectos, o cambio climático representa potencialmente a maior ameaza para esta especie. A diminución da duración da capa de neve primaveral nas rexións boreais de América do Norte relacionouse coa diminución da poboación de patos mariños, probabelmente debido a un desaxuste trófico, e a futura acidificación dos océanos pode conducir a unha diminución sostida dos moluscos que forman unha gran parte da súa dieta. A explotación comercial de moluscos bentónicos é unha ameaza adicional debido á competencia polos recursos alimentarios. Os derramamentos de petróleo e a contaminación crónica por petróleo ameazan á especie no período de muda de inverno, onde se dan concentracións grandes e altamente vulnerábeis da poboación, mentres que os lugaress de extracción de petróleo tamén poderían causar impactos de baixo nivel a través da perturbación humana e a degradación dos recursos alimentarios. A caza representa outra ameaza para a especie, cunha media de 9 500 aves que se cazan anualmente nos EE. UU. e 7 000 adicionais por ano en Canadá durante as décadas de 1980 e 1990. Porén, o número real de patos mortos pode ser moito maior, con estimacións máximas que superan os 24 000 nos EE. UU. en 1974 e os 23 000 ao ano en Canadá entre 1974 e 1982. Desde este período, o número de cazadores disminuíu considerabelmente. A especie é susceptíbel á gripe aviar e pode verse ameazada por futuros brotes do virus. Porén, é pouco probábel que a enfermidade afecte á maioría da poboación á vez, e só se encontrou un pequeno número de aves analizadas en varios países. Os transbordadores de alta velocidade poden perturbar a esta especie. Nalgunhas áreas, o hábitat de reprodución está ameazado pola eutrofización debido aos de nutrientes agrícolas.

Estado de conservación

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o status desta especie como LC (case amenazada) debido a que se sospeita que está experimentando unha diminución da poboación moderadamente rápida debido a unua serie de ameazas xeneralizadas (como as comentadas no parágrafo anterior).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi (1992): Handbook of the Birds of the World. Volume 1 Ostrich to Ducks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.
  • Godfrey, W. Earl (1986): Birds of Canada. Toronto: University of Toronto Press. ISBN 978-0-6601-0758-5.
  • Sibley, David Allen (2000): The Sibley Guide to Birds. New York: Alfred A. Knopf. ISBN 978-0-6794-5122-8.

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Melanitta Americana TaxonomíaMelanitta Americana DistribuciónMelanitta Americana CaracterísticasMelanitta Americana BioloxíaMelanitta Americana AmeazasMelanitta Americana Estado de conservaciónMelanitta Americana NotasMelanitta Americana Véxase taménMelanitta Americana

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

ExaculaciónMark WahlbergYolanda CastañoMercedes QueixasJosé Manuel Rodríguez PuenteVoleibolRicardo BeirasLista de exónimos en galegoAlbert EinsteinXosé Luís Méndez FerrínGrupo SargadelosRevolución dos caraveisLista de xentilicios de concellos galegosXinzo de LimiaRataTeoría de númerosJosé Luís Valladares FernándezDe NinghuresBigues i Riells del FaiÁlvaro MorataLandraJosé María Barreiro GómezAmazon2003Carlos NegroValenciaDiego AnidoSonDeSeuScarlett JohanssonCarmen LovelleFalange EspañolaEduardo PondalPablo EscobarLuisa CarnésTelevisión de GaliciaDomingo García-SabellEstadio de TammelaGarbiñe MuguruzaDoenza de Paget de mamaIsaac NewtonTonhito de PoiDonald TrumpManuel FragaÁngel CarracedoVox populiHenrique VIII de InglaterraLista de nomes masculinos en galegoAdolfo SuárezPedro RieloDonicelaTaylor SwiftBidueiroRebeliom do InframundoVáknerEnsaio (literatura)Cromosoma homólogoGolfiño comúnRomariz, Riós, RiósMaruxa MalloBojan KrkićSobreiraCessna T-37 TweetToniña comúnAs leis de CelavellaÁcido dipicolínicoXogo da chaveNoelia ReyEleccións municipais en SadaBenito KamelasEsther EstévezAna Luísa BouzaIndiaCarlos SoberaÁlvaro Porto DapenaDomingoRoberto Verino🡆 More