Xeografía Costa

A costa, beiramar ou mariña é o lugar onde a terra se une co mar.

Ten unha paisaxe inestábel, onde ás veces a terra pode crecer debido ao depósito de sedimentos e noutros casos pode diminuír polos procesos de erosión mariña. Mais as costas tamén mudan por outros factores, como o clima, a xeoloxía costeira, o vento, as ondas e as actividades humanas.

A enerxía do mar

Xeografía Costa 
Costa irlandesa

As mareas e correntes achegan á zona costeira parte da enerxía do mar, mais as ondas son o principal factor na formación das costas, ao entregar a maior parte da enerxía que erosiona, transporta e deposita os sedimentos. As ondas que percorreron longas distancias teñen unha enerxía considerábel como modeladoras das costas.

Corrente costeira

En zonas onde predominan os ventos e as ondas nun só sentido, a capacidade do mar para transportar materiais ao longo da costa, nun sentido determinado, produce un proceso chamado corrente costeira.

O problema que se vai resolver é o de encontrar a forma que adopta a superficie libre dunha capa de auga que cobre toda a Terra, cando consideramos as forzas de atracción que exercen o Sol e a Lúa.

Praias

As praias son o resultado dos depósitos de ondas construtivas, en xeral en zonas costeiras de escasa enerxía. Poden ser de sedimentos finos, como limo e area, ou de materiais máis grosos, como cantos rodados ou tamén como combinación destes tres elementos. O tipo de sedimento, a enerxía das ondas, a amplitude da marea e o efecto do vento determinará a forma da praia.

Costas erosivas

A erosión prodúcese nas costas que están expostas a ondas que percorreron unha gran distancia, ou con ventos mariños que traen moita enerxía. Estas costas están dominadas por acantilados, en cuxa base prodúcese unha plataforma erosionada polas ondas.

A erosión costeira é producida a través da acción hidráulica (a presión das ondas que rompen aos pés do acantilado) e do proceso polo cal os sedimentos da auga son lanzados contra a superficie rochosa.

Porén, vento e ar non son o mesmo: o vento é o movemento do ar. Os ventos globais xéranse como consecuencia do desprazamento do ar desde zonas de alta presión a zonas de baixa presión, determinando os ventos dominantes dunha área ou rexión. Ar: é o nome que recibe a combinación de gases que forma a atmosfera da Terra.

Paisaxes costeiras

Ademais de depender dos procesos de sedimentación e da erosión, as paisaxes costeiras dependen da estrutura da xeoloxía costeira e da natureza.

Os seres humanos tamén afectan a paisaxe. Entre as accións máis importantes está a construción de defensas costeiras, tanto para reducir o perigo das inundacións nas zonas baixas e tamén para controlar a erosión. As terras gañadas ao mar como no caso dos Países Baixos, constitúen 2.227 km².

Tags:

Xeografía Costa A enerxía do marXeografía Costa PraiasXeografía Costa Costas erosivasXeografía Costa Paisaxes costeirasXeografía CostaClimaErosiónMarSedimento

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

29 de abrilREC (filme)Caramelo (empresa)Mitoloxía galegaMarraxoGatoAlfonso LáuzaraCalendario gregorianoCarmen Martín GaiteGIraqPotaEl Progreso (xornal)1 de abrilSan Paio de Abeleda, Castro CaldelasSandra GonzálezFolgoso, Castro CaldelasEvencio FerreroDinahostingCelso Emilio FerreiroUFerrolO Alto do Castiñeiro, Narón, NarónSabugueiroSambesugaPorta SantaNava CastroMalpica de BergantiñosLuísa MerelasSoutomaiorA EstradaPonte dos SantosLinuxFiúnchoBeatriz DouradoTraxe galegoGaliciaReal Academia GalegaElvis PresleyOs vellos non deben de namorarseRequiarioCastro de PrismosMatria (filme)2Solace (filme de 2015)Televisión de GaliciaAlbaniaLista de xentilicios de concellos galegosCira, Silleda3Xosé Luís Franco GrandeMoinanteDaniel Carballo CodesidoRXunta de GaliciaXEleccións municipais en San Cibrao das ViñasXosé MonteagudoUnión SoviéticaAcerbaixánLista de ríos de GaliciaEsther EstévezPansexualidadeSalgueiroXosé Manuel PiñeiroMártires de CarralMúsica tradicional galegaNosce te ipsumBidueiroO Cuco de VelleCeutaCervo comúnQue me queres, amor?🡆 More