San Mateu Evanxelista, tamén designado como Mateu Leví, Leví de Alfeo e Mateu apóstolo, foi un dos doce apóstolos de Xesús e tamén un dos catro evanxelistas.
Represéntase cun libro na man, signo do seu evanxeo, e ás veces cunha pluma.
Nome orixinal | (he) מַתִּתְיָהוּ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século I Terra de Israel |
Morte | 74 Etiopía |
Causa da morte | Morte non natural (Decapitación ) |
Apóstolo | |
Datos persoais | |
Residencia | Cafarnaún |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | recadador de impostos , presbítero , Publicano |
Profesores | Xesús de Nazaret |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 21 de setembro (Igrexa católica) 16 de novembro (Igrexa ortodoxa) |
Símbolo iconográfico | Angel of Saint Matthew (en) |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Pai | Alfeu, pai de Levi (pt) |
Cronoloxía | |
Chamado de Mateus (pt) | |
|
O nome procede do hebreo Matithyah, que significa don de Iavé, ou presente, regalo de Deus. De aí adaptouse ó grego Maththaios e ó latín Matthaeus, de onde vén o nome Mateu nas linguas romances.
Dáselle o tratamento de santo por tódalas confesións cristiás que admiten esta distinción. A Igrexa Católica celebra a súa festa o 21 de setembro, pero a igrexa ortodoxa faino o 16 de novembro.
Antes de ser apóstolo, era recadador de impostos para os romanos en Cafarnaún, na antiga Galilea, e chamábase Leví (Mateu 9:9, Marcos 2:14, Lucas 5:27-29). Cando escoitou a predicación de Xesús abandonou todo e se incorporou ós seus discípulos, momento no que Xesús lle cambia o nome polo de Mateu e lle encarga a administración dos cartos que el e mailos apóstolos recibían como esmolas ou doazóns. Esta circunstancia fíxoo patrón dos banqueiros.
Trala morte de Xesús, a tradición di que foi evanxelizar Etiopía, aínda que non existen fontes documentadas disto nin das circunstancias da súa morte, martirizado nesta terra . Crese que os seus restos se conservan na catedral de Salerno (Italia).
Escribiu o primeiro evanxeo tal como aparecen ordenados nas biblias cristiás, cara aos anos 70-80, segundo Eusebio de Cesarea. Para algúns autores antigos, como Agostiño de Hipona, escribiuno en arameo, aínda que o certo é que tódolos materiais coñecidos, tanto completos como fragmentarios, están en grego. Corre tamén a teoría de que o texto coñecido é unha tradución posterior.
A imaxinería relixiosa represéntao cun libro na man ou cunha pluma, símbolos do labor como evanxelista. Como sexa que o seu evanxeo comeza describindo a xenealoxía humana de Xesús, tamén aparece acompañado dun home ou anxo, ou substituído por estas figuras. Igualmente, como trazo do seu oficio de recadador de impostos e tesoureiro dos apóstolos, tamén se lle representa escribindo sobre un cofre.
Noutros casos, aparece tamén dotado dunha macheta, dun coitelo, dunha lanza ou dunha fouce, como hipotéticos instrumentos do seu martirio.
É patrón do concello de Trazo e titular de cinco parroquias galegas:
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Mateu o Evanxelista |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Mateu o Evanxelista, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.