Manaus

Manaus é unha cidade histórica e portuaria, da Rexión Norte do Brasil, localizada no centro do maior bosque tropical do mundo.

É a capital do Amazonas, o maior estado brasileiro.

Modelo:Xeografía políticaManaus
Imaxe

HimnoHino do município de Manaus (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Localización
Manaus Editar o valor em Wikidata
 3°07′08″S 60°01′18″O / -3.1189, -60.021760°01′18″O / -3.1189, -60.0217
EstadoBrasil
Unidades da federaciónEstado do Amazonas Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación2.063.547 (2022) Editar o valor em Wikidata (181 hab./km²)
Xeografía
Superficie11.401,092 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude92 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1669 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataDavid Almeida (pt) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoCâmara Municipal de Manaus (pt) Traducir Circunscrición: 0, (Escano: 41) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal69000-000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico92 Editar o valor em Wikidata
Código de concello do Brasil1302603 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webmanaus.am.gov.br Editar o valor em Wikidata
Facebook: prefeiturademanaus Editar o valor em Wikidata

Xeografía e turismo

Foi fundada en 1669 polos portugueses. Localízase a unha latitude de 3º 6' 7" Sur e a unha lonxitude de 60º 1' 30" Oeste, estando a unha altitude de 92 metros. Sitúase na ribeira norte do río Negro, preto da súa confluencia co Solimões.

É a cidade máis poboada da Amazonia brasileira (a sétima do Brasil), segundo as estatísticas do IBGE, sendo unha das cidades brasileiras máis coñecidas internacionalmente, principalmente polo seu potencial turístico e polo ecoturismo, sendo o décimo maior destino de turistas no Brasil.

Historia

Orixe do nome: de poboado e vila a cidade

O nome "Manaus" é orixinado da tribo Manaos, hoxe extinta, que habitaba a rexión cando a chegada dos colonizadores portugueses, que a fundaron en 1669 co forte de São José do Rio Negro.

Foi elevada a vila en 1832 co nome de Manaus, que significa "Mai dos deuses", en homenaxe á nación indíxena dos Manaós, sendo legalmente transformada en cidade o día 24 de outubro de 1848 co nome de Cidade da Barra do Rio Negro. O 4 de setembro de 1856 volveu ter o seu nome actual.

Foi especialmente coñecida a principios do século XX, na época áurea do caucho. Nesa época foi bautizada como "Corazón da Amazonia" e "Cidade da Floresta".

Histórico

O 3 de xuño de 1542 o Río Negro foi descuberto por Francisco de Orellana, que lle puxo o nome. A zona na que se atopaba o forte de São José da Barra do Rio Negro foi habitada primeiramente polas tribos Manaós, barés, banibas e passés, as cales axudaron na construción do forte e pasaron a vivir en pallozas humildes nas proximidades do forte. A tribo dos manáos, considerada orgullosa polos portugueses, negábase a ser dominada e servir de man de obra escrava e entraba en enfrontamento cos habitantes do forte. Estas loitas só terminaron cando os militares portugueses comezaron a conectar cos manaós a través de vodas coas fillas dos Tuxauas, dando comezo así á intensa mestizaxe na rexión e dando orixe aos caboclos. Un dos líderes dos Manaós foi o indíxena Ajuricaba, que se opuxo á colonización dos portugueses e que, porén, apoiaba aos holandeses: Ajuricaba foi aprisionado e enviado a Belém, pero morreu en circunstancias misteriosas no percorrido da viaxe. Reza a lenda, que se lanzou ao río que tanto amaba, o río Negro, morrendo afogado xunto a outro líder indíxena.

Debido á colonización portuguesa, foi efectuado un traballo de esquecemento ou intento de borrar os trazos e obras históricas dos pobos indíxenas. Pódese notar pola destrución do cemiterio indíxena, onde hoxe se atopa a Praza Don Pedro e o Palacio Río Branco. Cando o gobernador Eduardo Ribeiro remodelou a praza e mandou nivelar as rúas que a cercaban, foron achados gran número de igazaba, pero actualmente non existe ningún marco indicando a súa existencia.

Problemas sociais e desenvolvemento urbano

Manaus concentra actualmente unha gran poboación e un crecemento considerado desordenado, xerando invasións en terreos públicos e particulares e o aumento das vivendas precarias. A pesar diso, a cidade ten moitos atractivos turísticos, polas riquezas naturais próximas, como a selva amazónica ou o río Amazonas (formado polo encontro dos ríos Solimões e Negro.

A cidade posúe tamén un distrito industrial na rexión coñecida como Zona Franca de Manaus. A zona franca foi creada por decreto en 1967 para auxiliar o seu desenvolvemento. As industrias podían instalarse e importar equipamentos e compoñentes coa exención de impostos. Instaláronse alí principalmente modernas industrias electrónicas (como Nokia, Samsung, Sony Ericsson, Sanyo, Toshiba, Gradiente, Panasonic etc.) e de motocicletas (Honda, Yamaha) que hoxe abastecen o mercado brasileiro e tamén exportan.

Coa chegada das industrias, creceu a oferta de empregos cualificados e mellor remunerados, inxectando máis diñeiro na economía local e mellorando o nivel de vida da poboación. Así, a pesar do crecemento xeral desordenado, a cidade mantén un baixo índice de mortalidade infantil: 22,7 mortes por mil nados vivos (menos que as cifras aceptadas pola ONU de 32 mortes por mil). Nas últimas dúas décadas houbo un esforzo en modernizar a cidade coa construción de diversos viadutos e pasos de nivel e a apertura de longas avenidas que comunican a cidade; ademais ten cinco terminais de autobuses.

Desenvolvemento económico e financeiro

O ciclo do caucho

Un importante ciclo económico do Amazonas foi o "ciclo do caucho": época na que os inmigrantes fuxían da seca e se instalaban nos seringais comandados polos baróns do caucho.

Nesta época, a participación inglesa foi importante para xurdir melloras na cidade de Manaus, construíndo obras importantes, como a rede de sumidoiros, a auga encanada, a luz eléctrica, o porto, tranvías, pontes, produto dos beneficios que proviñan da venda do caucho. Moitos de tales servizos non existían no resto do país.

Para a elite amazónica foi un período de moito luxo, no que os comerciantes mandaban os seus fillos a estudar en Europa. Os edificios eran construídos con materiais europeos, destacando o Teatro Amazonas, o Mercado Adolpho Lisboa e o predio da Alfándega, construídos co beneficio obtido na Época Áurea da Goma.

A capital da Amazonia foi unha das primeiras cidades brasileira que contou con luz eléctrica, tratamento de augas e demais obras. En 1909, Manaus pasou a albergar a primeira institución de ensino superior brasileira, hoxe chamada Universidade Federal do Amazonas.

Durante o auxe do ciclo económico do caucho foi construído o Teatro Amazonas que sorprendeu ao mundo co seu luxo, requinte e beleza arquitectónica. É o principal patrimonio cultural arquitectónico do Amazonas. Ese templo de arte retomou o seu apoxeo coa realización do Festival Amazonas de Ópera e coa presentación no seu escenario de espectáculos clásicos e populares de danza, música e teatro de artistas locais, nacionais e internacionais.

Economía, polo industrial e Manaus ante o mundo

Manaus 
Porto flotante de Manaus (1990).

Actualmente o seu principal motor económico é o Polo Industrial de Manaus, en gran parte responsable do feito de que a cidade teña o sexto Produto Interior Bruto (PIB) do país en 2007. O seu porto, a 1500 km do mar, é de grande importancia.

Posúe a maior rexión metropolitana do norte do país e a décimo segunda do Brasil, con 2 210 825 habitantes. (IBGE/2009).

O crecemento constante de Manaus intentando establecerse como unha das cidades máis importantes non foi desapercibido. En 2008, o World Cities Study Group and Network (GaWC), do Reino Unido, incluíu o nome da cidade nunha lista de cidades clasificadas pola súa economía, cultura, acontecementos políticos e patrimonio histórico. A cidade foi clasificada na mesma categoría doutras áreas metropolitanas do mundo de grande importancia, como Ancara, Salt Lake City, Tashkent, Marsella e Durban, sendo que a cidade quedou por riba doutras como Tijuana, Sevilla, Libreville e Halifax.

Desenvolvemento da Área Metropolitana

En outubro de 2011, durante a cerimonia de apertura da Ponte sobre o río Negro, que abarca 3595 metros e tivo un custo de 1,1 mil millóns de dólares, por mor do 342 aniversario da capital do Amazonas, a Presidenta anunciou o agasallo de aniversario prometido: a prolongación da Zona Franca de Manaus durante 50 anos máis e a extensión dos beneficios a toda a rexión metropolitana. Rousseff fixo fincapé en que a extensión dos incentivos para o Polo Industrial de Manaus, xunto coa Ponte, xerará emprego e permitirá a preservación do medio ambiente.

Para o goberno do Amazonas a ponte vai máis alá da arquitectura monumental, levando o desenvolvemento ás rexións do río Purus e o Solimões, alén dos municipios adxacentes. Un exemplo é a produción oleira en Iranduba e o incremento do turismo en Novo Airão e outros municipios da RMM. Preténdese duplicar a estrada Iranduba-Manacacupu (AM-070), permitindo aos produtores rurais que se conecten a través da rede viaria á capital sen a necesidade de "intermediarios" comerciais.

A ponte, bautizada como Ponte Rio Negro, é a maior ponte de tirantes do Brasil, xa que a sección suspendida por cables mide 400 metros; é ademais a segunda maior ponte fluvial no mundo, superada só pola ponte sobre o río Orinoco, en Venezuela. Na súa construción empregáronse ​​aceiro e cemento en cantidade suficiente para erguer tres estadios do Maracanã. Debido á acidez das augas do Río Negro, engadíronse materiais silíceos anticorrosivos ao cemento empregado nas estacas e no taboleiro.

A súa anchura total é de 20,70 metros no treito convencional e 22,60 metros na parte con tirantes. A vía terá catro pistas de tráfico, dúas en cada sentido, ademais da franxa de paseo para peóns a cada lado. O mastro central soporta dous vans de 200 metros a cada lado. A estrutura, en forma de diamante, está dividida en tres partes: un cono de punta-cabeza por baixo do taboleiro, un cono por enriba do taboleiro e o principio do mastro. O formato aerodinámico foi adoptado para diminuír a fricción co vento.

A rede viaria inclúe, alén da ponte, 1,9 km de acceso viario no lado de Manaus e 5,5 km de pista en Iranduba; implantouse un sistema de soportes contra o choque de embarcacións e un sistema de sinalización náutica, ademais da iluminación da parte con tirantes da ponte.

Xunto ao Teatro Amazonas, a ponte vén sendo considerada un dos maiores e máis importantes monumentos da arquitectura da Amazonia, e representa un fito na integración da rexión metropolitana de Manaus (RMM), fundada en 2007, que forman oito municipios e preto de 2,1 millóns de habitantes.

Notas

Véxase tamén

Tags:

Manaus Xeografía e turismoManaus HistoriaManaus Problemas sociais e desenvolvemento urbanoManaus Desenvolvemento económico e financeiroManaus NotasManaus Véxase taménManausBrasilEstado do Amazonas, BrasilHistoriaPorto (comunicacións)

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

José Luis Rodríguez ZapateroContactXeración do 36Ibn al-AbbarJoan Manuel SerratCoco (bacteria)Eva CárdenasNarónTransformador (modelo de aprendizaxe automática)2015RibadeoRaquel Castro MartínezMergullón cristadoPalmaVichelocregoVicepresidencia do Goberno de EspañaValentín García GómezLucie IdloutRepública ChecaEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Míster EspañaBoyanka Kostova (grupo musical)LeninJorge LorenzoEleccións municipais en SadaNeptunoThe HivesTeoMaría Antonieta de AustriaBubelaRoko (actriz)O Barco de ValdeorrasO incerto señor Don HamletAmieiroA chave das nocesPablo EscobarCaraveleiraManuel Gago MariñoMecanismo de AnticiteraPampallínHans ZimmerAgustín Fernández PazBrasilLola FloresPúrpuraDomingoAdolfo SuárezHelsingin JalkapalloklubiPonte 25 de AbrilBlogRías Baixas (serie de televisión)Avenida da Liberdade (Lisboa)AsteraceaeSegunda guerra mundialTonhito de PoiPontellaJulio Iglesias RedondoHenrique VIII de InglaterraScarlett JohanssonEva MejutoPosición do misioneiroGonzalo MellaTradescantia fluminensisHLA-DMJesús Vázquez AlmuíñaPosicións sexuaisYolanda DíazNúmero piElena CandiaEsencia de trementinaLeninismoNacho Vegas🡆 More