Mércores Santo

O Mércores Santo acaba a primeira parte da Semana Santa cristiá, marcando o final da Coresma e o comezo da Pascua.

O Mércores Santo ten lugar a traizón de Xudas Iscariote, que se reúne co Sanedrín, o tribunal relixioso xudeu, para condenar a Xesús.

Mércores Santo
Trono da Santísima Virxe do Primeiro Dor (Californios), Cartagena.

Liturxia

O Evanxeo do Mércores Santo continúa coa traizón de Xudas Iscariote neste caso en relato de San Mateu:

Naquel tempo, un dos Doce, chamado Xudas Iscariote, foi aos sumos sacerdotes e propúxolles:
-«Que estades dispostos a darme, se volo entrego?»
Eles axustáronse con el en trinta moedas. E desde entón andaba buscando ocasión propicia para entregalo. O primeiro día dos Ázimos achegáronse os discípulos a Xesús e preguntáronlle:
-«Onde queres que che preparemos a cea de Pascua?»
El contestou:
-«Ide á cidade, a casa de Fulano, e dicídelle: "O Mestre di: O meu momento está preto; desexo celebrar a Pascua na túa casa cos meus discípulos"».
Os discípulos cumpriron as instrucións de Xesús e prepararon a Pascua. Á tardiña púxose á mesa cos Doce. Mentres comían dixo:
-«Asegúrovos que un de vós vaime a entregar.»
Eles, consternados, puxéronse a preguntarlle un tras outro:
-«Son eu acaso, Señor?»
El respondeu:
-«O que mollou na mesma fonte que eu, ese vaime a entregar. O Fillo do home vaise, como está escrito del; pero, ai! do que vai entregar ao Fillo do home!; máis lle valería non ter nado».
Entón preguntou Xudas, o que o ía a entregar:
-«Son eu acaso, Mestre?»
El respondeu:
-«Dixéchelo ti».
Mateu 26, 14-25

Celebracións

  • En Ferrol celébranse cinco procesións: a do Cristo dos Navegantes, a da nosa Señora da Mercé e do Santísimo Cristo Redentor, a do Cristo do Perdón e María Santísima dos Desamparados, a da Penitencia (cuxa imaxe titular é o Santísimo Cristo Xacente) e a de Noso Pai Xesús Camiño do Calvario.
  • En Viveiro, procesiona o Viacrucis procesional de homes, no que os homes realizan as catorce estacións de penitencia. O día anterior ten lugar o de mulleres.

Véxase tamén

Tags:

CoresmaCristianismoPascua cristiáSemana SantaXesús de NazaretXudas Iscariote

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

RadamantisAndy y LucasJosé MujicaBollywoodGeographic Names Information SystemAmoeiroXHamsterMonforte de LemosMondoñedo (1904)PortugalLeiloio, Malpica de BergantiñosMosOblivion (filme de 2013)Manuel MongeTaylor SwiftA Bela OteroAvril LavigneAvelino CachafeiroSilvia AbrilLabios (xenitais)David BroncanoComunidade autónomaSobradoConan IV da BretañaMarie CurieTancredo de HautevillePolinesia FrancesaWayback MachineCalendario gregorianoJacobo BucetaCastorTito AsoreyMoinanteReal Academia GalegaDoraemonEiraDiego Armando MaradonaLista de WikipediasMalaisiaFran AlonsoMaría Luísa de SavoiaJoseph VacherAs Pontes de García Rodríguez640DraconianMeteoGaliciaEl LuísDisco de viniloPilar BahamondeNicolas CageCristina MaróPablo PicassoDeportivo da CoruñaReintegracionismoElvis PresleyRamón Otero PedrayoMaribel VerdúPau GasolOllos de augaDaniel de la TorreRamón María del Valle-InclánConcepción ArenalPeretJosé Pablo del Bado RivasAlfabeto galegoYara LamasJackson PollockÁnxel CasalCélula pancreática acinarSalamancaTalo (talófitas)Santiago de CompostelaPili PampínSergio Ramos🡆 More