Luciano De Samosata

Luciano de Samosata (en grego antigo Λουκιανός / Lukianós), nado en Samosata cara ao 125 e finado en Alexandría cara ao 180, foi un retor e escritor satírico, natural de Siria, que escribía en grego, nun estilo neoático.

Infotaula de personaLuciano de Samosata
Luciano De Samosata
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Λουκιανὸς ὁ Σαμοσατεύς Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoc. 120 Editar o valor em Wikidata
Samósata (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mortec. 180 Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , biógrafo , filósofo , escritor satírico , poeta Editar o valor em Wikidata
Período de tempoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
ProfesoresDemônax (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo, Koiné e Lingua siríaca Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Bitraga: 1153 Discogs: 5052892 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Luciano naceu en Samosata, capital de Commagene, provincia de Siria. Os seus pais destinaron para a profesión de escultor cun seu tío, irmán da nai. Luciano abandonou o obradoiro, pois non tiña gusto por esta arte, aínda que a lenda conta que foi debido a que rompeu unhas lascas de mármore. Dispúxose daquela enteiramente ao estudo das letras, das que moi logo estivo en condicións de sacarlles partido. Até a idade dos corenta anos dedicouse a preitear como avogado ou a dar leccións de retórica, primeiro en Antioquía, logo en Atenas .Foi a partir desa idade cando comezou a escribir para o público e a viaxar. Pasou a Italia, onde realizou unha longa estadía. Desde aí marchou para a Galia, para a continuación trasladarse a Asia Menor. Finalmente radicouse en Exipto, onde o emperador Marco Aurelio lle asignara importantes funcións administrativas e xudiciais. Posibelmente faleceu en Alexandría, arredor do ano 180, nos primeiros anos do reinado do emperador Cómodo.

Antes de acadar as honras estatais, Luciano xa lograra adquirir fortuna e sona. Os seus escritos obtiveron éxito, á par que ingresaba sumas considerábeis polas leccións e a declamación da súa propia obra, ao xeito dos sofistas e dos rétores da época. Logo de contar o soño que determinara, segundo dicía, a súa vocación literaria, engadiu : « Quen escoite a narración do meu soño sentirá, estou seguro, renacer o valor na súa alma. Collerao por exemplo, reflectirá o que eu era, cando comecei a miña carreira e me baixei ao estudo sen me queixar nada da pobreza que entón me apresaba; e quererá imitarme, vendo a situación a que cheguei perante vós, non menos ilustre que algún escultor, por non dicir que aínda máis ».

Obra

Atribúenselle máis de 80 obras. Tomou de Menipo o diálogo humorístico, a medias entre o diálogo filosófico e a comedia. Os seus diálogos máis coñecidos son os Diálogos de deuses e os Diálogos dos mortos. Esta última obra inspirou o Phalarismus do polemista Ulrich von Hutten, Les Héros de roman de Boileau, así como os Dialogues des morts de Fénelon Escribiu así mesmo numerosos diálogos ironizando, nun estilo moi próximo ao dos cínicos, sobre os filósofos. Redactou tamén exercicios satíricos imitando o estilo dos retóricos, como os eloxios irónicos: Eloxio da calvicie ou Eloxio da mosca.

Os seus Relatos verídicos, nos que o protagonista viaxa até a Lúa, é, sen ambaxes, considerada como un antecedente das obras de ficción-científica. Esta obra influíu na Histoire comique des États et Empires de la Lune (Historia cómica dos Estados e Imperios da Lúa) de Cyrano de Bergerac e máis no Micromegas de Voltaire.

O conxunto da obra de Luciano encontrou no século XIX o seu mellor eco nas "Pequenas obras morais" de Giacomo Leopardi.

Selección de obras

Luciano De Samosata 
Clásicos en Galego 21: Diálogos de deuses e Diálogos de prostitutas.
  • O Soño.
  • A un home que lle dixera: ti es un Prometeo nos teus discursos.
  • Nigrino ou o retrato dun filósofo.
  • O xuízo das vogais.
  • Timón ou o misántropo.
  • Alción ou a metamorfose.
  • Prometeo ou o Cáucaso.
  • Diálogos de deuses.
  • Diálogos mariños.
  • Diálogos dos mortos.
  • Menipo ou a neciomancia.
  • Caronte ou os contemplativos.
  • Sobre os sacrificios.
  • As Seitas na poxa (ou Seitas á venda).
  • O Pescador ou os resucitados.
  • A Travesía ou o tirano.
  • Sobre aqueles que están a libre disposición dos grandes.
  • Apoloxía para aqueles que están a disposición dos grandes.
  • Sobre un falla cometida ao saudar.
  • Hermotino ou as seitas.
  • Herodoto ou Etión.
  • Zeuxis ou Antíoco.
  • Harmonido.
  • O Escita ou o proxeneta.
  • Como se debe escribir a Historia.
  • Relatos verídicos
  • Tiranicida.
  • O fillo desherdado.
  • Falaris.
  • Alexandre ou o falso adiviño.
  • Sobre a danza.
  • Lexifano.
  • O Eunuco.
  • Sobre a astroloxía.
  • Demonax.
  • Os amores.
  • Os retratos.
  • Para os retratos.
  • Toxaris ou a amizade.
  • Lucio ou o asno.
  • Xúpiter confundido.
  • Xúpiter tráxico.
  • O Soño ou o galo.
  • Icaromenipo ou a viaxe sobre das nubes.
  • A dupla acusación ou os burros.
  • O parasito.
  • Anacarsis ou os ximnasios.
  • Sobre o duelo.
  • O mestre de retórica.
  • O mentirán compulsivo ou o incrédulo.
  • Hipias ou o baño.
  • Prefacio ou Baco.
  • Prefacio ou Hércules.
  • Sobre o ámbar e os cisnes.
  • Eloxio da mosca.
  • Contra un ignorante bibliómano.
  • Non se debe crer á lixeira na delación.
  • O pseudoloxista.
  • Sobre un apartamento.
  • Exemplos de lonxevidade.
  • Eloxio da patria.
  • Sobre os dipsados.
  • Discusión con Hesíodo.
  • O Navío ou os desexos.
  • Diálogos de prostitutas.
  • Sobre a morte de Peregrino.
  • Os fuxitivos.
  • As Saturnais.
  • O Banquete ou os lapitas.
  • Sobre a deusa siria.
  • Eloxio de Demóstenes.
  • A asemblea dos deuses.
  • O cínico.
  • O pseudosofista ou o solecista.
  • Caridemo ou sobre a beleza.
  • Nerón ou o furamento do istmo.
  • Filopatris ou o home que se instrúe.
  • A tragodopodagra.
  • Ocipo ou o home de pés lixeiros.
  • Epigramas.

Luciano en galego

Pódese consultar:

  • Diálogos de deuses. Diálogos de prostitutas (trad. Mª Teresa Amado Rodríguez). Vigo. Ed. Galaxia. 2002. Colección Clásicos en Galego n.º 21; edición bilingüe grego-galego 247 páxs. ISBN 84-8288-855-3
  • Relatos verídicos, tradución de Xurxo Pereira e Xosé Abilleira. Rinoceronte, 2010. 98 páxinas, ISBN 978-84-92866-15-1.

Notas

Véxase tamén


Ligazóns externas

Tags:

Luciano De Samosata TraxectoriaLuciano De Samosata ObraLuciano De Samosata Luciano en galegoLuciano De Samosata NotasLuciano De Samosata Véxase taménLuciano De Samosata125180AlexandríaGrego antigoLingua gregaRetóricaSiriaSátira

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Impresión dixitalAustraliaErros e TánatosGazpachoAs aves na cultura popular galegaTahuataAs Cruces, SobradoÁlvaro CunqueiroFreixoRamón López RodríguezArtur BordaloLista de etimoloxías dos concellos de GaliciaEstados Unidos de AméricaVicente Risco2008ChairaMullerTropicosCemiterio de Santo Amaro da CoruñaCastelo de MesíaAdvanced Encryption StandardEscudo de VenezuelaAustriaLuis VilariñoLiga do PeloponesoAgostoElena CandiaLedicia CostasEnxoval funerarioMiguel Ángel Zabalza BerazaMarge SimpsonCartas dos indios CamarõesBoyanka Kostova (grupo musical)Concello de CanedoPrimeira guerra mundialFernando AbreuEl Correo GallegoTrasnoContigo PódeseWayback MachineRamón Pardo AriasCaxade (grupo)José Pablo del Bado Rivas1914CondónCobreRastroTemperaturaWikipediaCristianismoRicardo Varela SánchezIránGolfiño comúnCharles BronsonBipartito galegoCaixa de HockettMaioRío Mao, río SilIsabel I de InglaterraMáis alá!Atol FangataufaO MariscalPesticidaCañita BravaHeorhiy NarbutFlandresCacheiras, TeoBlas García PiñeiroVladimir GudeljPneumáticaRelación sexual humanaXunta de GaliciaLugo🡆 More