Luis Caruncho: Pintor, escultor e gravador galego (1929-2016)

Luis María Caruncho Amat, nado na Coruña o 15 de xaneiro de 1929 e finado en Madrid o 7 de outubro de 2016, foi un escultor, pintor e xestor cultural galego.

Infotaula de personaLuis Caruncho
fillo predilecto Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1929 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de outubro de 2016 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de Arte A Palma
Círculo de Belas Artes de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , escenógrafo , crítico de arte , galerista , escultor , gravador , xestor cultural Editar o valor em Wikidata
EmpregadorMuseo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, director (1995–2005)
Cuartel do Conde-Duque, director (1983, 1993–1991, 1995) Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoConstrutivismo e Arte abstracta Editar o valor em Wikidata
ProfesoresDaniel Vázquez Díaz (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webcaruncho.eu Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Profesional

Naceu na casa familiar da rúa Fontán da Coruña e pasou a infancia na Coruña. Na mocidade trasladouse coa familia a Madrid ao terminar a guerra (1940). Aínda de mozo, e por mediación do seu pai, coñeceu outros artistas como Joaquín Vaquero Palacios e José Caballero. Empezou a construír pequenas pezas e achegouse aos centros artísticos da Escola de Artes e Oficios de Madrid e do Círculo de Bellas Artes.

Fixo o bacharelato en Madrid; aínda que tentou inicialmente entrar na Academia Xeral do Aire., mudou a aviación polos estudos de enxeñería industrial, arquitectura e finalmente en arte. Naquela etapa de formación viaxou por Europa, fundamentalmente París e Aix-en-Provence. Finalmente diplomouse como arquitecto técnico. Á súa volta a Madrid comezou a traballar como aparellador no concello de Madrid, ata que obtén unha excedencia para poñerse como aparellador de xeito privado. Como tal, participou na obra de remodelación da Fundación Camilo José Cela, de Iria Flavia.

Mais tamén realizou traballos por mor da súa carreira artística no eido da xestión cultural: foi promotor e comisario artístico e tamén xestor cultural. Chegou a dirixir o Centro Cultural del Conde Duque, en Madrid, desde a súa inauguración en 1983 ata 1995, agás un breve período durante o que foi director expositivo do concello de Madrid. Coa súa xubilación pasou a dirixir o Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, entre 1995 e 2005. Tamén se dedicou á promoción artística como galerista privado, e foi o dono da galería Kandinsky en Madrid, un dos centros de arte importantes da capital española na década dos 70 e 80 (a partir de 1974). E mesmo chegou a desenvolver proxectos de escenografía para producións teatrais

Carreira artística

En paralelo desenvolveu a súa carreira artística, e cultivou a pintura, a arquitectura, o gravado e a escultura, que realizou e expuxo tanto en galerías como en espazos ao aire libre, de España e doutros lugares do mundo, a miúdo por encargo de embaixadas do goberno español. Tamén en representación de España participou nas bienais de São Paulo, Valparaíso ou Alexandría. Artisticamente cultivou a abstracción e o construtivismo, con referencias artísticas como Piet Mondrian, Kasimir Malevich, ou nun contexto español, Daniel Vázquez Díaz ou Pablo Palazuelo. Foi un dos promotores do construtivismo en España e da abstracción en Galicia nos anos 50 e 60, a canda os seus compañeiros de xeración Manuel Molezún, Manuel Mampaso e José María de Labra.

En 1971 asinou o "Manifesto do grupo aberto de Arte Construtiva Tridimensional" canda os artistas e críticos Feliciano Hernández, De Labra, Maribel Nazco, Salvador Soria, Senén Ubiña, Ricardo Ugarte e Carlos Areán. Anos máis tarde, xa na década dos oitenta, fundou o Grupo Ruedo Ibérico, inicialmente cos tamén artistas José Caballero e Álvaro Delgado, aos que se lles engadirían posteriormente José María Iglesias, Salvador Victoria, José Luis Fajardo, José Luis Morales y Marín e José Manuel Caballero Bonald.

Hai obra de Caruncho en coleccións de arte como a de Afundación, a do Palacio da Zarzuela, no Centro Galego de Arte Contemporánea, o Centro de Arte Raíña Sofía, o Museo da Fundación Pilar y Joan Miró, Museo Maside e o Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa.

Obra

Como comisario artístico prologou e curou catálogos, para os que tamén redactou textos artísticos, como de mostras sobre Laxeiro, María Antonia Dans ou outros artistas, galegos ou non.

Galardóns

Vida persoal

  • Casou en dúas ocasións.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Mon, Fernando: Caruncho. Madrid, Ministerio de Educación, 1979.
  • Mon, Fernando: Pintura contemporánea en Galicia. A Coruña, Caixa Galicia, 1987.
  • Pablos, Francisco: Plástica galega. Vigo, Caixa de Aforros Municipal de Vigo, 1981.
  • I e II Mostra Unión Fenosa. A Coruña, 1989 e 1991.
  • VV. AA.: Caruncho a París. Catálogo da Galería Urban. París, 1976.
  • Dorfles, Gillo: Últimas tendencias del arte de hoy. Barcelona, Edit. Labor, 1976.

Ligazóns externas

Tags:

Luis Caruncho TraxectoriaLuis Caruncho ObraLuis Caruncho GalardónsLuis Caruncho Vida persoalLuis Caruncho NotasLuis Caruncho Véxase taménLuis Caruncho

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

O CarballiñoVacaÁlvaro Porto DapenaCaso Asunta BasterraRefraneiro galego sobre o mes de maioTraxe galegoLorenzo VarelaSystem of a DownLingua galegaMilánPecados capitaisO Barco de ValdeorrasLuis Mateo DíezDavid MellaVerónica ForquéRicardo BeirasAUniversidade de ManchesterDiáspora galegaPapuxa das amorasMercedes QueixasAltriMiguel Ángel Zabalza BerazaAmieiroSalgueiro MaiaAmérica LatinaRoberto BautistaRibeiraComarcas de GaliciaLista de nomes masculinos en galegoVox populiFollas novasDomingo García-SabellEduardo Blanco AmorLista das aves de GaliciaThe HivesPunta UmbríaJesús Hidalgo BermejoEstadio de TammelaTradescantia fluminensisAsteraceaeGoizuetaHard GZXabier DeiveGoogleFlora invasora de GaliciaEstadio Municipal de RiazorCarrasco (planta)Mergullón cristadoDos arquivos do trasnoHans ZimmerMarcelo Rebelo de SousaAs leis de CelavellaVincent van GoghCarlos CasaresO porco de péInglaterraRembrandtBibTeXComarca de SarriaLuisa CarnésCromosoma homólogoJoan Manuel SerratEleccións municipais en SadaSantiago de CompostelaHarry StylesEstados Unidos de AméricaHomosexualidadeVicepresidencia do Goberno de EspañaRosalía de CastroManuel Lourenzo SobralLontreiraGalaicos🡆 More