Linguas Austronesias: Familia de linguas das illas do sueste de Asia e do Pacífico

As linguas austronesias son unha familia de linguas amplamente dispersos a través das illas do sueste de Asia e do Pacífico, con algunhas linguas faladas en Asia continental.

O malgaxe é unha excepción, sendo falado en Madagascar. É un dos grupos de linguas maior do mundo, tanto en canto a número de linguas (1244 de acordo con Ethnologue) como en canto a extensión xeográfica (desde Madagascar ata a Illa de Pascua. O nome provén do grego austronesia que significa "illas do sur".

O descubrimento da familia precede ao das linguas indoeuropeas (establecida a partir do século XIX de forma certa). Desde 1706, o lingüista Hadrian Reland xa subliñara o parecido entre a lingua falada en Futuna, o malaio e o malgaxe, a partir do glosario recollido por Jacob Lle Maire en Futuna. A existencia dunha familia de linguas, que máis tarde será denominada austronesia, recoñécese definitivamente en Catalogo delle Lingue de Lorenzo Hervas y Panduro en 1784. En 1834, a familia, estendida ata a illa de Pascua, é bautizada como malaio-polinesia polo lingüista Wilhelm von Humboldt en Über die Kawi-Sprache auf der Insel Java (1836-1839). As linguas melanesias foron tratadas a parte durante longo tempo, en parte por prexuízos raciais, a pesar dos traballos do lingüista Otto Dempwolff (1920).

As linguas austronesias divídense en 10 ramas, nove das cales fálanse en Taiwán e algunhas illas próximas e que se agrupan dentro das linguas formosanas, sen relación co chinés. As ramas que permaneceron en Taiwán mostran grandes diferenzas entre si. A rama restante é a chamada malaio-polinesia que engloba a todas as demais linguas da familia. Esta rama subdivídese en dous grandes subgrupos: o grupo occidental cuns 300 millóns de falantes e o oriental con aproximadamente un millón de falantes.

A lingüística comparativa, apoiada por achados arqueolóxicos, localiza a orixe dos devanceiros lingüísticos da familia no suroeste da actual China desde onde emigraron cara a Taiwán.

Algúns lingüistas cren que a familia tai-kadai debería colocarse dentro dunha versión expandida da familia austronesia. Outros se decantan a favor dunha relación coa familia sino-tibetana. E finalmente outros propuxeron unha relación coas linguas afroasiáticas, formando unha superfamilia áustrica. Ningunha destas propostas gañouse a aceptación da comunidade científica.

As linguas malaio-polinesias tenden á reduplicación (repetición de todo ou parte dunha palabra) para expresar o plural e todas as linguas austronesias teñen unha entropía baixa, é dicir, os textos son bastante repetitivos en canto á frecuencia dos sons. A maioría non posúe grupos de consoantes (como [str] ou [mpl]) e ten un número de vogais pequeno, sendo cinco o máis común.

División

Algunhas das ramas e linguas máis importantes son:

Tags:

AsiaEthnologueFamilias de linguasIlla de PascuaLingua gregaLingua malgaxeMadagascarPacífico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

PoesíaMoinanteJude BellinghamLareiraJuana AcostaBubelaJoan Manuel SerratTelevisión de GaliciaDelfínAmazonTradescantia fluminensisFerroAtlánticaRamiro CarregalColocación do pronome átono en galegoTotó GarcíaHans ZimmerLeitzaldeaCayetana Álvarez de ToledoBibTeXJesús Vázquez AlmuíñaMasculino e feminino en galegoSystem of a DownValenciaParroquias de GaliciaBeatriz LuengoGran Guerra IrmandiñaCinema pornográficoFoca monxeNarónIrene JunqueraPadrónMiguel de CervantesMommy Dead and DearestDepartamento de ApurímacJorge PeteiroMilánGrupo SargadelosTwitterRoberto BautistaFranciaDorothé SchubarthClara CampoamorLista de episodios de Shin ChanLista de estacións de tren de GaliciaJava (linguaxe de programación)Deportivo da CoruñaAguia imperial ibéricaFigueresCarlos de Matos GomesRosalía de CastroBrasilDos arquivos do trasnoLeonardo da VinciMañónEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Pardo de Cela22 de xulloEditorial GalaxiaCarrizo (paxaro)Ramón Otero PedrayoLista de ósos do esqueleto humanoXurxo AyánCanle (comunicación)Cristiano RonaldoAvenida da Liberdade (Lisboa)António de Oliveira SalazarJorge LorenzoCubaMartín SarmientoVilagarcía de ArousaSéculos EscurosVincent van GoghAbrilUniversidade de Santiago de CompostelaXosé Luís BernalFederico Jiménez Losantos🡆 More