Laurent Gbagbo

Laurent Koudou Gbagbo, nado o 31 de maio de 1945 en Gagnoa, é un político marfilés que foi presidente do seu país entre 2000 e 2010.

Infotaula de personaLaurent Gbagbo
Laurent Gbagbo
Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Laurent Koudou Gbagbo Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de maio de 1945 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Gagnoa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente de Costa do Marfil
26 de outubro de 2000 – 11 de abril de 2011
← Robert GuéïAlassane Ouattara →
Member of the National Assembly of Cote d'Ivoire (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaFrancia (1985–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeCosta do Marfil Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade París-Diderot
Universidade de Lyon (pt) Traducir
Universidade Paris-Cité (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , escritor , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoParti des peuples africains-Côte d'Ivoire (en) Traducir (2021–)
Frente Popular Marfinense (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioLe boulanger d'Abidjan
Le Woody de Mama Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Outro
CónxuxeSimone Gbagbo
Nady Bamba
FillosMichel Gbagbo (en) Traducir
 (Laurent Gbagbo) Editar o valor em Wikidata
Condenado porsen valor Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
Papeis de Panamá Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webgbagbo.ci Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Formación

Gbagbo naceu na aldea de Mama, preto de Gagnoa. Estudou Historia e comezou a traballar como profesor desa materia, ao tempo que iniciaba as súas actividades de oposición ao réxime ditatorial de Félix Houphouët-Boigny. Prendeuno a policía en marzo de 1971 e permaneceu no cárcere case dous anos, ata xaneiro de 1973. Logo marchou a Francia onde se doutorou en Historia pola Universidade París Diderot. De volta a Costa do Marfil, converteuse no director do Instituto de Historia, Arte, e Arqueoloxía Africana da Universidade de Abixán. En 1982 participou nunha folga de profesorado e participou na creación da Fronte Popular Marfilesa (FPI), feito que o levou de novo ao exilio a Francia. Regresou do exilio en 1988 para asistir ao congreso constituínte do seu partido, do que foi proclamado secretario xeral.

Inicios políticos

En 1990 presentouse ás primeiras eleccións multipartidistas do país, como candidato único das forzas da oposición a Houphouët-Boigny. Malia contar co apoio económico do presidente de Burkina Faso, Blaise Compaoré, só obtivo o 18.3% dos votos. Conseguiu, iso si, un escano na Asemblea Nacional, canda outros oito membros do FPI.

Gbagbo fora escollido por Ouragahio, no departamento de Gagnoa e foi voceiro do grupo parlamentario do FPI desde 1990 a 1995. En 1992 foi acusado polo goberno de Boigny de incitación á violencia, e foi xulgado e condenado a prisión. Liberado uns meses despois, o FPI boicoteu as eleccións presidenciais de 1995, pero participou nas lexislativas, onde Gbagbo revalidou o seu escano por Ouragahio e tamén o cargo de voceiro do seu grupo parlamentario.

No III Congreso do FPI de 1999 foi elixido candidato ás eleccións presidenciais do 2000. Pero antes dos comicios Robert Guéï encabezou un golpe de estado, fíxose co poder, e postulouse el mesmo como candidato ás eleccións. Ademais, Guéi prohibiulles a outros candidatos opositores, como Alassane Ouattara ou Henri Konan Bédié, concorrer aos comicios, co que Gbagbo quedou como único representante da oposición. Nos comicios, celebrados o 22 de outubro de 2000, os dous candidatos reclamaron a vitoria e un levantamento popular en Abixán fixo fuxir a Guéi e colocou a Gbagbo no poder o 26 de outubro.

A guerra civil

    Artigo principal: Guerra Civil de Costa do Marfil.

Dous anos máis tarde, o 19 de setembro de 2002, prodúcese un intento de golpe de estado militar contra o goberno de Gbagbo. Os soldados toman Bouaké e Korhogo, pero fracasan na conquista de Abixán. Os soldados rebeldes recibían apoio de Burkina Faso, e o goberno de Gbagbo axusou a Francia de favorecer tamén os rebeldes, punto negado polas autoridades galas. A situación mantívose e evolucionou cara a unha guerra civil con dous gobernos, un situado no norte, de maioría musulmá e outro situado no sur do país, de maioría cristiá. En 2003 chegouse ao Acordo de paz de Linas-Marcoussis, que incluía o despregamento de forzas de pacificación internacionais (fundamentalmente francesas), a creación dun goberno de unidade nacional de carácter neutral, e o continuidade de Gbagbo na presidencia.

Posguerra

Logo da sinatura do acordo, presentáronse diversas dificultades para conseguir o seu cumprimento. Como o desarmamento dos rebeldes non se producía, Gbagbo lanzou ataques aéreos contra os rebeldes, e nun deses ataques morreron nove soldados franceses en Bouaké. O goberno marfilés dixo que fora un erro, pero o exército francés respondeu bombardeando as posicións de Gbagbo, o que ocasionou diversos pogroms antigalos en Abixán.

O mandato de Gbagbo remataba en outubro de 2005, pero ante a imposibilidade de celebrar eleccións pediu unha extensión dun ano co arbitrio da Unión Africana. O plan foi aprobado polo Consello de Seguridade das Nacións Unidas. Ao cabo dun ano as condicións seguían sen darse, e Gbagbo solicitou un novo adiamento, neste caso coa clara oposición dos demais partidos e dos rebeldes do norte. A ONU concedeulle o adiamento, en troques de que o primeiro ministro Charles Konan Banny, gozase de maiores poderes. Gbagbo aceptou o acordo de maneira xeral, pero dixo que algúns puntos que violaban a constitución marfilesa non serían de aplicación.

O 4 de marzo de 2007 asinouse un novo tratado de paz entre o goberno e os rebeldes das Forzas Novas de Costa do Marfil en Ouagadougou, e como consecuencia Guillaume Soro, dirixente rebelde, convertíase en primeiro ministro.. O 30 de xullo de 2007 ten lugar unha cerimonia de desarmamento en Boauké onde Soro e Gbagbo queiman simbolicamente un contedor con armas. Durante a cerimonia Gbagbo declarou que a guerra estaba por fin rematada, e que tería que producirse unha rápida convocatoria electoral. En 2008 o FPI elixe de novo a Gbagbo como candidato ás eleccións presidenciais , pero os comicios volven adiarse ata 2010.

Eleccións de 2010

Finalmente, en 2010 ten lugar o proceso electoral, e pasan á segunda volta Gbagbo e Alassane Ouattara. O 28 de novembro Ouattara imponse nas urnas cun 54.1% dos votos, pero os resultados non son publicados ata catro días despois. Gbagbo acusa a Ouattara de fraude, mais os observadores internacionais négano. O Tribunal Constitucional decide entón anular os votos de diversos colexios do norte do país onde vencera Ouattara, sinalando que non foran limpos, e sen eses colexios o vencedor era Gbagbo con apenas o 51%. Gbagbo entón decide pechar as fronteiras, declara ilegal a prensa estranxeira e resístese a deixar o poder. Os gobernos internacionais, incluídas a Unión Africana e a CEDEAO, recoñecen a vitoria de Ouattara e solicítanlle a Gbagbo unha transición pacífica. Con todo, os enfrontamentos en diversos puntos do país reábrense de novo o 4 de decembro de 2010, coa ameaza dunha nova guerra civil.

Ouattara pola súa banda tamén se proclama presidente e comeza o seu avance dende as posicións do norte cara a Abixán, a principal cidade do país, onde se refuxia Gbagbo. A finais de marzo as tropas rebeldes cercan a cidade. O 5 de abril de 2011, as axencias de prensa reportaron que Gbagbo estaría negociando a súa rendición. Porén, esta rendición non se produciu, e o 11 de abril foi detido, logo dunha semana de asedio na súa residencia.

En novembro de 2011 o exército ivoriense entregouno ao Tribunal Penal Internacional da Haia.


Predecesor:
Robert Guéï
 Laurent Gbagbo 
Presidente de Costa do Marfil
 
2000 - 2011
Sucesor:
Alassane Ouattara

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Laurent Gbagbo TraxectoriaLaurent Gbagbo NotasLaurent Gbagbo Véxase taménLaurent Gbagbo19452000201031 de maioCosta do Marfil

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Cantiga de amigoMarçal MolinéSupremme de LuxeFernando Salgado GarcíaRaoul VázquezTranvía de ZaragozaPeer-to-peerMareas vivasMáquina comecartosContactorManuel Lugrís FreireOs ÁnxelesDjalminhaModelo OSIPeníscolaVerbos galegos facer, dicir e haberDonostiaIsabel Feodorovna RomanovaAntolín FaraldoMoucho comúnTuiA memoria da choivaAngelina JolieSayenPanteón de Galegos IlustresSantiago de CompostelaXeración NósMarie CurieBimba y LolaProxyLeninDodecágonoRaquel Sánchez-SilvaLos MotoresSuso Díaz EstévezXosé Manuel PiñeiroXurxo ChirroSabela (Operación Triunfo)PoloniaRoberto Vidal BolañoXinzo de LimiaXHamsterPadre CasaresPaula CarballeiraUMasculino e feminino en galegoCanle (comunicación)GallaeciaPratos combinadosXosé Luís Méndez FerrínReino suevoÁngel CarracedoMonforte de LemosAbrilGacelaSydney SweeneyMads MikkelsenDover (banda)Tristán UlloaAC-960FerrolLista de concellos da CoruñaThe OffspringCentauroAltriPilar AbellaCristovo ColónJorge PeteiroSabugueiroRamón Otero PedrayoLeonardo da VinciMiguel Ángel Zabalza BerazaNoiaFala de Estremadura🡆 More