Kanada

Kanada (en sánscrito: कणाद, IAST: Kaṇāda), tamén coñecido como Kashyapa, Uluka, Kananda e Kanabhuk, foi un científico natural e filósofo da India que fundou a escola Vaisheshika da filosofía india que tamén é un fos primeiros físicos da India.

Infotaula de personaKanada
Kanada
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo II a. C. Editar o valor em Wikidata
Dvārakā (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mortep. século II a. C. Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo Editar o valor em Wikidata

Estímase que viviu nalgún momento entre os séculos VI e II a.C., mais sábese pouco da súa vida. O seu nome tradicional "Kanada" significa "comedor de partículas", e é coñecido por desenvolver os fundamentos dunha achega atomísta á física e á filosofía no texto sánscrito Vaiśeṣika Sūtra. O seu texto coñécese tamén como Kanada Sutras, ou Aforismos de Kanada.

A escola fundada por Kanada explica a creación e a existencia do universo propoñendo unha teoría atómica, aplicando a lóxica e o realismo, e foi unha das primeiras ontoloxías realista e sistemática na historia. Kanada suxeriu que todo pode ser subdividido, mais que esta subdivisión non pode continuar sempre, e ten que haber entidades máis pequenas (parmanu) que non poden ser divididas, que son eternas, que se agregan en diferentes formas para formar substancias complexas e corpos con identidade única, un proceso que involucra a calor, e esta é a base para toda a existencia material. Empregou estas ideas co concepto de Atman (alma, mesmo) para desenvolver un significado non teístico de moksha. Dende o punto de vista da física, as súas ideas implican un papel claro para o observador, independente do sistema estudado.

As ideas de Kanada foron influentes noutras escolas do hinduísmo, e durante a historia foi fortemente asociado coa escola Nyaya da filosofía hindú.

O sistema de Kanada fala de seis propiedades (padārthas) nomeables e coñecibles. Afirma que estas son suficientes para describir todo no universo. Estas categorías son dravya (substancia), guna (calidade), karman (movemento), samanya (universal), visesa (particular) e samavaya (inherencia). Hai nove clases de substancias (dravya), algunhas delas atómicas, outras non atómicas e outras omnipresentes.

As ideas de Kanada abranguen un amplo rango de campos, e influíron non só na filosofía, senón posiblemente en estudosos doutros ámbitos, como Charaka que escribiu un texto médico que se conserva chamado Charaka Samhita.

Datas

O século en que viviu Kanada non está claro e foi asunto de longo debate. Nun artigo de 1961, Riepe afirma que Kanada viviu antes do 300 a.C., mais non hai evidencias convincentes para situalo nun século determinado.

O Vaisheshika Sutras menciona a competición de escola de filosofía india como Samkhya e Mimamsa, mais non menciona o budismo, o que levou a algúns estudosos a estimar a súa vida no século VI a.C. O manuscrito do Vaisheshika Sutras consérvase en múltiples versións e o descubrimento de novos manuscritos en diferentes partes da India por Thakur en 1957 e Jambuvijayaji en 1961, seguidos por estudos críticos, suxiren que o texto atribuído a Kanada foi sistematizado e finalizado entre o 200 a.C. e o inicio da era común, coa posibilidade de que as súas doutrinas clave sexan moito máis antigas. Numerosos textos hindús datados nos séculos I e II, como o Mahavibhasa e o Jnanaprasthana do imperio Kushan, citan e comentan as doutrinas de Kanada. As súas ideas tamén se mencionan en textos budistas do mesmo período atribuídos a Aśvaghoṣa.

Na literatura xainista, coñécese como Sad-uluka, que significa "o Uluka que propuxo a doutrina das seis categorías". A súa filosofía Vaisheshika tamén aparece con nomes diversos, como "filosofía Aulukya" derivado do alcume Uluka (literalmente bufo, ou comedor de gran na noite).

Notas

    Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Kanada DatasKanada NotasKanada Véxase taménKanadaFísicaIASTIndiaLingua sánscrita

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

NeornithesDonicelaSalgueiroLingua rusaPresidente de SomaliaVilla MediciEmpalme do ARNRevolución galega de 1846Luísa VillaltaPigmento biolóxicoRoko (actriz)Músculo lisoKaren UhlenbeckCarpa comúnMundial de Fútbol de 1982EtiopíaHistoria da ChinaNational Security AgencyAncaraAlexander MostovoiApodiformesEmma StoneLipoproteína de baixa densidadeFroita silvestreIllas GalápagosGripeAlbert LuqueQuiralidade (química)Arco de TitoEscualenoCameloCaldeirónBacillus thuringiensisCarballeda de ValdeorrasLingua osetaGiotto di BondoneJuan Carlos Rodríguez CebriánLingua erzyaRepública Krajina de SerbiaEurocopa de FútbolTartaruga xigante das GalápagosLingua latinaMcLarenMaroon 5PárkinsonFasiánidosSan Xoán de RíoPontevedraXosé Ramón GayosoXosé Manuel PiñeiroSupernovaCommelinidaeDodecágonoJosé Luis GilKuopioPegaTom HanksMax VerstappenLingua zazaki1869As Pontes de García RodríguezLocativoADN ZWorld Trade Center (1973–2001)EguaStoffel VandoorneMaría JamardoÁcido cápricoDía Internacional dos TraballadoresRenacemento carolinxioAmérica do NorteInstrumentalCoreano (peixe)Francisco Porto Mella🡆 More