José María Acuña López, comunmente citado como Acuña, nado en Salcedo (Pontevedra) o 4 de abril de 1903 e finado en Vigo o 4 de xuño de 1991, foi un escultor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de abril de 1903 Salcedo, España |
Morte | 4 de xuño de 1991 (88 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando Colexio Rexional de Xordos de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escultor |
Empregador | Colexio Rexional de Xordos de Santiago de Compostela Cerámica Celta |
Profesores | Francisco Asorey |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios
| |
Fillo dun ferreiro e membro dunha familia humilde de oito irmáns, el e outros tres eran xordos de nacemento. Estudou Belas Artes na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, cunha bolsa da Deputación de Pontevedra. Foi discípulo de Francisco Asorey. Traballou na Cerámica Celta de Pontecesures e desenvolveu unha importante labor docente, coma profesor de debuxo, modelaxe e talla, no Colexio Rexional de Xordomudos de Santiago, do que fora alumno.
Fixo de Galicia, os seus cidadáns e os seus costumes o tema central da súa creación. Entre as súas obras máis coñecidas destacan as de peregrinos, coma as do Monte do Gozo e San Caetano, Santiago de Compostela.
Premiárono coa Medalla de Prata ao Mérito no Traballo en 1973 e a Medalla Castelao no ano 1990. O CEIP Escultor Acuña de Coia, Vigo, centro de referencia para a integración de alumnado con discapacidade auditiva, así como rúas nas cidades de Pontevedra e Vigo, levan o seu nome.
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José María Acuña López |
This article uses material from the Wikipedia Galego article José María Acuña López, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.