José Elduayen: Político español

José Elduayen Gorriti, Marqués do Pazo da Mercé, nado en Chinchón, Comunidade de Madrid o 22 de xuño de 1823 e finado en Madrid o 24 de xuño de 1898, foi un enxeñeiro e político español, ministro de Facenda durante o reinado de Amadeu I, ministro de Ultramar e ministro de Estado durante o reinado de Afonso XII e novamente ministro de Estado e ministro de Gobernación durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena.

Infotaula de personaJosé Elduayen
José Elduayen: Traxectoria, Recoñecementos, Galería de imaxes
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xuño de 1823 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xuño de 1898 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor em Wikidata
José Elduayen: Traxectoria, Recoñecementos, Galería de imaxes Senador do Reino
José Elduayen: Traxectoria, Recoñecementos, Galería de imaxes Gobernador civil da provincia de Madrid
José Elduayen: Traxectoria, Recoñecementos, Galería de imaxes Deputado no Congreso dos Deputados

Circunscrición electoral: Q42899708 Traducir
Ministro de Relacións Exteriores
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndiplomático , político , enxeñeiro de camiños Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Traxectoria

José Elduayen: Traxectoria, Recoñecementos, Galería de imaxes 
José Elduayen en 1878.

Foi fillo de José Elduayen y Garayoa e de Ángela Gorriti. Logo de obter a licenciatura en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos en 1844, dirixe as obras do Ferrocarril de Langreu que se converteu na terceira liña férrea inaugurada en España e a primeira con proxecto enteiramente español. Neses anos comezaba a súa carreira na función pública, como responsable de Obras Públicas en Xixón. En 1855 trasladouse a Vigo. Participou na creación da Compañía del Ferrocarril de Medina a Zamora y de Orense a Vigo (MZOV), asumindo desde 1865 o control total da empresa. Con base no negocio ferroviario creou unha ampla rede clientelar na provincia de Pontevedra.

Foi pai adoptivo de Ángel Elduayen Mathet (1855-1927).

Casou o 25 de maio de 1856, en primeiras nupcias, con Carmen Martínez y Montenegro (1838-1895), filla de Francisco Javier Martínez Enríquez, marqués de Valladares, coa que tivo dúas fillas:

  • a maior, María de los Milagros Elduayen Martínez (1858-1888), foi oitava marquesa de Valladares polo seu propio dereito e marquesa de Alcedo e de San Carlos polo seu matrimonio en 1883 con Fernando Quiñones de León, titular destes dous marquesados;
  • a segunda, María de los Dolores Elduayen Martínez, nada en Vigo o 14 de febreiro de 1860, foi segunda marquesa do Pazo da Mercé (1901), oitava marquesa de Mos (1919) e décima de Valladares (1919), faleceu o día 1 de febreiro de 1929 sen lograr descendencia do seu marido, Miguel López de Carrizosa y de Giles (1857-1919), marqués de Casa Pavón y de Mochales.

Enviuvou, Elduayen, e, en segundas nupcias, casou con Purificación Fontán y Pérez-Palma (c. 1844-1921), bisneta de Buenaventura Marcó del Pont e filla de Ventura Fontán y Marcó del Pont, Administrador-Director do Real Sitio de El Buen Retiro e da súa fábrica de porcelana, marquesa do Pazo de la Merced.

José Elduayen: Traxectoria, Recoñecementos, Galería de imaxes 
José Elduayen en 1885.

Marqués do Pazo da Mercé desde 1875, militou no Partido Conservador co que concorreu ás eleccións de 1857 obtendo un escano no Congreso por Vigo. Nas sucesivas eleccións celebradas ata 1879 volverá a obter o escano por este distrito con excepción das eleccións de 1867 e nas de 1871, 1872 e 1873 cando foi deputado polo distrito da Cañiza.

José Elduayen: Traxectoria, Recoñecementos, Galería de imaxes 
Estatua nos xardíns de Montero Ríos.

En 1877 mercou o Castelo de Monterreal de Baiona, onde levantou un palacete. O castelo sería vendido en 1924 por Ángel Elduayen Mathet ao asturiano Ángel Bedriñana Meana e vendido en 1966 ao estado español, e derrubado o palacete de Elduayen, para construír o Parador de turismo actual.

En 1878 pasou ao Senado como senador vitalicio chegando a presidir a Cámara Alta entre 1896 e 1898.

Foi ministro de Facenda entre o 26 de maio e o 13 de xuño de 1872 nun goberno que presidiu Francisco Serrano Domínguez, ministro de Ultramar en dúas ocasións: entre o 12 de febreiro de 1878 e o 7 de marzo de 1879, e entre o 9 de decembro de 1879 e o 19 de marzo de 1880 en gobernos de Antonio Cánovas del Castillo destacando nesta segunda etapa a promulgación da Lei de Abolición da escravitude en España que poñía fin ás prácticas escravistas aínda vixentes en Cuba. Posteriormente foi ministro de Estado en tres ocasións: entre o 19 de marzo de 1880 e o 8 de febreiro de 1881, entre o 18 de xaneiro de 1884 e o 27 de novembro de 1885, e entre o 19 de xaneiro e o 5 de marzo de 1896 en todas baixo a presidencia de Cánovas. Finalmente, entre o 23 de novembro de 1891 e o 25 de xuño de 1892 foi ministro de Gobernación noutro gabinete Cánovas.

Tamén foi gobernador civil de Madrid e gobernador do Banco de España entre 1877 e 1878.

Ó día seguinte do seu pasamento en 1898, e embalsamados os seus restos, foron trasladados en ferrocarril, canda os dos seus pais, da Estación del Norte de Madrid a Vigo, onde foron velados na antiga Casa do Concello da Praza da Constitución, e dende alí foron levados e depositados en senllos sepulcros nos laterais do interior da capela do Cemiterio de Pereiró, financiada polo propio Elduayen.

José Elduayen: Traxectoria, Recoñecementos, Galería de imaxes 
Caricatura en Don Quijote, 1895.
José Elduayen: Traxectoria, Recoñecementos, Galería de imaxes 
R/ Elduayen, postal de Krapf.
Predecesor:

Juan Francisco Camacho
José Elduayen: Traxectoria, Recoñecementos, Galería de imaxes 
Ministro de Facenda
1872
Sucesor:


Servando Ruiz Gómez

Predecesores:

Cristóbal Martín de Herrera
Salvador Albacete
José Elduayen: Traxectoria, Recoñecementos, Galería de imaxes 
Ministro de Ultramar
1879 - 1879
1879 - 1880
Sucesores:


Salvador Albacete
Cayetano Sánchez Bustillo

Predecesores:

Francisco de Borja Queipo de Llano
Servando Ruiz Gómez
Carlos Manuel O'Donnell
José Elduayen: Traxectoria, Recoñecementos, Galería de imaxes 
Ministro de Estado
1880 - 1881
1884 - 1885
1896
Sucesores:


Antonio Aguilar Correa
Segismundo Moret Prendergast
Carlos Manuel O'Donnell

Predecesor:

Francisco Silvela y de la Vielleuze
José Elduayen: Traxectoria, Recoñecementos, Galería de imaxes 
Ministro de Gobernación
1891 - 1892
Sucesor:


Raimundo Fernández Villaverde

Predecesor:
Pedro Salaverría
 Gobernador do Banco de España 
1877-1878
Sucesor:
Martín Belda y Mencía del Barrio

Recoñecementos

En vida, os concellos de Baiona, Tui e Vigo (1887) adicáronlle o nome de senllas rúas. O 23 de agosto de 1896 inaugurouse un monumento en Vigo, feito por subscrición popular, obra do escultor Agustí Querol i Subirats e o arquitecto Jenaro de la Fuente Domínguez, que logo sería desprazado en dúas ocasións e está situado, actualmente, nos xardíns de Montero Ríos.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

José Elduayen TraxectoriaJosé Elduayen RecoñecementosJosé Elduayen Galería de imaxesJosé Elduayen NotasJosé Elduayen Véxase taménJosé Elduayen1823189822 de xuño24 de xuñoAfonso XIIAmadeu I de EspañaChinchónComunidade de MadridEspañaMadridMaría Cristina de Habsburgo-LorenaMinisterio de Asuntos Exteriores de EspañaMinisterio de Economía e Facenda de EspañaMinisterio do Interior de España

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Alto do FioucoBelgradoSt. LouisAbdul Kalam2019Lingua islandesaGuerraLinguas de EuropaBoeing 767North American Racing TeamSexo analKaren UhlenbeckRibocimaHaile GebrselassieÁcido caprílicoAglais urticaeHibernia (personificación)Gran Premio de Bahrain de 2018MukhannathunPobo galegoPedro RieloCaviarCopa do SarSelenaGarcía Pardiñas Vilar de FrancosDarío Caramés RuzaForróMaceda2005SahelVilla MediciEguaBronquioliteVilar de SantosMarineraMúsica das películas de Chano PiñeiroAmancio OrtegaPierre GaslyLista de vehículos de Mercedes-BenzPhoenicopteriformesRetrato de TenochtitlanActinopterygiiCentral térmica das PontesOurenseDavid BroncanoArianna d'OttoneBrecaFasiánidosRanger 5LisboaLobeiraPorto RicoAntônio Carlos JobimDobre hélice de ácidos nucleicosKevin LoveKylian MbappéÁcido pentacosílicoArmeniaStoffel VandoorneConcellos de GaliciaGrupo EroskiPlovdivRaleigh, Carolina do NorteContratoCrise financeira de 2007-2008Lingua xeorxianaEscitasGuepardoCameloCarballeda de ValdeorrasSan Martiño, FranciaJoe BidenPili PampínShirley ChisholmTurboventiladorA Dictionary of Greek and Roman Antiquities🡆 More