A Cañiza: Concello da comarca da Paradanta, na provincia de Pontevedra

A Cañiza é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Paradanta.

Segundo o IGE no 2020 tiña 5122 habitantes (6719 en 2003). O xentilicios é (véxase no Galizionario) canizán ou canicense.

Modelo:Xeografía políticaA Cañiza
A Cañiza: Toponimia, Poboación, Xeografía
A Cañiza: Toponimia, Poboación, Xeografía
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 42°12′46″N 8°16′28″O / 42.212777777778, -8.27444444444448°16′28″O / 42.212777777778, -8.2744444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor em Wikidata
CapitalA Cañiza Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación5.090 (2023) Editar o valor em Wikidata (47,09 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie108,1 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude570 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde da Cañiza Editar o valor em WikidataLuis Antonio Gómez Piña Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais na Cañiza Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36880 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE36009 Editar o valor em Wikidata

Páxina webcaniza.org Editar o valor em Wikidata

Toponimia

A Cañiza é un dos poucos topónimos castelanizados de Galicia aínda vixente e que así consta no Nomenclátor de Galicia. Desta forma deriva o xentilicio (véxase no Galizionario) cañicense. A Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia estableceu que o nome correcto e orixinal era A Caniza, forma aínda viva entre algúns habitantes das parroquias do concello. Non obstante, aínda non se executou a aprobación por parte do Consello da Xunta de dita modificación.

O topónimo orixinal fai referencia ás primeiras construcións na zona: casetas ou canastros feitas de canas entrelazadas e colmados (coñecidos na zona coma canizos ou canizas) e ergueitas polos veciños de Valeixe.

Poboación

Censo total (habitantes) 5342 (2014)
Menores de 15 anos 632 (11,83 %)
Entre 15 e 64 anos 3159 (59,13 %)
Maiores de 65 anos 1551 (29,03 %)
A Cañiza: Toponimia, Poboación, Xeografía
Evolución da poboación da Cañiza   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7923 7655 8186 7810 6782 6583 6461 5511 5416 5342 5230 5234 5233 5173 5180 5122 5115
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Limita ao norte cos concellos de Covelo e Melón (leste da provincia de Ourense), ao sur con Crecente, Arbo e As Neves, e ao oeste con Salvaterra de Miño, Mondariz e Covelo.

O seu relevo é accidentado, pois está situado entre unha zona de monte baixo da serra do Faro de Avión (situada ao nordeste) e o val do río Deva (ao sur). A maior altitude acádase no Alto da Cruz (1095 m).

A súa rede hidrográfica está formada polos ríos Uma (afluente do Tea), Ribadil e Deva (afluentes do Miño).

Climatoloxicamente está situada en transición entre o clima oceánico e o mediterráneo, segundo a zona.

Historia

Na zona habitou a tribo dos oestrimnios, que foron expulsados polos celtas. Da cultura megalítica quedan diversos restos, como os complexos rupestres de Laxiña das Cruces, Coto da Regueira do Valiño e Casiñas dos Mouros, os complexos megalíticos con gravados de Tomada de Estremadoiro e Coto da Vella, e os complexos megalíticos de Guntín, Aráns, Casiñas dos Mouros e A Cañiza.

Durante a Idade de Ferro o lugar estivo posiblemente habitado polos grovios. Daquela época quedan o castro de Grades, o castro de Monte Coto do Castro, o castro de Coto das Cavadas e o castro de Barreiros.

Logo da romanización as terras do concello foron enmarcadas no conventus Bracarensis. Na Idade Antiga, tralo I Concilio de Braga, as terras quedaron adscritas á diocese de Tui. O mosteiro da Franqueira posiblemente teña a súa orixe nunha ermida do século VI, da época de Martiño de Dumio.

No século IX, durante o reinado de Afonso II de Asturias, as terras do castelo de Sobroso, ao que pertencía o val de Achas, foron incluídas no reino de Galicia.

En 1056 Fernando I dá un privilexio do mosteiro da Franqueira, as súas terras e moradores ao abade Alvito e os monxes beneditinos. En 1147 Afonso VII outorga ao abade Odoario e aos monxes o dereito de coto. En 1293 a orde do Císter constrúe a igrexa de Santa María. Paio de Soutomaior, señor de Salvaterra, doou as terras dos cotos da Franqueira, O Cebreiro, Uma, Sendín e Pintelos, doazón que confirmaron Xoán I e Henrique III. O mosteiro desapareceu como tal en 1835, trala desamortización de Mendizábal.

A vila da Cañiza aparece documentada por primeira vez en 1583. As primeiras edificacións foron canastros (que nesta zona reciben o nome de canizos) feitas polos veciños de Valeixe para atender os cultivos da zona. Logo de construírse a capela do Doce Nome de Xesús, en 1790 o bispo de Tui, Domingo Fernández Angulo, erixiu A Cañiza como parroquia adxunta á de Valeixe, separándose definitivamente en 1815.

A Cañiza: Toponimia, Poboación, Xeografía 
Bosquexo da Vila de Sta. Teresa de A Cañiza 1838

No ministerio de Defensa consérvase un bosquexo da vila en 1838 por Fernando de Castro

Na Cañiza editáronse os periódicos Nueva Cañiza (1927-1933) e La Cañiza (1932-1934).

Símbolos

O escudo heráldico oficial do concello da Cañiza foi aprobado mediante decreto en 2007, e ten o seguinte brasonamento:

De prata, un carballo sobre terreiro de sinople, follado e froitado de nove landras de goles; bordura xadrezada de goles e prata.

Ademais, na mesma data aprobouse tamén a bandeira do concello, pano de verde cunha franxa vertical de branco no terzo do centro e, nesta, un carballo de verde follado e froitado de nove landras de vermello.

  • Batalláns xa chega/ coa súa santiña,/ e cara a Franqueira/ connosco camiña .
  • Vinme triste en Ponteareas,/ e da Cañiza a Melón,/ mais cheguei a Ribadavia/ e ensanchouse o corazón.

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Cañiza

As Achas (San Sebastián) | A Cañiza (Santa Teresa) | O Couto (San Bartolomeu) | A Franqueira (Santa María) | Luneda (Santa María) | Oroso (Santa María) | Parada das Achas (Santiago) | Petán (San Xián) | Valeixe (Santa Cristina)

Lugares da Cañiza

Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Cañiza vexa: Lugares da Cañiza.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Tags:

A Cañiza ToponimiaA Cañiza PoboaciónA Cañiza XeografíaA Cañiza HistoriaA Cañiza SímbolosA Cañiza na literatura popularA Cañiza Galería de imaxesA Cañiza ParroquiasA Cañiza Lugares da CañizaA Cañiza NotasA Cañiza Véxase taménA Cañiza2003Comarca da ParadantaIGEProvincia de Pontevedrawikt:canicensewikt:canizán

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xaxún no islamLU-170Ledicia CostasXogo da chaveTesouro de Saddle RidgeJava (linguaxe de programación)Posición do canDiego González RivasMondraHoliSobreiraFerrolParroquias de GaliciaReino de GaliciaNoruegaBiblioteca Gabriel García MárquezMar MediterráneoDavid BustamanteCaralloRevolución galega de 1846Alejandra MurguíaCataluñaBeatriz MatoSandroLista de castelos de PortugalDía das Letras GalegasEva CárdenasDía do LibroCarlos CasaresEstripeiroMariano RajoySonsoles EspinosaIrmandiñosBibiana FernándezBerrogüettoFuga de cerebrosBurgosAlberto Núñez FeijóoCampo Municipal de Las LlanasEstadio Municipal de BalaídosAntónio de Oliveira SalazarMadridGabriel García MárquezTina TurnerOs vellos non deben de namorarseBrieva, ÁvilaMuralla de LugoAspiradoraGrupo EroskiFaneca bravaÁreas lingüísticas do galegoCarles PuigdemontLobernoSelección de fútbol de GaliciaMoinanteEduardo Valencia FernándezOs pronomes persoais galegosGalipediaBimba y LolaJéssica BouzasXurxo SoutoFidel CastroMoisés Rodríguez PérezPemento de PadrónAltriElvira Fernández BalboaArxentinaAlexandra TargaryenXosé Neira VilasPartido Comunista dos Traballadores de EspañaWinston ChurchillFélix BolañosRiba-roja de Túria🡆 More