Alto Do Fiouco

7°22′19″O / 43.383333333333, -7.3719444444444

O Alto do Fiouco é un colado situado a 698 m de altitude na xuntura do Cordal de Neda coa serra de Lourenzá. Separa a bacía do río Masma (vertente cantábrica) da do río Miño (vertente atlántica) e comunica as parroquias de Argomoso (Mondoñedo) e Cadavedo (A Pastoriza). Recibe o seu nome polo Cristo do Fiouco, un cruceiro teitado á beira da estrada que o atravesa.

A autovía A-8 pasa lonxitudinalmente polo Fiouco no punto quilométrico 547, no tramo entre Lindín (Mondoñedo) e A Carreira (Abadín).

No alto do Fiouco produciuse un accidente multitudinario o 26 de xullo de 2014, no que perdeu a vida unha persoa e se viron implicadas varias decenas de coches a causa da néboa. Ten sona precisamente debido a estar o paso da autovía pechado con frecuencia, pois segundo un estudo preto do 10% do tempo ten unha visibilidade menor de 50 m. O motivo principal da néboa na zona é o arrefriamento do aire húmido procedente da costa, denominado efecto Föhn.

A néboa era un fenómeno longamente coñecido no lugar antes da construción da autovía. A raíz do accidente, o Ministerio de Fomento habilitou diversas medidas provisionais e está a desenvolver un proceso para tentar evitar a néboa e os numerosos peches do servizo da autovía.

Notas

Tags:

Coordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Escudo de GaliciaGuerra das Comunidades de CastelaSanta CompañaAlcaldes da CoruñaNacionalismo galegoPaulino FernándezÁreas lingüísticas do galegoLista de palabras galegas de orixe celtaDía de San XurxoHaruki MurakamiPunto medioOs EoasMiñocaCamilo Díaz BaliñoNancho NovoLuísa VillaltaHistoria de CroaciaA memoria da choivaCinema pornográficoKConcepción ArenalTristán UlloaVladimir PutinItaliaJosé Calvo SoteloXosé Luís Mosquera CambaCarballoGuerra do PeloponesoXosé Ramón Fernández-OxeaXabier FortesAs dúas MaríasHard GZNarónDiego Rivas GutiérrezSatélite de comunicaciónsJosé Antonio LabordetaSergio RamosBimba y LolaToledoGrândola, Vila MorenaAsíndetoRusiaMicenasGrupo NósAmieiroLila comúnAguaneiroGolda MeirEleccións municipais de 2023 en GaliciaTeresa García-SabellPetróglifoLuis ZaheraLista de nomes femininos en galegoPosicións sexuaisOvidio RodeiroSólido platónicoBárbaroXílgaroEscolas de Ensino Galego SementeA Ponte do Porco, Miño, MiñoCarlos MeixideJosé Manuel LageLimaGata CattanaO divino saineteMar MediterráneoVila de CrucesUrcoBreogánBuxo comúnA Illa, EntrimoPadre Casares🡆 More