Río Masma

O río Masma é un río da vertente cantábrica, que discorre pola provincia de Lugo.

Río Masma
Río Masma
Desembocadura do río Masma na ría de Foz.
PaísGalicia Galicia
NacementoSerra do Xistral
Lonxitude46,2 km
ConcaRío Masma
DesembocaduraRía de Foz

Nace na serra do Xistral, no concello do Valadouro. Percorre os concellos de Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Lourenzá, Barreiros e Foz. Despois de 46 km de percorrido desemboca na ría de Foz, xunto á praia da Rapadoira e á praia de Altar no mar Cantábrico.

A superficie da súa conca supera escasamente os 290 quilómetros cadrados.

Percorrido

O lugar exacto do seu nacemento está na parroquia valadouresa do Cadramón a uns 920 metros de altitude, entre o cumio do Xistral e o do Cadramón. Inicialmente toma o nome de rego Pedrido ou río Pedrido, que pasa bordeando a parroquia alfocesa do Pereiro, atravesa as parroquias abadinenses de Montouto, Labrada e Romariz até entrar na parroquia mindoniense dos Remedios. Toma entón o nome de Río do Porto da Cal ao pasar preto da aldea de Estelo. Un pouco máis adiante, preto da aldea de Tronceda de Abaixo pasa a denominarse río Tronceda, entrando despois na parroquia de Viloalle, na que toma o seu nome definitivo de río Masma ao seu paso pola aldea da Igrexa, tras un breve treito no que coincide co rego Gontán. Cruza posteriormente as parroquias de Vilamor e Masma en Mondoñedo, Santa María de Lourenzá en Lourenzá, Cabarcos, Celeiro de Mariñaos e San Cosme en Barreiros e finalmente Vilaronte no concello de Foz.

Afluentes

Os seus principais afluentes son o rego de Figueiras e o río Oirán pola esquerda, e o río Valiñadares e o rego do Batán pola dereita.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Río Masma PercorridoRío Masma AfluentesRío Masma Véxase taménRío MasmaProvincia de Lugo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Lingua malékuDistritos de PortugalHoratio NelsonPedro RieloGianluigi BuffonCangrexo ermitánBeta-oxidaciónBlastocistoFernando Salgado GarcíaPristiophoridaeOurenseBrasilHesperornithesDisolución da Unión Soviética1789YouTubeProteína ATMAeroporto de Beauvais-TilléCitharus linguatulaLingua coreanaVisbyÁcido sapiénicoLámpada incandescenteFosfatidilglicerolDía das Letras GalegasParque nacionalSegunda República EspañolaRío AmazonasJoe BidenOxalacetatoLista de nomes femininos en galegoGripeCristianismo e homosexualidadePessachNatureza mortaCentrocampistaEdgar de WahlDamascoARN mensaxeiroTelomeraseCélula intersticial de CajalLas Torres de CotillasColinesteraseÁcido docosahexaenoicoProxyTradución de proteínasSexo analLeón, EspañaLisboaPegaPobo xudeuLingua erzyaÁcido graxo esencialDarío Caramés RuzaCondado de DalarnaRick and MortyCarmen Rodríguez DacostaJosé Manuel LageTangoÁcido graxo sintaseXabier DeiveCarboxiloPatacaCallosobruchus chinensisMosteiro de Santa María de Sobrado dos MonxesDon't ask, don't tellStoffel VandoorneDomantas SabonisProvincia da CoruñaBoeing 767Fusión do ADNIlla de NadalArcade, SoutomaiorGran CanariaEdimburgoTAG Heuer🡆 More