Barreiros: Concello da comarca da Mariña Oriental, na provincia de Lugo

Barreiros é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca da Mariña Oriental.

Segundo o IGE en 2014 tiña 2994 habitantes (3244 no 2009, 3291 no 2006, 3294 no 2005, 3278 no 2004, 3323 no 2003). O xentilicio é barreirego ou barreirés.

Modelo:Xeografía políticaBarreiros
Barreiros: Poboación, Xeografía, Patrimonio
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
 43°32′04″N 7°14′23″O / 43.534444444444, -7.23972222222227°14′23″O / 43.534444444444, -7.2397222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
CapitalSan Cosme Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación3.020 (2023) Editar o valor em Wikidata (41,7 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie72,42 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor em Wikidata
Altitude5 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataAna Ermida Igrexas (2023–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Barreiros Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27790 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE27005 Editar o valor em Wikidata

Páxina webconcellodebarreiros.gal Editar o valor em Wikidata

Poboación

Censo total 2014 2994 habitantes
Menores de 15 anos 236 (7,88 %)
Entre 15 e 64 anos 1764 (58,92 %)
Maiores de 65 anos 994 (33,2 %)
Barreiros: Poboación, Xeografía, Patrimonio
Evolución da poboación de Barreiros   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4394 4804 5197 4138 3278 3244 3166 3124 3061 2994 3021 2970 2948 2941 2934 2925 3001
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello ten 72,4 km². Limita ó leste con Ribadeo, ó sur con Trabada e Lourenzá e ó oeste con Foz.

Hidrografía

A parte occidental do concello está bañada polo río Masma e a ría de Foz en que desemboca, así como polos pequenos regatos que desaugan neles. O resto de cursos fluviais do concello son curtos e desembocan directamente no mar Cantábrico. Unicamente o rego de Portobragán (formado pola confluencia do rego de Cambite e o rego da Fórnea) e mailo Rego das Teixeiras (ou dos Gambitos), na parroquia de Vilamartín Pequeno, pertencen á conca da ría de Ribadeo.

Praias

O litoral de Barreiros repártese entre os 8 km de cornixa cantábrica e os preto de 4 km que constitúen a beira oriental da ría de Foz. Aga a praia de Anguieira, que está na ría, os areais barreiregos dan en mar aberto. De oeste a leste, estes son o do Altar, San Bartolo e Remior na parroquia de San Cosme; Coto, Balea, Fontela e Lóngara en Benquerencia; A Pasada en San Miguel de Reinante; Arealonga entre San Miguel e Santiago de Reinante; e Moledo en Santiago de Reinante.

Barreiros: Poboación, Xeografía, Patrimonio 
Casa de indianos en Barreiros.

Patrimonio

En San Miguel de Reinante están a capela de Santo Estevo do Ermo e o monte Comado, onde se pode practicar paracaidismo. Na mesma parroquia celébrase o Festival Internacional Folclórico do Emigrante a primeira fin de semana de agosto.

Barreiros: Poboación, Xeografía, Patrimonio 
Fervenza en Sto. Estevo do Ermo

No mesmo contorno de Santo Estevo está a fervenza homónima, conectada coa ermida e varias fontes por unha ruta a pé.

    Dígoche Sabela
    que o deño non dorme,
    embarquei pra Laxe
    fun quedando en Cosme.

(Refírese a San Cosme de Barreiros)

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Barreiros

Cabarcos (San Xulián) |Celeiro de Mariñaos (Santa Cristina) | Reinante (Santiago) | San Cosme de Barreiros (San Cosme) | San Miguel de Reinante (San Miguel) | San Pedro de Benquerencia (San Pedro) | San Xusto de Cabarcos (San Xusto) | Vilamartín Pequeno (San Xoán Degolado)

Lugares de Barreiros

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Barreiros vexa: Lugares de Barreiros.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas


Barreiros: Poboación, Xeografía, Patrimonio 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Tags:

Barreiros PoboaciónBarreiros XeografíaBarreiros PatrimonioBarreiros na cultura popularBarreiros Galería de imaxesBarreiros ParroquiasBarreiros Lugares de Barreiros NotasBarreiros Véxase taménBarreiros200320042005200620092014Comarca da Mariña OrientalInstituto Galego de EstatísticaProvincia de Lugowikt:barreiregowikt:barreirés

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Euphoria (serie de televisión)Felipe de Marichalar y BorbónGatoEudoxo de CnidoMéxicoAterínidosCinema pornográficoSevillaArxentinaRomárioIsabel Feodorovna RomanovaJosé Antonio Vázquez TaínCarro galegoMontañésMaría PitaInglaterraÁureoVacaPartido Comunista dos Traballadores de EspañaVicente RiscoFrancisco AñónHannah ArendtTeresa CasalJuan CorralSistema solarMúsica dos países islámicosÁngel CarracedoLiteratura galega do século XXEstripeiroPilar AbellaRaquel Castro MartínezPastora Dominga González ViéitezClara CampoamorFernando EstesoManuel LourenzoFernando Álvarez LamelasBrieva, ÁvilaIslandiaCharles MansonIsidoro de SevillaGrupo de teatro O FachoTaboadaAlfonso RuedaQueiroaMaría do Socorro Ortega RomeroCarlos III do Reino UnidoCampo Municipal de Las LlanasVilaxoán, Sobrán (San Martiño), Vilagarcía de ArousaBugalloMelgachoBalurosFariña (serie de televisión)LobernoMarie CurieGarcía II de GaliciaXXXTentacionA EstradaNormandíaRaquel AtanesErros e TánatosTotó GarcíaCarballoMiguel Anxo BastosBulgariaPorto, PortugalFalange EspañolaReino de GaliciaAC-960Ramón Alonso MartínezFran AlonsoPaulino PereiroAChorimaEspaña🡆 More