Inspección Técnica De Vehículos

A Inspección Técnica de Vehículos (ITV) é un tipo de mantemento legal preventivo en que un vehículo é inspeccionado de forma periódica por un ente certificador, o cal verifica o cumprimento das normas de seguridade e emisións contaminantes que lle sexan aplicables.

Nalgunhas lexislacións cómpre que un vehículo aprobe a ITV para poder ser matriculado ou para renovar a licenza ou patente. Dita aprobación acredítase mediante un certificado emitido pola entidade a cargo da inspección, e nalgúns casos adicionalmente adhírese un distintivo no parabrisas, na placa patente ou noutro lugar do vehículo onde resulte visible, a fin de facilitar a fiscalización. Nalgúns países a inspección realízase en talleres ambulantes en diferentes puntos das cidades.

Inspección Técnica De Vehículos
ITV de Espíritu Santo, Cambre.

España

Inspección Técnica De Vehículos 
Sinal de indicación dunha estación ITV.

Está establecido por lei a periodicidade mínima con que os vehículos deben pasar a ITV, así como situacións extraordinarias que obrigan a acudir á revisión. Dependendo da categoría do vehículo (turismo, camión, furgoneta, motocicleta, vehículos de alugueiro, de autoescolas etc) a lei establece unha periodicidade mínima obrigatoria para pasar a ITV. Así, a lexislación española establece que para os turismos de uso privado (a maior parte dos vehículos matriculados) a primeira revisión ha de realizarse ao cabo de catro anos desde a data de matriculación, e deberá repetirse cada 2 anos até que cumpra os 10 anos, momento a partir do cal debe pasarse anualmente. Para as furgonetas a primeira é aos dous anos, e repetirá cada 2 até os 6 anos, despois é anual até os 10 anos, e a partir dos 10 anos cada 6 meses. Os vehículos que sufrisen un dano importante a consecuencia dun accidente que puidese afectar algún elemento de seguridade (dirección, transmisión, freado, suspensión, bastidor ou algunha estrutura de ancoraxe) poden ser obrigados a realizar unha revisión segundo o ditame do atestado, retirándolle nese caso o permiso de circulación ao condutor e enviándoo a Tráfico até que a avaría estea arranxada.

A inspección de vehículos está regulada polo Real Decreto 2042/1994 e as estacións de ITV polo Real Decreto 224/2008. As estacións de ITV son concesións administrativas e o prezo da revisión pode variar en función da comunidade autónoma en que se leve a cabo.

Compróbase que os datos identificativos do vehículo (matrícula, número de bastidor, marca e modelo) coinciden cos datos contidos na documentación do vehículo entregada polo usuario, isto é, o Permiso de Circulación e a Tarxeta de Inspección Técnica de Vehículos.

Despois avalíase o acondicionamento exterior: espellos retrovisores, visibilidade, lúas, placa matrícula etc. O estado xeral da carrocería así como o bastidor, piso e baixos do vehículo. O acondicionamento interior do vehículo: funcionamento das portas, ventás, mecanismos de peche e apertura, cintos de seguridade etc. Sinalización e alumeado: luces de cruzamento, luces de estrada, intermitentes, luz de freo, marcha atrás etc. Eficacia do sistema de freado. Funcionalidade da dirección para detectar se existen folguras. Suspensión e eixos: rótulas, amortecedores e articulacións. Funcionalidade do motor: nivel de ruído, emisión de monóxido de carbono etc.

En base aos resultados da análise, establécense catro resultados posibles no informe de inspección: inspección favorable sen defectos, inspección favorable con defectos leves, inspección desfavorable e inspección negativa. O resultado de inspección favorable sen defectos ou favorable con defectos leves permite circular o vehículo con normalidade até que volva caducar a inspección. Porén, se o resultado é desfavorable os defectos deben ser corrixidos antes de 60 días, e o vehículo non poderá circular agás para ir reparar os defectos e regresar ao centro de ITV.

Galicia

Inspección Técnica De Vehículos 
Estación de ITV en Curro (Barro), xunto á estrada PO-531.

En Galicia a Inspección Técnica de Vehículos é realizada pola empresa Supervisión y Control, que ten a concesión da Xunta de Galicia. En xaneiro de 2016 había 23 estacións fixas para a inspección:

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Inspección Técnica De Vehículos EspañaInspección Técnica De Vehículos NotasInspección Técnica De Vehículos Véxase taménInspección Técnica De VehículosVehículo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

As aves na cultura popular galegaO porco de péMergullón cristadoMario CaneiroNordés (vento)Asalto do bou EvaDonicelaIndonesiaLiteratura galegaBritney SpearsFederico García LorcaReal Club Celta de VigoHans ZimmerBélxicaSete SabiosYolanda DíazVictoria Núñez LópezGrupo RompenteToxo arnalXinzo de LimiaBárbara ReyManuel FragaMaría do Socorro Ortega RomeroFala de Estremadura2015Luis Carrero BlancoXosé Manuel BeirasBlogMíster EspañaXosé Manuel PiñeiroMovimento das Forças ArmadasBortziriakHistoria de GaliciaBoyanka Kostova (grupo musical)Estanislao FiguerasVento feridoCarlos SoberaA CoruñaDomingo García-SabellCarrasco (planta)Gabriel AlénManuel RivasEleccións ao Parlamento de Galicia de 2024Pablo Iglesias TurriónO CarballiñoEnsaio (literatura)InstagramO PorriñoFelaciónXosé Ramón GayosoPalmaRaposo comúnRomariz, Riós, RiósGonzalo Pérez JácomeRebeliom do InframundoDaniel de la TorreSílvia OrriolsSalvador DalíOman AirJohn Forbes NashCristina MaróBronceRamón CabanillasDonald TrumpNacho CastañoOllos de augaVicepresidencia do Goberno de EspañaSanta CompañaCunnilingusBubelaNacionalismo galegoBob DylanCuba🡆 More