Illa Baker

A illa Baker é unha illa coralina estadounidense no océano Pacífico, no grupo de Illas Fénix.

É responsabilidade dos Estados Unidos e, aínda que despoboada, os Gardacostas dos Estados Unidos (United States Coast Guard) visitan a illa anualmente.

Baker
Illa Baker
A illa Baker desde o aire
Localización da illa
Situación
PaísEstados Unidos de América Estados Unidos
MarOcéano Pacífico
Coordenadas0°11′41″N 176°28′46″O / 0.19472, -176.47944176°28′46″O / 0.19472, -176.47944
Xeografía
Superficie1´4 km²
Longura máxima1´81 km
Largura máxima1´13 km.
Perímetro4´8 km.
Punto máis alto8 m.
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Historia

Os Estados Unidos tomaron posesión da illa no ano 1857, reclamado sobre a Acta de Illas Guaneras de 1856. Os depósitos de guano foron minados por compañías dos Estados Unidos e Gran Bretaña na segunda metade do século XIX. Unha curta tentativa de colonizar a illa (e tamén Illa Howland) comezou no ano 1935, pero foi interrompido pola segunda guerra mundial e abandonouse.

Actualmente, a illa é unha Reserva Nacional de Vida Silvestre (National Wildlife Refuge) xestionado polo Departamento do Interior dos Estados Unidos (U.S. Department of the Interior). .

Véxase Historia das Illas Pacíficas.

Xeografía

O atol, a medio camiño entre Hawai e Australia, ten unha superficie de 1.4 km² e unha altura máxima de 8 metros sobre o nivel do mar. O seu clima é ecuatorial, con escasas precipitacións, vento constante e sol ardente. A illa está rodeada por un arrecife de coral estreito, o cal é un perigo para os barcos que navegan preto da costa. A súa vexetación é escasa e dispersa, formada por herba, vide de prostrado, e arbustos baixos. A illa carece de árbores e dunha fonte natural de auga potable.

Illa Baker  Illa Baker 

Demografía

A poboación civil dos Estados Unidos evacuou a illa no ano 1942 logo de sufrir ataques aéreos e navais dos xaponeses na segunda guerra mundial, posto que o atol estaba ocupado polas Forzas Armadas dos Estados Unidos, os cales abandonaron a illa logo da guerra.

O acceso ao público só é posible cun permiso especial do Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos, o cal xeralmente só concedese a científicos e educadores. Á metade da costa oeste do atol están situados un cemiterio e os restos de edificacións do extinto asentamento. É visitado anualmente polo Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos (desde xullo de 2000).

Actualmente, o atol atópase despoboado.

Goberno

É territorio dos Estados Unidos non incorporado; administrado en Washington, D.C., polo Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos dos Estados Unidos do Departamento do Interior como de parte do sistema da Reserva Nacional de Vida Silvestre.

Transportes

  • Portos e accesos: ningún; só se pode ancorar no litoral, aínda que hai un desembarcadoiro polo medio da costa occidental.
  • Aeroportos: hai unha pista de aterraxe abandonada da segunda guerra mundial cunha lonxitude de 1.665 m, que se atopa completamente cuberta de vexetación e é, polo tanto, inservible.

Hai un faro cerca do medio da costa occidental.

0°13′N 176°31′O / 0.217, -176.517

Tags:

Illa Baker HistoriaIlla Baker XeografíaIlla Baker DemografíaIlla Baker GobernoIlla Baker TransportesIlla BakerCoral (animal)Estados Unidos de AméricaIllaIllas FénixOcéano Pacífico

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Paula CabaleiroArroazJosé Casal RodríguezPeter FondaRSSCristiano RonaldoUniversidade de Santiago de CompostelaJorge LorenzoRosario DúrcalDoraemonRuxe RuxeAmazonPeter HiggsDani PedrosaDonicelaMomia de ManchesterValentín Lamas CarvajalDedaleiraArcadi EspadaAlegoríaCinema de GaliciaYolanda DíazDistritos de PortugalJason StathamA EstradaPonteareasA Sexta AngustiaConfederación Intersindical GalegaAntas de UllaGuerra civil españolaEmilia Pardo BazánCaja MágicaCatedral de Santiago de CompostelaPadrónEli RíosADP-ribosilaciónCarlos de Matos GomesFerrolCapitalismoXoán Carlos Domínguez AlberteMariano RajoyCuarzoVilagarcía de ArousaNiñodaguia, Niñodaguia, BaltarLuís Pérez BarralMasturbación coas mamasRexional ExprésLugares de GaliciaIndiaMiguel Anxo BastosBreogánAs dúas MaríasAlcaldes da CoruñaGalipediaGabriel García MárquezNelson MandelaJavier GutiérrezXestaMiranda de EbroSimón BolívarXosé Manuel PiñeiroPafnuty ChebyshevSecretaría Xeral de Política LingüísticaAlberte MománXoán MontesPontevedraCosoirado, Cosoirado, MorañaSunnismoHarry StylesSahelPili PampínSonia MéndezLuísa VillaltaMachu PicchuEscola da Tebra🡆 More