Honshu

138°L / 36, 138

Honshū (本州, ほんしゅう) é a illa principal do arquipélago xaponés, noutro tempo chamada Hondo. Limita ao norte coa illa de Hokkaido polo estreito de Tsugaru, ao sur con Shikoku polo mar Interior e ao suroeste con Kyūshū polo Estreito de Kanmon.

Honshu - 本州
本州
Honshu
Vista do Monte Fuji.
Honshu
Illa de Honshu, Xapón.
Situación
PaísHonshu Xapón
ArquipélagoArquipélago xaponés
MarOcéano Pacífico
Coordenadas36°N 138°L / 36, -138
Xeografía
Superficie227.942´85 km²
Longura máxima1300
Largura máxima50-230
Perímetro5.450
Punto máis alto3.776 m (Monte Fuji)
Demografía
CapitalToquio
Poboación103.000.000 (censo de 2005)
Densidade447 hab./km²
Lingua propiaXaponés

A poboación de Honshū é de 98 352 000 habitantes (1990) (89 101 702 en 1975), e está concentrada nas chairas existentes, especialmente na chaira de Kanto, onde reside o 25% da poboación en e ao redor de Toquio e Yokohama. Outras cidades importantes son Nagoia, Osaca, Kobe, Quioto, Hiroxima e Sendai. A illa divídese en cinco rexións e 34 prefecturas, entre elas o Toquio metropolitano.

Xeografía

A illa ten aproximadamente 1.300 km de longo e varía dos 50 aos 230 km de largo, e a súa superficie total é de 227.942,85 km², ao redor do 60% da superficie total do Xapón, o que a fai un pouco máis grande que Gran Bretaña. A súa superficie terrestre estivo aumentando co levantamento costeiro no norte, pero o aumento global do nivel do mar diminuíu estes efectos. Honshu ten un perímetro de 5.450 km de costa.

É unha illa montañosa e volcánica, e nela prodúcense numerosos terremotos, como o gran terremoto de Kantō de setembro de 1923 que danou gravemente Toquio, e o terremoto e tsunami de Sendai de 2011 que moveu a parte nordeste da illa ata 5,3 metros mentres causaba tsunamis devastadores. O pico máis alto é o volcán activo Monte Fuji, con 3776 m. que converte a Honshu na 7ª illa máis alta do mundo. Hai moitos ríos, incluíndo o Shinano, o máis longo do Xapón e o río Tone, coa conca máis grande. Os Alpes xaponeses percorren a lonxitude de Honshu, dividindo a costa do noroeste (mar do Xapón) da costa do sueste (Pacífico ou mar interior); O clima é moi variable xeralmente subtropical húmido nas partes meridionais e costeiras da illa e continental húmido nas zonas norteñas e interiores.

Rexións administrativas e prefecturas

A illa está dividida en cinco rexións nominais e 34 prefecturas, incluíndo Toquio metropolitano. Administrativamente, algunhas illas máis pequenas inclúense dentro destas prefecturas, incluíndo as Illas de Ogasawara, Illa de Sado, Izu Shima e Illa de Awaji.

As rexións e prefecturas son:

Honshū está unida ás demais illas do Xapón por túneis ou pontes

  • Coa illa de Hokkaidō por Túnel de Seikan.
  • Coa illa de Kyūshū por Túnel de Kanmon (hai 3 túnel, un para coche e dous para ferrocarrís) e Ponte de Estreito de Kanmon.
  • Coa illa de Shikoku, hai 3 rutas, ruta de Akashi-Naruto, ruta de Kojima-Sakaide e Onomichi-Imabari.
    • Ruta de Akashi-Naruto
    • Ruta de Kojima-Sakaide
    • Ruta de Onomichi-Imabari

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Honshu XeografíaHonshu Rexións administrativas e prefecturasHonshu NotasHonshu Véxase taménHonshuCoordenadas xeográficas

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

LisboaMoisés Rodríguez PérezVillarmentero de CamposMarraxoGoretti SanmartínJerry Lee LewisAlcaldes da CoruñaAlberto Núñez FeijóoAsunta Basterra PortoRosario FloresDolores IbárruriJoselu MatoBandeira de GaliciaManuel Lugrís FreireLista de WikipediasIsaac Díaz PardoPedro MadrugaHorteláLista de filmes con versión en galegoKXabarín ClubOctavio AugustoThe OffspringMarta DoviroMartiño NoriegaXosé Antonio TouriñánOs PinosRamón María del Valle-InclánCarme ChacónSemeWill SmithÁreas lingüísticas do galegoLupus eritematoso sistémicoMasturbaciónMartina Aneiros BarrosOurenseBelugaXosé Manuel PiñeiroGuerras púnicasMúsica dos países islámicosFelipe GonzálezMarta DahlgrenPartido Comunista dos Traballadores de EspañaMaría Isabel Castro BarreiroRexionalismo galegoGuestrarNegueira de MuñizUnión Europea de RadiodifusiónLingua casteláCurmánSunnismoAntón FraguasAntía OteroAbegondoLeitzaldeaQuercusKarmaJosé Galera MorenoAntonio Fernández PitaMontse DopicoSelección de fútbol de GaliciaGrupo EroskiSeverino Barros de LisA ira dos mansosElvira Fernández BalboaPantera RodríguezAntonio Muñoz MolinaCrime de honraMasturbación coas mamasPripyatGatoSydney SweeneyÁlex AnguloChristopher WalkenPoloniaMarcos PereiroValladolidHLA-DM🡆 More