Historia De Sydney

A historia urbana de Sydney comeza estritamente en 1788, co asentamento como colonia penitenciaria, fundado por Arthur Phillip para a coroa británica, nunha enseada (Sydney Cove) na beira sur do chamado Port Jackson (en realidade profunda e recortada baía ) na costa suroriental de Australia.

Colonia penitenciaria

Historia De Sydney 
Mapa de Sydney Cove coa colonia, 1789

Basicamente, na beira oeste da enseada levantábanse os barracóns dos prisioneiros e na oriental os edificios do gobernador e oficiais coas súas propiedades de lecer.

Aínda que o terceiro gobernador, P.Gidley , xa fixera unha primeira contribución, foi durante o mandato (1810-21) do quinto gobernador de Nova Gales do Sur, Lachlan Macquarie, cando Sydney, de feito capital do territorio, se transformou de colonia penal en auténtica cidade co deseño dunha trama urbana e infraestruturas básicas (pontes, peiraos, fortes). A erección de numerosos edificios públicos que aínda hoxe ennobrecen a parte vella da cidade (The Rocks ) deixa constancia do seu labor .

Primeira cidade de Australia

Ademais, a colonización do interior do país a partir de 1813, contribuíu ao incremento de poboación non penal da vila pola inmigración europea (de 2.500h en 1800 a 12.000 en 1820 e 39.000 en 1851). Sobre terreos que xa o gobernador Macquaire reservara para o deporte, deseñouse o parque público (Hyde Park, 1856) da, xa oficialmente, primeira cidade de Australia (1842). A área verde estendeuse progresivamente ata acadar o antigo dominio pertencente á mansión do gobernador (hoxe Royal Botanic Gardens e Domain, que ocupan o leste da Sydney Cove). O desenvolvemento urbano continuou e apareceron os primeiros suburbios (Pyrmont ). Tamén os primeiros recheos para novos peiraos (porto en Darling Bay ao oeste) e o Circular Quay na Sydney Cove (que cubriu o primitivo arroio, 1837).

Porén, o gran pulo viría despois do descubrimento de ouro en 1851 a un cento de quilómetros ao oeste. En dez anos a poboación case que se triplicou, e para 1871 Sydney contaba con 134.800 habitantes . O ferrocarril favoreceu a creación e dispersión de novos suburbios e a industrialización posterior (cun gran desenvolvemento portuario), no último cuarto do século XIX , que levárona a se converter nunha pequena metrópole (500.000h en 1900 ).

Século XX

O crecemento metropolitano continuou no século XX ata acadar o millón de habitantes en 1925. Fíxose imprescindible unir as dúas beiras de Port Jackson e, inda que en plena gran depresión, no 1932 inaugurábase a maxestosa Ponte da Baía (Sydney Harbour Bridge ).

En 1957-67 completouse a espléndida paisaxe urbana da cidade coa erección, na punta oposta da Sydney Cove (a leste, no cabo do Royal Botanic Gardens), da Ópera de Sydney do arquitecto nórdico J. Utzon, emblema da metrópole moderna e por extensión do país .

Notas

Tags:

Historia De Sydney Colonia penitenciariaHistoria De Sydney Primeira cidade de AustraliaHistoria De Sydney Século XXHistoria De Sydney NotasHistoria De Sydney1788AustraliaSydney

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

MaragotaPepa a LobaRoko (actriz)XoniaGondar, SanxenxoCicerónCopa do SarJosé Manuel Rodríguez PuentePena Verde, Rebordondo, CualedroEstatua de Che Guevara en OleirosVilalbaLingua casteláLucía VeigaJosé Manuel Baltar BlancoManuel Curros Enríquez2023Juan Fernández GarcíaA Fonsagrada77Suso VaamondeArabia Saudita28EsparragueiraPablo VioqueUnión SoviéticaCangasDe catro a catroCelso Emilio FerreiroMarina CastañoOs demostrativos galegosCeuta25Lady GagaCasa de AndradeSaneamentoJosé Manuel Rey de VianaCervo comúnGContactorTraxe galegoCalendario hebreoAlba ManceboPolbo á feiraMiguel Ángel Zabalza BerazaCitania de SanfinsFerreiriño abelleiroOrosoPatricia VázquezTerra Chá (poemario)64DinahostingPosición do misioneiro invertidaMuiñeiraSexo analMariola (xogo)O reino medieval de Galicia na historiografíaLinuxChulaMuxíaNigránA Pedreira, Leiro, RianxoMediasManuel Lois GarcíaNosce te ipsumCuruxa comúnDonicelaParadigmas dos verbos irregulares galegosLaosA Cure for WellnessSabugueiroLa Voz de GaliciaNúmero de teléfonoCantigas de Santa MaríaMáquina comecartos🡆 More