O Sydney Roosters é un equipo profesional de rugby league da cidade de Sydney, en Nova Gales do Sur (Australia), fundado en 1908, que compite na National Rugby League, competición na que saíu campión 12 veces.
Nome completo - | Sydney Roosters |
Fundación - | 1908 |
Localización - | Sydney, Australia |
Estadio - | Sydney Football Stadium |
Capacidade - | 45.500 |
Presidente - | Steve Noyce |
Adestrador - | Brian Smith |
Capitán - | Braith Anasta |
Liga - | National Rugby League |
Tempada - | 2011 |
Posición - | 11º |
O Sydney Roosters é o único equipo da historia da NRL que disputou tódalas tempadas do campionato dende que o torneo naceu en 1908.
Sydney Roosters | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores do primeiro equipo | Corpo técnico | ||||||||
|
| Adestrador
Asistentes
Data: 5 de agosto de 2011 |
Polos Sydney Roosters pasaron xogadores históricos do rugby league como Brad Fittler ou Arthur Beetson, entre outros.
Os Sydney Roosters xogan os seus encontros como locais no Sydney Football Stadium (antes coñecido como Aussie Stadium), un estadio que foi inaugurado en 1988, e que é propiedade da empresa Sydney Cricket Ground Trust. A capacidade do recinto é de 45.500 persoas. O Sydney Cricket Ground Trust tenlle alugado o estadio tamén ós West Tigers da NRL, ós NSW Waratahs do Super Rugby e ó Sydney FC da liga de fútbol.
This article uses material from the Wikipedia Galego article Sydney Roosters, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.