Heráldica

A heráldica é unha das ciencias auxiliares da historia e da arte.

Ocúpase do estudo da composición e do significado dos escudos de armas ou brasóns.

Heráldica
Exemplos de brasóns

Historia

A disciplina nace arredor do século XII e ten nos seus comezos unha aplicación práctica: permite identificar por debaixo da súa armadura o guerreiro que porta un determinado escudo e adscribilo a algún dos bandos enfrontados nun lance. Co tempo, a heráldica foi estendendo o seu ámbito para abranguer a identificación non só de persoas, senón tamén de corporacións, poboacións, entidades públicas etc.

Fronte a outras simboloxías, a heráldica caracterízase pola asunción dun conxunto de normas ríxidas para a composición dos escudos de armas e a transmisión das armarías a través de xeracións como elemento identificador da liñaxe. En efecto, a heráldica posúe as súas propias leis, como a da prohibición de que nun escudo figure metal sobre metal ou cor sobre cor. Ó longo da historia, estas leis fixéronse tan complexas que nin os señores que detentaban un escudo determinado podían interpretalo correctamente, polo que se crea a figura do rei de armas, un funcionario que se encarga de deseñar e interpretar os escudos heráldicos.

Características

Os escudos de armas constan das seguintes compoñentes:

  • Campo: é a superficie do escudo no seu interior, que dará ó brasón a súa forma redonda, ovalada, apuntada etc. O campo pódese dividir en partes iguais ou desiguais.
  • Figuras: son os obxectos ou seres representados no campo. Poden ser naturais (seres que existen no mundo real ou a representación dalgunha das súas partes) ou artificiais (seres fantásticos, obxectos comúns ou específicos da simboloxía da heráldica).
  • Fondo con esmaltes: son as cores ou os metais que cobren o campo, as figuras e calquera adorno do escudo. As cores só poden ser cinco: sabre (negro), goles (vermello), azur (azul), sinople (verde) e púrpura. Os metais poden ser ouro ou prata. Algúns autores inclúen tamén aquí os forros.
Metais Cores
Ouro
Heráldica 
Prata
Heráldica 
Goles
Heráldica 
Azur
Heráldica 
Sinople
Heráldica 
Sable
Heráldica 
Púrpura
Heráldica 
Alaranxado
Heráldica 

Os escudos de armas poden ter adornos arredor, denomínanse timbres e son de diferentes tipos:

  • Os helmos e as coroas representan diferentes graos de nobreza, desde o fidalgo ata o rei.
  • Os tenantes son figuras que se sitúan ós lados do escudo, como sosténdoo.
  • Mantos e insignias.
  • Lambrequíns (especie de encaixes que caen desde a parte superior do escudo por ambos lados).
  • Motes e lemas.

O lado esquerdo da composición heráldica denomínase "sinistra" e o dereito "destra". O escudo descríbese coma se mirásemos un espello; isto é, a esquerda é a dereita do observador.

Por exemplo, un escudo que levase pintado un carballo de cor verde, nun fondo branco cunha banda vermella desde unha punta a outra do campo, e que estivese sostido por un unicornio branco empinado á esquerda do observador e por un grifón verde á dereita, describiríase así:

"En campo de prata, unha banda de goles. En abismo, un carballo de sinople. Teñen o escudo á destra un grifón de sinople e á sinistra un unicornio rampante de prata".

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

Heráldica HistoriaHeráldica CaracterísticasHeráldica Véxase taménHeráldicaBrasón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Evento MiyakeBelén RegueiraWPremio Burnett Anderson MemorialLola HerreraEmilio Antón IboleónCachenaEscáncer1917Ana RomaníIránLista de países por poboaciónRexurdimentoPaspallásAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoQuintaExtremo, Arcos de ValdevezEstípite (arquitectura)Campo da RataFroila VermúdezNegra sombraObxectivos de Desenvolvemento SostíbelDominio de primeiro nivelAs bestasXogo da chaveUniversidade de Santiago de CompostelaLuz Fandiño6Día das Letras GalegasLista de ríos de GaliciaMasculino e feminino en galegoVilamaior do Val, VerínAntonio López Díaz79Santa Uxía de Asma, ChantadaNervio ópticoRaquel AtanesMarta Fernández-TapiasRamón Vilas GonzálezAutismoMontsiàCampus de SerantesPatacas frixidasLugoRaposo comúnJosé Cornide SaavedraAYolanda DíazJean-Claude Van DammeOrquídea19571963Cañita Brava1978Xenebra, SuízaEduardo Blanco AmorJosefina Ling LingCasaquistánIslandiaMarcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez LorigaContactorMarga PazosFreixoAgustín Fernández PazFerroAtlánticaHarvard University PressRafaela Hervada CarnereroDiego Anido🡆 More