Helle Thorning-Schmidt, nada en Rødovre o 14 de decembro de 1966, é a líder dos socialdemócratas dinamarqueses, Socialdemokraterne.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
É a primeira ministra de Dinamarca, logo de que o bloque vermello gañase as eleccións nacionais do 15 de setembro de 2011.
Viviu a súa mocidade nun suburbio de Copenhaguen, Ishøj. Conta cun grao superior de ciencia política da Universidade de Copenhaguen do ano 1994. Despois de graduarse traballaba na secretaría socialdemócrata no Parlamento Europeo en Bruxelas. No período 1997-1999 traballaba como consultora no sindicato dinamarqués, LO.
A partir de 1993 é membro dos Socialdemócratos, e no período 1999-2004 era membro do Parlamento Europeo. Dende a elección do 8 de febreiro de 2005 é membro do parlamento dinamarqués, Folketinget, e dende o 12 de abril de 2005 é a líder de Socialdemokraterne. Nunca antes formou parte dun goberno, así que non ten experiencia como ministra.
Primeiro Ministro de Dinamarca | ||
---|---|---|
Segue a: Lars Løkke Rasmussen | Helle Thorning-Schmidt (2011-presente) | Precede a: Lars Løkke Rasmussen |
Socialdemokraterne |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Helle Thorning-Schmidt, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.