Gran Premio Do Brasil De 2000

O Gran Premio do Brasil de 2000 (oficialmente o XXIX Grande Prêmio Malboro do Brasil) foi unha carreira de Fórmula 1 disputada o 26 de marzo de 2000 no Autódromo José Carlos Pace, São Paulo, Brasil.

Foi a segunda carreira da tempada 2000 da Fórmula Un. A carreira foi o 29º Gran Premio do Brasil e o 19º que se celebrou no Autódromo José Carlos Pace. A carreira realizouse sobre 71 voltas ao circuíto de 4´3 quilómetros para unha distancia total de 306 quilómetros.

Gran Premio Do Brasil De 2000 Gran Premio de Brasil de 2000
Detalles da carreira
Carreira 2 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2000.
Trazado do circuíto de Interlagos.
Trazado do circuíto de Interlagos.
Data 26 de marzo 2000
Nome oficial XXIX Grande Prêmio do Brasil
Localización Autódromo José Carlos Pace
São Paulo, Brasil
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´309 km
Distancia 71 voltas, 305´909 km
ClimaAsollado 30ªC
Pole position
Piloto Finlandia Mika Häkkinen McLaren-Mercedes
Tempo 1:14.111
Volta rápida
Piloto Alemaña Michael Schumacher Ferrari
Tempo 1:14.755 na volta 48
Podio
Primeiro Alemaña Michael Schumacher Ferrari
Segundo Italia Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife
Terceiro Alemaña Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda

A carreira gañouna o piloto alemán, Michael Schumacher pilotando un Ferrari F1-2000. A vitoria foi a segunda vitoria consecutiva de Schumacher na tempada. Schumacher gañou por 40 segundos ao piloto italiano Giancarlo Fisichella pilotando un Benetton B200. O piloto alemán Heinz-Harald Frentzen terminou a terceira pilotando un Jordan EJ10.

Informe

Cualificación

A cualificación deixou a Mika Häkkinen na pole position con David Coulthard segundo. Michael Schumacher foi terceiro, Rubens Barrichello cuarto, Giancarlo Fisichella quinto e Eddie Irvine foi sexto. A sesión foi interrompida tres veces, en cada ocasión porque unha valla publicitaria montada sobre o circuíto rompeu e caeu na pista. Na terceira ocasión, unha das táboas de cartón laminado foi golpeada polo Prost de Jean Alesi cando caeu.

Carreira

Cando comezou a carreira, Häkkinen e Schumacher fixeron unha boa saída pero Coulthard foi máis lento e caeu detrás de Schumacher. Así, a orde foi Häkkinen líder seguido de Schumacher con Coulthard terceiro, Barrichello cuarto, Eddie Irvine quinto e Fisichella sexto. Pronto Schumacher intentou atopar o xeito de pasar a Häkkinen e Barrichello atacaba a Coulthard. Schumacher pasou polo interior a Häkkinen na S de Senna na segunda volta mentres Barrichello fixo o mesmo con Coulthard. Cometeu un erro permitindo a David adiantalo de novo pero recuperouse e pasou a Coulthard ao final da volta. Pronto quedou claro que os dous Ferraris estaban nunha estratexia de dúas paradas e Barrichello pronto estivo na parte traseira de Häkkinen, intentando adiantalo. Schumacher sacaba un segundo por volta a Häkkinen.

Detrás dos líderes, Trulli pasou a Irvine no quinto lugar, pouco despois de que Barrichello conseguise pasar a Häkkinen polo segundo posto na volta 15. Na volta 20, Schumacher tiña unha vantaxe de 20 segundos sobre os McLarens e entrou en boxes. Regresou no terceiro lugar pero quedou segundo cando Barrichello entrou a boxes dúas voltas máis tarde. Mentres tanto, na volta 21, Irvine estrelouse, pero non saíu o coche de seguridade. Agora toda a atención estaba na fenda entre Häkkinen e Schumacher que non se pechaba. Estaba estabilizándose e o foi o mesmo caso con Coulthard terceiro e Barrichello cuarto. Pero no espazo de tres voltas, a carreira volveuse do reves na volta 27, Barrichello no cuarto lugar comezou a botar fume. Tres voltas máis tarde, Häkkinen entrou en boxes, cousa rara xa que era demasiado cedo para entrar se ía a unha parada e demasiado tarde se ía a facer un par de paradas. Pronto quedou claro que non era unha parada programada para Mika, senón unha parada que sinalou a súa retirada.

Despois da parada do Trulli na volta 28, Jos Verstappen quedou en terceiro lugar durante sete voltas no Arrows, pero devolveullo a Fisichella cando entrou en boxes. Os dous Williams de Ralf Schumacher e Jenson Button con Fisichella e Heinz-Harald Frentzen marchaban todos xuntos e todos eles ían a unha única parada. Na parte dianteira, Coulthard e Schumacher mantiñan un ritmo similar pero Schumacher sempre foi cómodo. Ralf e Button entraron en boxes na volta 44 e 45 respectivamente na batalla polo último punto. Pero Ralf saíu uns poucos metros diante de Verstappen e Button uns poucos metros detrás del. Nas voltas que seguiron, Ralf puido alonxarse mentres Button quedou atrapado detrás de Jos ata que realizou unha fermosa manobra de adiantamento na volta 57. Trulli fixo a súa segunda parada na volta 56 e saíu quinto. Ralf quedou cómodo no sexto posto por diante de Button. Verstappen e Pedro de la Rosa foron oitavo e noveno. Mentres tanto, o ritmo comezou a caer e a orde quedou así ata o final.

Post-carreira

Despois da carreira, logo das verificacións técnicas coñeceuse que os seis primeiros coches agás Fisichella foran descalificados porque tiñan problemas cos seus pisos de madeira. Os equipos apelaron, pero mentres a FIA examinaba de novo os coches, decatáronse de que as ás dianteiras do coche de Coulthard eran 7 mm inferiores áo permitido legalmente. Así, a posición de todos agás Coulthard foi reintegrada e ao facelo promocionou a Jenson Button á sexta posición, dando ao británico o seu primeiro punto no Campionato Mundial.

O 6 de abril de 2000, o World Motorsport Council multou con 100.000 dólares aos organizadores, logo de convocalos en París debido a caída dunha valla de seguridade na recta principal, pasando moi preto de Jean Alesi. Consideráronse como "circunstancias excepcionais".

Clasificación

Cualificación

Pos. Piloto Construtor Tempo Diferenza
1 1 Gran Premio Do Brasil De 2000  Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:14.111
2 2 Gran Premio Do Brasil De 2000  David Coulthard McLaren-Mercedes 1:14.285 +0.174
3 3 Gran Premio Do Brasil De 2000  Michael Schumacher Ferrari 1:14.508 +0.397
4 4 Gran Premio Do Brasil De 2000  Rubens Barrichello Ferrari 1:14.636 +0.525
5 11 Gran Premio Do Brasil De 2000  Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 1:15.375 +1.264
6 7 Gran Premio Do Brasil De 2000  Eddie Irvine Jaguar-Cosworth 1:15.425 +1.314
7 5 Gran Premio Do Brasil De 2000  Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 1:15.455 +1.344
8 23 Gran Premio Do Brasil De 2000  Ricardo Zonta BAR-Honda 1:15.484 +1.373
9 10 Gran Premio Do Brasil De 2000  Jenson Button Williams-BMW 1:15.490 +1.379
10 22 Gran Premio Do Brasil De 2000  Jacques Villeneuve BAR-Honda 1:15.515 +1.404
11 9 Gran Premio Do Brasil De 2000  Ralf Schumacher Williams-BMW 1:15.561 +1.450
12 6 Gran Premio Do Brasil De 2000  Jarno Trulli Jordan-Mugen-Honda 1:15.627 +1.516
13 12 Gran Premio Do Brasil De 2000  Alexander Wurz Benetton-Playlife 1:15.664 +1.553
14 19 Gran Premio Do Brasil De 2000  Jos Verstappen Arrows-Supertec 1:15.704 +1.593
15 14 Gran Premio Do Brasil De 2000  Jean Alesi Prost-Peugeot 1:15.715 +1.604
16 18 Gran Premio Do Brasil De 2000  Pedro de la Rosa Arrows-Supertec 1:16.002 +1.891
17 8 Gran Premio Do Brasil De 2000  Johnny Herbert Jaguar-Cosworth 1:16.250 +2.139
18 20 Gran Premio Do Brasil De 2000  Marc Gené Minardi-Fondmetal 1:16.380 +2.269
19 15 Gran Premio Do Brasil De 2000  Nick Heidfeld Prost-Peugeot 1:17.112 +3.001
20* 16 Gran Premio Do Brasil De 2000  Pedro Diniz Sauber-Petronas 1:17.178 +3.067*
21 21 Gran Premio Do Brasil De 2000  Gastón Mazzacane Minardi-Fondmetal 1:17.512 +3.401
22* 17 Gran Premio Do Brasil De 2000  Mika Salo Sauber-Petronas 1:18.703 +4.592*
107% tempo: 1:19.299
Fonte:

Fonte (tempos de cualificación):

* Os Sauber de Pedro Diniz e Mika Salo foron posteriormente retirados e non comezaron a carreira debido a fallos das ás traseiras que afectaban aos coches. O equipo decidiu que non era seguro correr.

Carreira

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 3 Gran Premio Do Brasil De 2000  Michael Schumacher Ferrari 71 1:31:35.271 3 10
2 11 Gran Premio Do Brasil De 2000  Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 71 +39.898 5 6
3 5 Gran Premio Do Brasil De 2000  Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda 71 +42.268 7 4
4 6 Gran Premio Do Brasil De 2000  Jarno Trulli Jordan-Mugen-Honda 71 +1:12.780 12 3
5 9 Gran Premio Do Brasil De 2000  Ralf Schumacher Williams-BMW 70 +1 volta 11 2
6 10 Gran Premio Do Brasil De 2000  Jenson Button Williams-BMW 70 +1 volta 9 1
7 19 Gran Premio Do Brasil De 2000  Jos Verstappen Arrows-Supertec 70 +1 volta 14
8 18 Gran Premio Do Brasil De 2000  Pedro de la Rosa Arrows-Supertec 70 +1 volta 16
9 23 Gran Premio Do Brasil De 2000  Ricardo Zonta BAR-Honda 69 +2 voltas 8
10 21 Gran Premio Do Brasil De 2000  Gastón Mazzacane Minardi-Fondmetal 69 +2 voltas 20
Ret 8 Gran Premio Do Brasil De 2000  Johnny Herbert Jaguar-Cosworth 51 Caixa de cambios 17
Ret 20 Gran Premio Do Brasil De 2000  Marc Gené Minardi-Fondmetal 31 Motor 18
Ret 1 Gran Premio Do Brasil De 2000  Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 30 Presión aceite 1
Ret 4 Gran Premio Do Brasil De 2000  Rubens Barrichello Ferrari 27 Hidráulica 4
Ret 7 Gran Premio Do Brasil De 2000  Eddie Irvine Jaguar-Cosworth 20 Trompo 6
Ret 22 Gran Premio Do Brasil De 2000  Jacques Villeneuve BAR-Honda 16 Caixa de cambios 10
Ret 14 Gran Premio Do Brasil De 2000  Jean Alesi Prost-Peugeot 11 Eléctrico 15
Ret 15 Gran Premio Do Brasil De 2000  Nick Heidfeld Prost-Peugeot 9 Motor 19
Ret 12 Gran Premio Do Brasil De 2000  Austria Alexander Wurz Benetton-Playlife 6 Motor 13
DSC 2 Gran Premio Do Brasil De 2000  David Coulthard McLaren-Mercedes 71 Descualificado (+4.302) 2
NTS 16 Gran Premio Do Brasil De 2000  Pedro Diniz Sauber-Petronas 0 Problemas de seguridade 0  
NTS 17 Gran Premio Do Brasil De 2000  Mika Salo Sauber-Petronas 0 Problemas de seguridade 0
Fonte:

Posicións logo da carreira

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Australia de 2000
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 2000
Carreira seguinte:
Gran Premio de San Marino de 2000
Carreira anterior:
Gran Premio do Brasil de 1999
Gran Premio do Brasil Carreira seguinte:
Gran Premio do Brasil de 2001

46°41′59″O / -23.70361, -46.69972

Notas

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tags:

Gran Premio Do Brasil De 2000 InformeGran Premio Do Brasil De 2000 ClasificaciónGran Premio Do Brasil De 2000 Posicións logo da carreiraGran Premio Do Brasil De 2000 NotasGran Premio Do Brasil De 2000 Véxase taménGran Premio Do Brasil De 2000Autódromo José Carlos PaceBrasilCampionato Mundial de Fórmula 1 de 2000Fórmula 1São Paulo

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

António de Oliveira SalazarPablo Iglesias TurriónÁreas lingüísticas do galegoA poeta analfabetaEstudanteSidraPegaMártires de CarralEnforcamentoMaría José Gómez RodríguezADP-ribosilaciónNava CastroMaría RamalloArqueasLope de VegaCSSJimmy PageSnookerInfolibreAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoPeneHLA-DRMesopotamiaElxokasHaikuCastro de ViladongaKristen StewartRefraneiro galego sobre o viñoCarlo AncelottiLingua neerlandesaFrancisco FrancoNacho CastañoEmblema de AfganistánCélula pancreática acinarISBNYolanda DíazLeonardo da VinciCAPTCHAPolítico, políticaAntolín FaraldoFragas do EumeThe Beekeeper (2024 film)SahelAlberte MománCapitalismoRoxos, Villestro, Santiago de CompostelaXosé FortesIdade MediaColocación do pronome átono en galegoFernando AlonsoJosé Luis GilPadrónOs pronomes persoais galegosMaría CastroOs violentos de KellyFrancisco Fernández ReiPoloniaLugoBoiroZendayaCuarzoSantiago de CompostelaProfeta Habacuc (Donatello)163Javier GutiérrezHard GZSegunda guerra mundialÍñigo AlfonsoLista de programas de Televisión EspañolaLionel MessiSeixo30 de abrilAlmoite, Almoite, Baños de MolgasO comparativo galegoRocho🡆 More