Física De Partículas: Estudo dos compoñentes elementais da materia e as interaccións entre eles

A física de partículas ou física de altas enerxías é a parte da física que estuda os compoñentes elementais da materia e as interaccións entre eles.

As partículas elementais integran un amplo intervalo posible de masas.

Física De Partículas: Divisións e agrupacións, Liña temporal, Notas
Visión xeral da física de partículas
Física De Partículas: Divisións e agrupacións, Liña temporal, Notas
Interaccións entre as partículas elementais descritas no Modelo estándar

Divisións e agrupacións

As partículas fundamentais subdivídense en bosons (partículas de spin enteiro coma por exemplo 0, 1, 2...) e fermións (partículas de spin semienteiro coma por exemplo 1/2 ou 3/2). As forzas fundamentais da natureza son transmitidas polos bosóns.

Considéranse catro tipos de forzas ou interaccións fundamentais:

  • Electromagnética: transmitida por fotóns afecta tódalas partículas con carga eléctrica.
  • Nuclear feble: transmitida polos bosóns vectoriais W± e Z0 é a responsable, por exemplo, da desintegración b.
  • Nuclear forte: transmitida polos gluóns é a que fai que os quarks se unan para formar mesóns e barións (nucleóns). Só afecta aos hadróns.
  • Gravitación: transmitida polo gravitón (partícula teórica, non descuberta aínda). Ao nivel de partículas fundamentais esta forza é de pouca importancia e difícil de incluír nas teorías.

Algunhas teorías fundamentais predín a existencia doutros bosóns máis pesados coma o bosón de Higgs (ás veces varios) que dotaría de masa ás partículas fundamentais.

Os compoñentes básicos da materia son fermións, incluíndo protón, neutrón, e electrón. Destes, só o electrón é realmente elemental. Os outros dous están compostos de partículas máis pequenas (quarks) unidos pola interacción forte. Os fermións elementais existen en catro variedades básicas, e cada unha delas clasifícase en tres xeracións con diversas masas:

Tipo de
fermión
Nome Símbolo Carga
electromagnética
Carga feble* Carga forte
(cor)
Masa
Leptón Electrón e- -1 -1/2 0 0,511 MeV/c²
Muón m- -1 -1/2 0 105,6 MeV/c²
Tauón t- -1 -1/2 0 1,784 GeV/c²
Neutrino electrón ne 0 +1/2 0 < 50 eV/c²
Neutrino muónico nm 0 +1/2 0 < 0,5 MeV/c²
Neutrino tauón nt 0 +1/2 0 < 70 MeV/c²
Quark
up (Arriba) u +2/3 +1/2 R/G/B ~5 MeV/c²
charm (encanto) c +2/3 +1/2 R/G/B ~1.5 GeV/c²
top (cume) t +2/3 +1/2 R/G/B >30 GeV/c²
down (abaixo) d -1/3 -1/2 R/G/B ~10 MeV/c²
strange (estraño) s -1/3 -1/2 R/G/B ~100 MeV/c²
bottom (fondo) b -1/3 -1/2 R/G/B ~4,7 GeV/c²
* - As partículas da táboa só teñen carga feble se son levoxiras ou, para as antipartículas, se son dextroxiras.

As partículas agrúpanse en xeracións. Existen tres xeracións. A primeira está composta polo electrón, o seu neutrino e os quarks up e down. A materia ordinaria está composta por partículas desta primeira xeración. As partículas doutras xeracións desintégranse en partículas das xeracións inferiores.

Os leptóns existen ceibes. Con todo, os quarks só existen en grupos sen cor debido a que os gluóns teñen unha carga de cor. Estes grupos están formados por dous (mesóns) ou tres (barións) quarks. O protón e o neutrón son algúns dos barións existentes. O pión é un dos mesóns máis importantes.

Liña temporal

A liña temporal da física de partículas lista a secuencia das teorías e descubrimentos en orde cronolóxica.

S. XIX

S. XX

S. XXI

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Partículas fundamentais en Física (lista, táboa)
Fermións Bosóns de Gauge
Quarks Leptóns Bosóns W e Z Fotón Gluón
Arriba Encantado Cume Electrón Muón Tau (tauón) Bosóns hipotéticos
Abaixo Estraño Fondo e-neutrino μ-neutrino τ-neutrino Gravitón    Bosón de Higgs
Outras clases, partículas compostas e outras
barión - gravitino - hadrón - kaón - mesón - neutrón - pión - positrón - protón
Termos relacionados
antimateria - partícula subatómica

Tags:

Física De Partículas Divisións e agrupaciónsFísica De Partículas Liña temporalFísica De Partículas NotasFísica De Partículas Véxase taménFísica De PartículasFísica

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

VisbyLazaNicho ecolóxicoCristina TapiasLipoproteína de baixa densidadeCarballeda de ValdeorrasAC-960ForróCornizóReconquista de VigoMetabolismoLexión EspañolaProxyXXX edición dos Premios GoyaARN transferenteGrafenoDinastía MingEmpalme do ARNÁlvaro SolerÁngel Pardo PuzoEnciclopedia Galega UniversalCinema pornográficoColocación do pronome átono en galegoMax VerstappenAeroporto de Beauvais-TilléVirus de ARNNova ZelandiaXabier DeiveAsnoTeoría de conxuntosDécada de 1170PragaPorto, PortugalXinzo de LimiaRianxoPlayoffs NBA 2021Florencia PeñaAgora RepúblicasDécada de 1180Ácido nervónicoBeta-oxidaciónTipoloxía de vasos da Grecia antigaChadSteven AdamsVilar de SantosLista de vehículos de Mercedes-BenzCisma de OccidenteGiotto di BondonePonte das PíasAtaque de denegación de servizoLingua estonianaOscar RobertsonTroitaMacedaChordataJohn F. KennedySalgueiroIndonesiaLevantamento Kerenskii-KrasnovOlaría da Grecia antiga1789Aparello dixestivoAir AustralPLista de nomes masculinos en galegoOcéanoFroita silvestreAntonio BanderasForo (contrato)Jan Baptista van HelmontIsabella BirdBalthasar GérardMonterreiEstados Unidos de BélxicaFermentaciónPlebeEspaña🡆 More