Na física de partículas, os quarks son fermións de spin 1/2 que forman xunto ós leptóns a materia visible.
Exemplo de estrutura formada con quarks: estrutura de quarks dun protón, con dous quark arriba e un quark abaixo, unidos por gluóns. | |
Composición | Partícula elemental |
---|---|
Familia | Fermión |
Xeración | Tres xeracións: 1ª, 2ª, 3ª |
Interacción | Gravidade, Débil, Nuclear forte e Electromagnética |
Antipartícula | Antiquark |
Teorizada | Murray Gell-Mann (1964) |
Descuberta | SLAC (c. 1968) |
Tipos | 6 (arriba, abaixo, estraño, encantado, fondo e cume) |
Carga eléctrica | +2⁄3 e, −1⁄3 e |
Carga de cor | si |
Spin | 1/2 |
Número bariónico | 1/3 |
Hai seis tipos ou "sabores" distintos de quarks que os físicos nomearon do seguinte xeito: "up" (arriba), "down" (abaixo), "charm" (encantado), "strange" (estraño), "top" (cume) e "bottom" (fondo), ademais dos correspondentes antiquarks.
É un tipo de partícula elemental, que compoñen outras partículas subatómicas, coma o protón e o neutrón, e que non existen de maneira illada.
Os quarks non se atopan ceibes na natureza senón formando hadróns, estes divídense en dous tipos:
Amais dunha carga eléctrica fraccionaria de -1/3 ou +2/3, os quarks teñen outra carga de cor, que non ten nada que ver coa cor real destas partículas, e que mantén unidos aos quarks a través da forza forte, ademais de se-la responsable da formación destes hadróns. Esta interacción está descrita pola cromodinámica cuántica (QCD). Hai tres tipos de carga de cor: vermella, azul e verde. Os antiquarks presentan ademais cargas opostas, antivermella, antiazul e antiverde. Os quarks permanecen unidos entre si grazas ao intercambio de partículas virtuais mediadoras da interacción fuerte: os gluóns.
Xunto aos leptóns, os quarks forman case toda a materia que temos ao noso redor, en concreto os dous primeiros quarks, xa que son os que forman os protóns e os neutróns que á súa vez forman os núcleos atómicos.
O termo quark, que en realidade non ten significado ningún, é obra de Murray Gell-Mann, traballando entón no Instituto Tecnolóxico de California, sacado dunha novela de James Joyce, Finegan's wake, máis concretamente do verso Three Quarks for Mr. Mark.
A seguinte táboa é un resumo dos seis quarks coñecidos:
Xeración | Isospin Débil | Sabor | Nome | Símbolo | Carga / e | Masa / MeV.c-2 |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | + 1/2 | Iz=+1/2 | Up | u | + 2/3 | 1.5 - 4.0 |
1 | − 1/2 | Iz=−1/2 | Down | d | − 1/3 | 4 - 8 |
2 | − 1/2 | S=−1 | Strange | s | − 1/3 | 80 - 130 |
2 | + 1/2 | C=1 | Charm | c | + 2/3 | 1150 - 1350 |
3 | − 1/2 | B′=−1 | Bottom | b | − 1/3 | 4100 - 4400 |
3 | + 1/2 | T=1 | Top | t | + 2/3 | 172500 ± 2300 |
Wiki Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quark |
Particle Data Group (en inglés) La Aventura de las Partículas Arquivado 11 de marzo de 2005 en Wayback Machine. (en castelán)
Partículas fundamentais en Física (lista, táboa) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Fermións | Bosóns de Gauge | ||||||||
Quarks | Leptóns | Bosóns W e Z | Fotón | Gluón | |||||
Arriba | Encantado | Cume | Electrón | Muón | Tau (tauón) | Bosóns hipotéticos | |||
Abaixo | Estraño | Fondo | e-neutrino | μ-neutrino | τ-neutrino | Gravitón Bosón de Higgs | |||
Outras clases, partículas compostas e outras | |||||||||
barión - gravitino - hadrón - kaón - mesón - neutrón - pión - positrón - protón | |||||||||
Termos relacionados | |||||||||
antimateria - partícula subatómica |
This article uses material from the Wikipedia Galego article Quark, which is released under the Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 license ("CC BY-SA 3.0"); additional terms may apply (view authors). Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 4.0, agás que se indique o contrario. Images, videos and audio are available under their respective licenses.
®Wikipedia is a registered trademark of the Wiki Foundation, Inc. Wiki Galego (DUHOCTRUNGQUOC.VN) is an independent company and has no affiliation with Wiki Foundation.