Cromodinámica Cuántica

A cromodinámica cuántica (QCD) é a teoría física que describe unha das forzas fundamentais, a interacción forte.

Debido á súa propiedade especial chamada liberdade asintótica, foi proposta a comezos dos anos 70 por David Politzer, Frank Wilczek e David Gross como teoría para entender a estrutura dos protóns, neutróns, e partículas semellantes (hadróns).

Características

Usaron teoría cuántica de campos para describir a interacción de quarks e gluóns. Polo seu traballo en cromodinámica cuántica, a Gross, Wilczek, e Politzer foilles concedido o Premio Nobel de Física do ano 2004.

Segundo esta teoría, o carácter da interacción forte está determinado por unha simetría especial entre as cargas de cor dos quarks. Coñécese a esta simetría como o grupo de gauge SU(3) e os quarks transfórmanse baixo este grupo como tripletes SU(3) de campos fermiónicos de Dirac . Aínda que as expansións perturbativas eran importantes para o desenvolvemento da QCD, esta tamén predí moitos efectos non perturbativos tales como confinamento, condensados fermiónicos e instantones.

A cromodinámica cuántica é unha parte importante do modelo estándar da física de partículas. O nome "cromodinámica" vén da palabra grega "chromos" (cor). Este nome é oportuno porque á carga dos quarks refírella generalmente como "cor" aínda que non está relacionada á percepción visual da cor.

Un enfoque particular á QCD, a saber os modelos de rede, permitiu ós investigadores obter algúns resultados e cantidades teóricas que eran previamente incalculables.

Véxase tamén

Outros artigos

Tags:

David GrossDavid PolitzerFrank WilczekFísicaInteracción forteNeutrónProtón

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

AmazonBoeing 767Pierre GaslyBudapestLinguas románicasMarcos PereiroPeixes serraThe Eyes of the DragonPlovdivOxalacetatoHonda na Fórmula 1ReggaeXosé Manuel PiñeiroAnxo (cristianismo)GuepardoArroazUniversidade de GranadaLista das aves de GaliciaParafiléticoSauber F1Antonio BanderasLappeenrantaAncaraMasturbación coas mamasADN polimeraseDía Internacional dos TraballadoresToni AcostaBelgradoVíctor DupláRamiro CarregalCélula intersticial de CajalKagoshimaCabassous unicinctusAeroporto de TesalónicaBadalonaTaurotragus oryxRick and MortyLinguas xermánicasCamarón de areaTerreo (xeoloxía)PristiophoridaeKylian MbappéCornizóIsabella BirdArtigo (gramática)Lynx rufusFerraraBuchnera aphidicolaLareiraAsemblea Xeral de IowaEucaliptoLogaritmoRepública Socialista Soviética de LituaniaBon JoviFukuokaNeornithesSalgueiroForo (contrato)Las Torres de CotillasColinesteraseAtún listadoEvoluciónFlynasLingua serbiaPulqueriaIndianapolis, IndianaStephen Blair HedgesGran CanariaFroufe, O IrixoLingua zazakiCelastrina argiolusSistema Internacional de UnidadesTeoría de conxuntosFrancisco, papa🡆 More