Futurismo

Arquitectura – Pintura Escultura – Deseño Literatura – Música Teatro – Cinema

Futurismo

Futurismo, primeiro dos movementos de vangarda artística, xurdido en Italia en 1909 por Filippo Tommaso Marinetti, que redactou o seu Manifeste du Futurisme, o primeiro doutros moitos, o 20 de febreiro de 1909, no diario Le Figaro de París.

Estética

Futurismo 
eiseño urbanístico futurista de Antonio Sant'Elia.
Futurismo 
Umberto Boccioni, Kaupunki kohoaa, 1910.

Inspirado pola Patafísica de Alfed Jarry e Remy de Gourmont e por procedementos literarios que como este movemento literario non asumían ningunha tradición formal nin cultural previa, Marinetti foi chegando a concibir esta nova estética. O futurismo foi chamado así pola súa intención de romper absolutamente coa arte do pasado (o chamado Pasadismo) ó considerar que os museos son equivalentes ós cemiterios, en especial en Italia, onde a tradición artística do pasado agromaba por tódalas partes e impregnábao todo. Había que facer, pois, táboa rasa do pasado e crear unha arte nova dende cero, acorde coa mentalidade moderna, os novos tempos e as novas realidades. Para iso toma como modelo as máquinas e as súas virtudes: a forza, a rapidez, a velocidade, a enerxía, o movemento, a deshumanización. Diametralmente en contra do Expresionismo, un ismo ou vangarda humanista un pouco posterior, dignifica a guerra como espazo onde a maquinización, a enerxía e a deshumanización alcanzaron cotas máximas. Proscribe o sentimental e o anecdótico e non asume absolutamente nada do pasado, nin sequera a métrica en literatura. Intenta substituír os nexos por notacións alxébricas e buscar un léxico radicalmente inzado de tecnoloxismos e barbarismos, inzado de infinitivos, exclamacións e interxeccións que denotan enerxía. Cultiva amais unha interesante forma de teatro, o chamado teatro sintético, en que as accións ocorren a velocidade de vertixe e o argumento desenvólvese e acaba en apenas dez minutos, e elúdese o elemento humano ocultando as figuras humanas, que só poden adiviñarse por metonimia (só se ven os pés dos actores).

A estética futurista pregoa tamén unha ética, de raíz fundamentalmente machista, misóxina e provocadora, amante do deporte e da guerra ("única hixiene do mundo", segundo Marinetti), da violencia e do perigo. Igualmente, o futurismo e o propio Marinetti foi politizándose cada vez máis ata coincidir coa tese do fascismo, en cuxo partido ingresou o italiano en 1919.

O futurismo foi un movemento fundamentalmente italiano e de carácter literario (o propio Marinetti), plástico (o pintor arxentino Emilio Pettoruti e os pintores italianos Gino Severini, Carlo Carrà, Giacomo Balla ou o escultor Umberto Boccioni), arquitectónico (Antonio Sant'Elia) e musical (o ruidismo do compositor Luigi Russolo, antecedente directo da chamada música concreta), pero tivo algúns seguidores en Rusia (o poeta Vladimir Maiakovski), en Bélxica (o escritor Émile Verhaeren) e en Portugal (Fernando Pessoa, quen divulgou o movemento a través da revista Orpheu, 1915); así a todo, tras atinxir o seu cumio a mediados dos anos vinte, a estética futurista foi disgregándose ata desaparecer na década dos corenta.

Transcendencia do futurismo

A importancia que tivo o futurismo, máis alá dos seus dubidosos méritos estéticos, foi a de facer partir a estética dende cero a comezos do século XX, de forma que posibilitou unha espectacular renovación dos principios e técnicas artísticas, que ten consecuencias incluso na actualidade. Foi o primeiro dos ismos ou vangardas artísticas e o seu valor como movemento rompedor posibilitou e facilitou o camiño ás demais correntes que refrescaron o panorama artístico da primeira metade do século XX.

O futurismo en España

O primeiro dos movementos de vangarda artística e o seu Manifesto de 1909 foron coñecidos en España ese mesmo ano grazas a Ramón Gómez de la Serna e a súa revista Prometeo, inda que moitos dos que comentaron en España este movemento mencionaron un precedente catalán, o Futurisme de Gabriel Alomar, que creou unha revista con ese título (Futurisme) en 1907.

Así a todo, nunca chegou a existir en España un futurismo articulado como tal, a diferenza do que ocorreu en Portugal. Sufriron a súa influencia pintores que marcharon a Italia, como o uruguaio Rafael Barradas, Enric C. Ricart ou Rafael Sala, e outros que non o fixeron, como Celso Lagar, Antonio de Guezala ou Joan Sandalinas. En poesía tomaron algúns elementos desta estética os cataláns Josep Maria Junoy, J. V. Foix, Joaquim Folguera, Sebastià Sánchez-Juan, Bonaventura Vallespinosa i Salvat e sobre todo Joan Salvat-Papasseit; así mesmo, o Ultraísmo asumiu case tódolos seus postulados estéticos, deixándose ver o influxo futurista en libros como Hélices de Guillermo de Torre. Xa nos anos 20, toman algúns elementos do futurismo Ramón de Basterra na súa lírica e Ernesto Giménez Caballero, un dos patrocinadores da visita a España (Barcelona, Madrid e Bilbao) de Marinetti, en 1928, se ben neses momentos os aspectos literarios tiñan menos que ver cós políticos, xa que a evolución ideolóxica do italiano cara ó fascismo era neses momentos similar á do creador de La Gaceta Literaria. En Ismos (1931) Ramón Gómez da Serna disertou sobre esta estética que procurara difundir en 1910.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Guillermo de Torre, Literaturas europeas de Vanguardia, Madrid, 1925 e Historia de las literaturas de Vanguardia, Madrid, 1965.
  • Juan Manuel Bonet, Diccionario de las Vanguardias en España (1907-1936). Madrid, 1995.

Ligazóns externas

Tags:

Futurismo EstéticaFuturismo Transcendencia do futurismoFuturismo O futurismo en EspañaFuturismo Véxase taménFuturismoHistoria da arquitecturaHistoria da esculturaHistoria da músicaHistoria da pinturaHistoria do cinema

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

The ArtistLabregos do tempo dos SputniksFederico TrilloJulio CambaAlbert EinsteinNatalia OreiroCatedral de la Seu d'UrgellAmieiroPosición do coito lateralGranma (iate)Lila (planta)Longa distancia RenfeCuntisLista de episodios de O detective ConanAmorodeiraOs demostrativos galegosManuel Mayer von FurtwänglerNormativa oficial do galegoCAPTCHAAnne HecheNúmero triangularSusana FortesQuerela das mulleresIrmandiñosSete SabiosLingua portuguesaAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoCirrioBlogLucas VázquezWiiZeca AfonsoRío Grande de XuviaGame Boy ColorElvira RiveiroBilbaoMadridMalores VillanuevaThe Times of IndiaSapo comúnÁlvaro CunqueiroMarcos MaceiraOtelo Saraiva de CarvalhoStanley KubrickGlobo aerostáticoFernando AlonsoCódigo QRNaomi KleinPoesíaTimothée ChalametA memoria da choivaPolieno (química)Jorge Sanz MirandaBarónPexegoRúa das Rodas (Santiago de Compostela)José López CamposSokramO Viso, RedondelaLlama M-82Xosé RepresasHelsingin JalkapalloklubiJulián ElviraEl NiñoJulio Ulloa VenceLingua kusaalPhil CollinsRamiro I de OviedoLoewePúrpuraXogo da chaveProvincia de OurenseMeg RyanToxo arnalMomia de ManchesterLista de estacións de tren de Galicia🡆 More