Manierismo: Movemento artístico entre o final do Alto Renacemento (cara 1520) ata os comezos do barroco

Arquitectura – Pintura Escultura – Deseño Literatura – Música Teatro – Cinema

Manierismo: Historia e características, Obras manieristas, Véxase tamén

O manierismo é un estilo artístico que predominou en Italia dende o final do Alto Renacemento (cara a 1520) ata os comezos do período Barroco, cara ó ano 1590.

Manierismo: Historia e características, Obras manieristas, Véxase tamén
Giorgio Vasari

Historia e características

O manierismo orixinouse en Florencia e Roma, pero finalmente se estendeu ata España, Europa central e do norte. Tratábase dunha reacción ao clacisismo que cuestionaba a validez do ideal de beleza defendido no Alto Renacemento, inda que na práctica a transformación dos presupostos clasicismos foi violenta, alteráronse as proporcións, descontextualizaron os elementos típicos do clasicismo: a serenidade fíxose tensión, a severidade tolerancia creativa dando lugar a unha expresión máis dramática na cal predominaban os elementos de sorpresa, as formas helicoidais, as figuras alongadas, o efectismo lumínico como manifestación da crise reinante e da arte elegante e refinada que requiría a aristocracia.

O maneirismo preocupábase por solucionar problemas artísticos intricados, como espidos retratados en posturas complicadas. As figuras nas obras manieristas teñen frecuentemente extremidades graciosas pero raramente alongadas, cabezas pequenas e aparencia estilizada, mentres as súas posturas parecen difíciles ou artificiais é dicir alla maniera.

A súa orixe etimolóxica provén da definición que certos escritores do século XVI, como Giorgio Vasari, asignaban a aqueles artistas que pintaban "á maneira de...", é dicir, seguindo a liña de Miguel Anxo, Leonardo ou Rafael, pero mantendo, en principio, unha clara personalidade artística. O significado pexorativo do termo utilizarase máis adiante, cando esa "maniera" foi entendida como unha fría técnica imitativa dos grandes mestres.

As cores non remiten á natureza, senón que son estrañas, frías, artificiais, violentamente enfrontadas entre si, en vez de apoiarse en gamas. O propio Miguel Anxo ou o académico Rafael experimentaron nas súas últimas obras o pracer da transgresión, desdebuxando as súas figuras ou deixando inacabadas as súas obras. Tiziano, Correggio ou Giorgione someten algunhas das súas pinturas a complicados simbolismos que inda non foron descifrados, como intuímos en A Tempestade, deste último.

Manierismo: Historia e características, Obras manieristas, Véxase tamén 
Giorgio Vasari.

A ourivaría foi un dos ámbitos máis beneficiados por esta complexa arte, que afectou tardiamente, pero de forma xenial, ó Greco.

Despois de ser substituído polo barroquismo, foi visto como algo decadente e dexenerativo. No século XX volveuse apreciar novamente pola súa elegancia e bravura especializada. Entre os artistas que practicaron este estilo están Parmigianino,Beccafumi, Benvenuto Cellini, Giulio Romano, Rosso Fiorentino, Bronzino, Tintoretto, Hans von Aachen, El Greco e Federico Zuccaro.

Obras manieristas

Véxase tamén

Bibliografía

  • Varios (1995). Do Tardogótico ó Manierismo. Galicia e Portugal. A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza - Fundação Calouste Gulbenkian. ISBN 84-87819-84-2. 

Outros artigos

Tags:

Manierismo Historia e característicasManierismo Obras manieristasManierismo Véxase taménManierismoHistoria da arquitecturaHistoria da esculturaHistoria da músicaHistoria da pinturaHistoria do cinema

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Rede neural artificialCarrizo (paxaro)Antón Tovar29 de abrilPedro NimoBillardaPaco LodeiroFolgoso, Castro CaldelasMaría Xosé QueizánGuerschon YabuseleQuenllaEsgonzo comúnEleccións municipais en CamariñasMiguel MosqueiraLabios (xenitais)Estatuto de autonomía de Galicia de 1936Galería de imaxes de arañas de GaliciaMiñato comúnVacaVerínEva Iglesias MiguénsJesús Peleteiro SuárezCafés CandelasA CoruñaCastro de PrismosPena Verde, Rebordondo, CualedroFernando AlonsoManuel Cabezas1 de abrilLuís Álvarez PousaGran Premio de Acerbaixán de 2023SardiñaMitoloxía galegaChulaJulián Iglesias del RíoJosé Benito Pardo RodríguezDavid PerdomoSantiago de CompostelaBrañaPrefectura de GifuPRomaDaniel de la TorreNosce te ipsumAturuxo (folclore)María Victoria de la Fuente AlonsoAmieiroDía Internacional dos TraballadoresToubes, A Peroxa2023NoruegaCantigas de Santa MaríaTopónimos célticos en GaliciaChorimaLady GagaIulia DrúninaMarta DoviroPatricia VázquezO PinoBaiuca (banda)Noelia Rodríguez TraviesoPrado, Morgadáns, GondomarAcerbaixánHidrografía de GaliciaEvencio FerreroPonte dos SantosXinzo de LimiaCasa de AndradeSantisoLista de concellos de Ourense🡆 More