Francisco Varela Garrido: Político galego

Francisco Varela Garrido, coñecido como Pancho Varela, nado en Cerdedo o 2 de abril de 1898 e finado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937, foi un político galego.

Infotaula de personaFrancisco Varela Garrido
Francisco Varela Garrido: Traxectoria, Vida persoal, Notas
Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de abril de 1898 Editar o valor em Wikidata
Cerdedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 1937 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiGerardo Varela Figueroa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

Fillo de Gerardo Varela Figueroa, que foi alcalde do Concello de Cerdedo na Restauración, e Peregrina Garrido. Cursou estudos de Maxisterio, e dedicouse á profesión de comercial (comisionista) no negocio de seu pai. Foi secretario da primeira directiva do Cerdedo Fútbol Club (1926). Foi membro da Sociedade de Agricultores de Cerdedo e correspondente de El Pueblo Gallego e El País. Militou primeiro no PSOE e despois en Izquierda Republicana. Foi xuíz municipal de Cerdedo (1931-1933) e secretario interino do Concello. Con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido o 8 de outubro con Sabino Bugallo Valiñas, Carlos González Estévez e José Torres Paz. Tras pasaren dous meses en prisión, foron postos en liberdade o 14 de decembro. Foi candidato a compromisario para as eleccións do presidente da República en abril de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado delegado gobernativo en Cerdedo e esixiu á Garda Civil que se puxese do lado da legalidade. Co triunfo da sublevación fuxiu ao Monte do Seixo e despois ao Carballiño, para chegar a Monleras (Salamanca), onde se refuxiou coa complicidade do seu sobriño o contratista de obras e falanxista Ramón Cachafeiro Varela. Delatado polo boticario, foi detido en Monleras o 2 de setembro de 1936. Estivo preso na Escola Normal de Pontevedra e na illa de San Simón. Xulgado en Pontevedra por rebelión en consello de guerra o 16 de abril de 1937, foi condenado a morte e executado o 27 de xullo de 1937.

Vida persoal

Foi parella de Mercedes Cadavid Sánchez coa que tivo dous fillos, Francisco e Olga. Casou con Teresa Sanmartín Lois en 1930, coa que tivo tres fillas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Tags:

Francisco Varela Garrido TraxectoriaFrancisco Varela Garrido Vida persoalFrancisco Varela Garrido NotasFrancisco Varela Garrido Véxase taménFrancisco Varela Garrido189819372 de abril27 de xulloCerdedo, Cerdedo, Cerdedo-CotobadePontevedra

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

6RianxoPEleccións municipais en San Cibrao das ViñasBaltar, MelideCira, SilledaLista das aves de GaliciaFrancisco FrancoPedra de SconeMaría Victoria de la Fuente AlonsoXabier DeiveProvincia de OurenseCangasJuan CopaMarta Fernández-TapiasCadela de fradeMona SimpsonXosé Luís Franco GrandeMaría ReimóndezCarballo comúnManuel Curros EnríquezLugoFran TorresEspazo ComúnTeixoXabier DíazCarlos Sedes2022Máquina comecartosQue me queres, amor?AmieiroCuruxa comúnXoán (nome)8PediastrumPonte dos SantosPili PampínAntía OteroJanica KostelićManuel CorzoFerrolAWStatsCoia, VigoArquitectura gótica en GaliciaGalería de imaxes de arañas de GaliciaTreixadura (grupo musical)OrtigueiraUnión SoviéticaJoseba ApaolazaTribadismoMofa e BefaJuan Carlos Rodríguez CebriánLista de ríos de GaliciaLorbé, Dexo, OleirosLuís TorrasDos arquivos do trasnoAlejandra SilvaVertoSan Cibrao das ViñasBrañaPenínsula do BarbanzaDeputación de OurenseCágadoBracara AugustaPedro NimoAzoresDonicelaLimoGIsmael RamosLa Voz de GaliciaAlmorzo23BubelaRío MiñoSalgueiro🡆 More