Fosfato

Os fosfatos son as sales ou os ésteres do ácido fosfórico.

Teñen en común un átomo de fósforo rodeado por catro átomos de osíxeno en forma tetraédrica.

Fosfato
Rochas de fosfato xunto a unha moeda para comparar o seu tamaño.

Os fosfatos secundarios e terciarios son insolubles na auga, agás os de sodio, potasio e amonio.

Ortofosfatos

Os fosfatos máis comúns son os ortofosfatos. (Co prefixo "orto" adóitase denominar aos ácidos máis hidratados). Conteñen o anión PO43-. Os ortofosfatos encóntranse amplamente distribuídos na natureza, sobre todo en forma de apatita e forman parte esencial de dentes e osos.

Tamén son compostos indispensables na formulación dos abonos minerais. A súa ausencia limita o crecemento das plantas. Normalmente en xardinería empréganse abonos ricos en fosfato para inducir e fortalecer a floración.

Na industria alimentaria os ortofosfatos (en forma de fosfato de sodio) se utilizan na elaboración de queixo fundido.

Unha achega suficiente de fósforo en forma de fosfato é esencial para o bo funcionamento do corpo humano xa que interveñen nos procesos bioquímicos máis elementais. En experimentos con ratas e ratos non se teñen detectado efectos tóxicos con doses de ata varios gramos por kg de animal.

Os fosfatos forman unha parte importante das augas residuais. Poden ser eliminados con métodos fisicoquímicos precipitándoos con cloruro férrico (FeCl3) ou son retidos nas lamas que se separan e que máis tarde poden ser reconvertidos en compostaxe para abonos orgánicos

Os fosfatos na materia viva

Fosfato 
Estrutura do grupo fosfato
Fosfato 
Fosfato inorgánico
HPO42−; elementos: P (púrpura); O (vermello); H (branco)

Na materia viva o fósforo aparece sempre en forma de ión fosfato soluble (ortofosfato, PO43−); aínda que tamén se pode obter en reaccións inorgánicas, nas ecuacións bioquímicas abréviase Pifosfato inorgánico»).

Ademais do Pi, nas reaccións pode aparecer implicado o pirofosfato (P2O74−), abreviado como PPi. Da hidrólise do segundo obtense o primeiro. Esa hidrólise é moi exotérmica, e na formación da ponte entre átomos de fósforo é endotérmica, baseándose nesta a función dos transferidores biolóxicos de enerxía, principalmente o ATP.

O fosfato forma parte dos nucleótidos, os monómeros nos que se basea a composición do ADN e os ácidos nucleicos. Tamén hai fosfato na composición dalgúns lípidos formadores de membranas, como os fosfoglicéridos, onde a súa elevada constante de ionización contribúe á carga eléctrica da «cabeza hidrófila».

Nalgunhas disciplinas tamén se denomina como fonte de fósforo orgánico ao producido por seres vivos.

Os fosfatos orgánicos

Os fosfatos orgánicos son ésteres do ácido fosfórico, polo que se caracterizan por ser moléculas máis complexas que outros fosfatos. Sintetízanse por reacción de O=PCl3 cos alcois correspondentes en presenza dunha base. Moitos destes ésteres son neurotóxicos e gardan unha estreita relación cos gases nerviosos e algúns insecticidas. Porén algúns empréganse para amolecer plásticos como o cloruro de polivinilo PVC.

Os trifosfatos

Os trifosfatos 2-O3P-O-PO2--O-PO32- (sales do anhidruro formado por tres grupos de fosfato) empréganse nos deterxentes para abrandar a auga xa que enmascaran o calcio formando un complexo que evitan a súa precipitación. Co tempo hidrolizan para dar ortofosfatos que contribúen á eutrofización das augas superficiais. É por isto que se intenta substituír os trifosfatos por resinas orgánicas ou ceolitas que tamén atrapan o calcio e non tiñen efectos prexudiciais.

Influencias no medio

A incorporación nas formulacións de deterxentes de uso doméstico ten producido fenómenos de eutrofización nos ecosistemas acuáticos continentais e costeiros.

Véxase tamén

Tags:

Fosfato OrtofosfatosFosfato Os fosfatos na materia vivaFosfato Os fosfatos orgánicosFosfato Os trifosfatosFosfato Influencias no medioFosfato Véxase taménFosfato

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

GoogleVila Nova de CerveiraFillas de Cassandra2015Ramón María del Valle-InclánXosé Manuel BeirasHenrique VIII de InglaterraSobreiraRastroFrancisco Varela OuroTito ValdésScarlett JohanssonLista de voces dos animaisO incerto señor Don HamletContactGolfiño comúnLista de castelos de PortugalRéptilesCarlos de Matos GomesA EstradaLondresSystem of a DownFentoRefraneiro galego sobre o panCuarzoTMemorias dun neno labregoAna María Fernández MartínezDía das Letras GalegasLandraMovimento das Forças ArmadasJosé Luis Rodríguez ZapateroDorothé SchubarthOman AirFederico Jiménez LosantosGame Boy Advance SPMáquina comecartosCarmen LovelleMarcelo CaetanoRebel MoonISBNValenciaRosalía de CastroVento feridoRamiro CarregalLuís Pérez BarralFernando AlonsoGres, Vila de CrucesJosé Manuel Rodríguez PuenteMarta Fernández-TapiasEmilio Pérez TouriñoParroquias de GaliciaCarrasco (planta)ArceVacaMártires de CarralFoca monxeÁlvaro MorataCatedral de Santiago de CompostelaVila de CrucesBlogGeorgia O'KeeffeEva Iglesias MiguénsEl Pueblo GallegoBélxicaLista de filmes coas maiores recadaciónsJosé López CamposPontellaSistema operativoReino de GaliciaTwitterCamilo Díaz BaliñoJosé Luís Valladares FernándezFesta dos maios🡆 More