Fiorde

Un fiorde (do noruegués fjord) é un val formado pola erosión que a entrada dun glaciar fixo ao profundar na terra.

Normalmente son estreitos e están bordeados por empinadas montañas, que nacen por debaixo do nivel do mar. Os fiordes sitúanse principalmente na costa oeste da península escandinava, onde son un dos elementos xeolóxicos máis emblemáticos da paisaxe.

Fiorde
Vista aérea de fiordes na costa leste de Groenlandia.
Fiorde
Fiorde en Noruega.
Fiorde
Fiorde nas proximidades de Bergen, Noruega.

Formación

A súa orixe remonta a hai aproximadamente 12 mil anos, cando o mar ocupou os espazos que os glaciares escavaran na costa atlántica durante so a última Era Glacial. Esas enormes entradas de relevo poden chegar a centos de quilómetros, desde a costa ao interior. Están circundadas por cantís separados entre si por poucos quilómetros.

Atópanse en lugares onde a glaciación (presente ou pasada) chegou ao nivel (actual) do mar. Fórmanse cando un glaciar chega ao mar e se derrete. Isto deixa ao seu paso un val, que queda alagado polo mar ao retirarse o xeo. Adoitan ser longos, estreitos e de gran profundidade.

Os maiores fiordes do mundo son o Scoresby Sund, en Groenlandia con 350 quilómetros de longo, e o Sognefjorden, en Noruega, con 204 km.

Localización

Pódense encontrar fiordes ao longo das costas de:

Etimoloxía

O termo fiorde é un préstamo procedente do noruegués fjord, á súa vez evolución do protoescandinavo *ferþuz, cunha orixe indoeuropea común a outras palabras europeas como o inglés ford, o grego poros e o latín portus.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Tags:

Fiorde FormaciónFiorde LocalizaciónFiorde EtimoloxíaFiorde NotasFiorde Véxase taménFiordeCosta (xeografía)EscandinaviaGlaciarLingua norueguesaMontañaOestePaisaxeValXeoloxía

🔥 Trending searches on Wiki Galego:

Xela AriasAna María Fernández MartínezFilipe I de CastelaMontsiàNúmero eVigoEduardo Blanco AmorMariña Pérez ReiEsther EstévezFrancisco Vázquez VázquezPartido dos Socialistas de GaliciaChinche das camasNanina SantosAutismoAxoloteBulgariaFernando AbreuA LarachaNacionalidade históricaMerlíSistema de escritaLaura FalcóMúsica tradicional galegaEuromillónsEfecto FöhnParadigmas dos verbos irregulares galegosCelestino Fernández de la VegaElena CandiaCertame de Narración Curta Ánxel FoleAgustín Fernández Paz1961Primeira guerra mundial1Idade MediaPaulino VázquezTemperaturaContinenteMalores VillanuevaDoce homes sen piedadeOs pronomes persoais galegosEmilio Antón IboleónXestaQueixoPilar de LaraGalizaLingua polacaColin FirthO Carballiño1978Dólar da Liberdade sentadaFirefly LaneNormativa oficial do galegoO Quinto Pino, Pastoriza, ArteixoAbraham BobaCMadridXogo de apostaBlas García PiñeiroFachada do ObradoiroLola HerreraNadalLiechtensteinManchesterDaft PunkWikiXiros idiomáticos galegos86Fauna de GaliciaJosé Luis VergaraVacaLe MondePontevedraCemiterio de Santo Amaro da Coruña39🡆 More